“El año que trafiqué con mujeres” de Antonio Salas

   Autor: Salas, Antonio

   Título: El año que trafiqué con mujeres

   Lugar de edición: Barcelona

   Ano de edición: 2004

   Editorial: Temas de Hoy

Las putas mueren mejor que nadie, porque a nadie le importa su muerte”. Así resume A. (sempre que non sexa estrictamente necesario é preferible evitar as iniciais. Neste caso coñecemos o nome completo do autor; agás por mor de problemas de espazo, escribámolo -cando menos a primeira vez que apareza no texto- na forma completa. Cando o teñamos que repetir, xa poderemos optar por citar só o apelido, por exemplo) Salas o fenómeno da prostitución cada vez máis presente nas sociedades actuais. A Salas coñéceselle maiormente polos seus polémicos libros de infiltración, como é o caso de Diario de un skin, onde se fai pasar por un skin chamado Tiger88 para así resolver a dúbida que existe sobre que son os skins, ou El año que trafiqué con mujeres; destacable tamén é o seu recente libro El Palestino, onde aborda todo o entramado das organizacións terroristas internacionais (e) (sobra a conxunción, no seu lugar é mellor poñer unha coma, para non recargar a enumeración de conxuncións copulativas) as súas orixes e o que o leva a ser un dos xornalistas máis buscados por eses grupos. É por iso que este xornalista, que escribe baixo seudónimo, se pode englobar no novo “xornalismo gonzo”, xa que o xornalista, aparte de documentarse e investigar sobre un tema, convértese nun personaxe máis e a veces incluso no protagonista da historia.

No (seu)[xa sabemos que é seu; sobra o adxectivo] libro El año que trafiqué con mujeres Salas faise pasar por un traficante (de compra) [sobra, resulta redundante: quen trafica xa se supón que merca] de mulleres para o exercicio da prostitución e pretende explicar así as súas sensacións dende dentro do propio “negocio da prostitución” ao tempo que tenta esclarecer todo o entramado que está detrás, por iso practica unha contracultura [o concepto de contracultura non é o máis adecuado aquí], xa que non se queda coas versións oficiais senón que el mesmo pretende dar voz a outras fontes.

O primeiro que resalta o autor e o que a min me chamou moito a atención (despois de ler os restantes libros del) é que a maioría do negocio da prostitución se basea na trata de inmigrantes sudafricanas e sudamericanas. Isto chama moito a atención por unha única causa e é que no ano 2004, ano da publicación do libro, o director de ANELA (Asociación Nacional de Locales de Alterne) era José Luís Roberto Navarro, quen tamén era o presidente de España2000, o partido de ultradereitas que máis defenden os skins. Débese ter en conta que un dos ideais principais dos skins é a non tolerancia e o odio cara as persoas negras [só contra as negras?], polo que existe unha contradición, ao ser as mulleres negras das que máis se lucra o negocio da prostitución.

E por que son as mulleres africanas e as sudamericanas as principais prexudicadas neste sector?

Salas afonda nos métodos que empregan os proxenetas para traer a mulleres inmigrantes a traballar como prostitutas aos países occidentais. Un dos máis empregados para coas mulleres procedentes de África son as técnicas consistentes en ritos de bruxaría, como o “yu-yú”. Esta práctica consiste en facer unha especie de apócema con pelos do sexo da muller, sangue e outras partes do corpo , polo que se sela un pacto de obediencia das mulleres co traficante ou proxeneta, a cambio de protección para as familias destas mulleres. E para iso Salas grava coa súa cámara oculta diversas manifestacións desa bruxaría, en concreto nun local de Vigo onde se practican eses rituais, polo que claramente ten probas da investigación. Existen ademais unha especie de contratos polos que a prostituta está obrigada a xurarlle obediencia ao proxeneta. O caso é que esta débeda se converte en infinita, chegando incluso as prostitutas a non recibir ningún diñeiro. Neste ámbito teñen moita relevancia (,)[sobra] as “madames, que son mulleres que nun pasado exerceron a prostitución pero que despois se lucran dela aproveitándose doutras mulleres para construír grandes negocios. Todos estes aspectos gravados coa cámara foron usados na película que se fixo sobre este libro.

Deixando á marxe as inmigrantes, neste libro tamén se trata sobre a chamada “prostitución de luxo” e a prostitución de rapazas universitarias. No caso do primeiro, nomea a Malena Gracia como unha desas prostitutas de luxo no seu pasado pero, aínda que describe a situación doutras famosas que exercen esta “profesión”, non dá o nome para non atentar contra a súa personalidade ( o de Malena Gracia si o dá porque esta xa o corroborara publicamente en TV). No caso das universitarias, Salas descobre a outra cara oculta: existen estudantes que no seu tempo nocturno practican a prostitución como fonte de ingresos para financiar os seus estudos, caso de Yola, estudante estremeña que combinaba as clases co seu traballo como go-go, stripper e prostituta e da (quererás dicir “do”, pois refírese ao traballo) que a súa familia non sabía. Salas sempre vai ter un respecto estrito cara as persoas que aparecen na historia (dito así, sen máis comentarios que efectivamente demostren o que ti afirmas, queda moi pouco convincente e mesmo un tanto especulativo).

Outro fraude dentro deste negocio é a venda de mulleres falsas por Internet como un medio de atracción de clientes aos bordeis. Esta venda falsa funciona a través de catálogos ou listas de mulleres coas súas características e prezo, de xeito que neses catálogos ou “books” aparecen mulleres como reclamo de atención, para chamar aos clientes e así conseguir que este veña ao bordel en cuestión [redundante].

Existe un debate en torno a se as infiltracións de Salas responden ou non ás esencias do xornalismo como busca da verdade. Hai quen pensa que os seus libros e investigacións están contaminados polo “sensacionalismo” e pola captación dos sentimentos e emocións do lector. Eu, sinceramente [estas coletillas sobran; damosche un voto de confianza e cremos a priori na túa sinceridade, pero non fai falta que a anuncies, abonda con que o demostres no texto], creo que a/o labor que realiza é moi perigosa/o pero é de grande utilidade para saber como funcionan certas organizacións que na súa esencia son escuras, porque aínda que moitos xornalistas investiguen sobre elas sempre se van quedar na parte máis superficial e tópica do que en realidade son. Así, Salas, (de todos modos, eu eliminaría o adverbio “Así”; queda mellor sen el e non achega ningún contido) ao infiltrarse descubriu como en realidade funcionan e rematou coa existencia de tópicos, sobre todo no caso dos skins. Con todo, si que creo que, nalgunhas ocasións, Salas se inmiscue de tal maneira na historia que chega a sentirse como as persoas que investiga e a cuestionarse os seus ideais. Por exemplo, no caso de El año que trafiqué con mujeres transcribe os seus propios sentimentos de odio e ganas de acabar coa vida dalgúns dos traficantes: “poco a poco me fui sintiendo cada vez más implicado emocionalmente en aquella historia, hasta el extremo de considerar seriamente la posibilidad de casarme con Susy para conseguirle la nacionalidad española; o incluso llegué a fantasear con la idea de eliminar personalmente al boxeador nigeriano, en caso de no obtener pruebas de sus delitos para facilitar su detención.”

A pesar de que os seus libros fosen catalogados de falsos, as cintas das súas gravacións con cámara oculta foron utilizadas como probas demostrables en diversos xuízos: é o caso do macro-( )xuízo contra Hammerskin España, que condenou a todos os integrantes desta organización, polo que considero que, á marxe de desempeñar un(ha) importante labor de investigación no eido xornalístico, Salas tamén axudou á consecución de probas para condenar a certos grupos dos que xa se tiña constancia pero non probas en sentido estrito, polo que abrangue un(ha) labor máis alá do xornalismo.

Como opinión final(si, entendemos que é unha opinión final porque está precisamente no remate do teu texto; todo o que non achega algo que cómpre aclarar, é dicir, todo o redundante, é mellor podalo), considero que Salas é un referente no xornalismo, é ese que pretende acudir ás causas últimas das cousas, polo que creo que sería interesante lelo desde ese punto de vista. O autor ten unha web oficial no seguinte link: http://www.antoniosalas.org/ Aquí recolle aspectos reseñables sobre os seus libros de investigación.

Hortensia Gesteira Estévez

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a ““El año que trafiqué con mujeres” de Antonio Salas

  1. Como advertirás, Hortensia, hai moitas, demasiadas cousas que mellorar no teu texto: repeticións innecesarias constantes, erros de puntuación, redundancias, erros de concordancia… e, por suposto, falta un bo titular efectivamente xornalístico. Tal e como está, non sería publicable.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s