Cabeza de turco

Título: Cabeza de turco

Autor: Wallraff, Günter

Lugar de edición: Barcelona

Ano de edición: 1987

Editorial: Anagrama

Günter Wallraff é un xornalista de investigación descuberta e escritor alemán coñecido principalmente polas súas controvertidas reportaxes sobre temas considerados “problemáticos” entre a sociedade. Tal é o caso por exemplo da situación dos inmigrantes turcos en Alemaña, tratado neste libro. Tamén destaca o seu libro El periodista indeseable, onde recolle unha serie de reportaxes conflitivos. Así,é considerado como o xornalista máis conflitivo da moderna historia alemá: Autor fala da súa experiencia (artigo El País)

O libro nárrase como unha especie de crónica, unha ensamblaxe interesante xa que a crónica caracterízase por referencias constantes ao tempo e a novela dálle a iso unha maior creatividade e viveza para facer unha boa literatura. Así, este libro non deixa de ser xornalístico nos seus inicios pero está narrado con algunhas técnicas novelísticas e co emprego de grandes metáforas, algo propiamente do campo da literatura.

En Cabeza de turco o autor faise pasar por un inmigrante turco durante dous anos na Alemaña do ano 1983 ao 1985 para indagar sobre a situación dos estranxeiros no país, concretamente dos inmigrantes turcos. Mentres vai avanzando na investigación, Wallraff irá descubrindo a verdadeira poboación alemá e os seus sentimentos xenófobos cara outras razas ata o punto de tratalos case que como animais. Para ilustrar iso, o autor acude a varias metáforas ou frases de estilo literario como: “ yo era el bufón al que todo el mundo dice la verdad sin tapujos”, pero tamén emprega outras propias do rexistro vulgar, da “rúa” como pode ser a descrición que fai de McDonald’s: “ se presta una rigurosa atención a la limpieza de puertas afuera” ou “esta obra maestra de la sastrería impide también que puedas llevar pañuelo. Si la nariz te destila, el moco cae sobre la hamburguesa o crepita sobre la parrilla”, frases onde se alude a falta de hixiene e insalubridade interna da hamburguesería.

Como xa mencionei antes, destaca a perfecta ensamblaxe entre literatura e xornalismo. En concreto, un dos aspectos xornalísticos destacables é a presenza de entrevistas intercaladas ao longo da lectura: poderían ter o dobre sentido de entrevistas ou conversacións cos seus compañeiros de traballo inmigrantes para saber a súa opinión sobre a situación en Alemaña. Algo que tamén me chamou a atención son os curiosos títulos dos capítulos xa que están feitos para captar a atención do lector, en similitude cos titulares das noticias ou calquera texto informativo (Metemorfosis, Primeros pasos…) Ademais, para comprobar que todo o que di no libro é certo, o autor bota man de diversos artigos e estudos onde se constata a veracidade de aspectos da súa investigación ( os de McDonald’s e informes das empresas nas que traballou como a Compañía Thyssen). Todo isto acompáñase ademais dun importante elemento ilustrativo-informativo, como é o caso de fotografías onde o autor recolle os aspectos máis relevantes e impactantes da súa investigación e dos seus descubrimentos: a maioría destas fotografías teñen como función destacar aínda máis as características de insalubridade dalgunhas empresas e o xa mencionado odio cara os inmigrantes.

O que pretende deixar claro Wallraff é que os inmigrantes están moi mal vistos en Alemaña, onde son vítimas de explotación nos traballos e de ataques racistas por parte do resto de cidadáns. Unha frase que evidencia isto é a seguinte: “”los alemanes utilizan los retretes mientras yo (Alí) friego los meados con bayetas, esponjas y baldes, a veces hacen algún que otro comentario”.

O nome ficticio que adquire o autor para facer a infiltración é o de Alí, algo que recordará ao longo do libro, para deixar ben claro ao lector que esas son as vivencias de Alí e non de Wallraff. Este inmigrante turco traballará no McDonald’s, de braceiro nunha granxa, de obreiro na construción sen papeis nin contratos, de cobaia nunha industria farmacéutica, de limpador nas refinarías metalúrxicas, de chofer dun traficante de escravos e participará nun comando suicida para reparar unha avaría nunha central nuclear. Nestes múltiples traballos descubrirá algo común: o odio dos xefes cara os inmigrantes e a falta de papeis e contratos.

Algo a destacar deste autor é que os seus métodos radicais de investigación deron lugar ao verbo en alemán “wallraffen”, que é onde o reporteiro se transforma, crea unha identidade ficticia e incluso chega a sufrir secuelas por levar a cabo esa infiltración. No caso de Wallraff cómpre salientar a bronquite crónica da que enfermou despois de facer esta investigación.

O debate que xorde a raíz deste tipo de infiltración é se solucionou ou non o problema dos turcos e dos demais inmigrantes en Alemaña. Segundo unha entrevista concedida polo propio autor no 2008 o libro “conseguiu que se tocará un nervio da sociedade, naceu unha conciencia e favoreceu a tolerancia e o diálogo” pero o problema aínda está vixente na actualidade.

Como opinión persoal, creo que Wallraff só se introduciu de maneira ficticia no seu papel de inmigrante turco, xa que apenas tomou as medidas axeitadas para este tipo de infiltración: por exemplo, non conseguiu un pasaporte falso nin cambiou a matrícula do seu automóbil de xeito que puido ser descuberto en varias ocasións, o que lle ocasionou varios sustos. Creo sinceramente que para levar a bo porto este tipo de investigacións, o xornalista debe non só imitar un determinado papel senón tamén crelo porque senón o risco sería aínda máis alto do que xa o é de por si mesmo. Esta idea vese claramente no libro do tamén xornalista de infiltración actual, Antonio Salas, El Palestino, onde se infiltra nas organizacións terroristas internacionais.

A nivel xeral, creo que ler este tipo de libros de infiltracións no axuda dalgunha maneira a ver o outro lado das cousas, de indagar sobre os aspectos escuros das noticias convencionais que moitas veces están manipuladas por certos intereses institucionais. Á fin e ao cabo creo que estes traballos xornalísticos están facendo referencia ao verdadeiro traballo dun xornalista: o de “ser axitador de ideas e estar no polo oposto do partidario” como ben dixo Bothorel. Aínda que ás veces esa labor sexa moi perigosa.

Hortensia Gesteira Estévez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s