“O xornalista indesexable” de Günter Wallraff

  

  Título: O periodista indesexable

  Autor: Günter Wallraff

  Editorial: Anagrama

  Edición: 5ª, setembro do 2010

 

 Este libro está composto por unha serie de reportaxes que nos aportan achegan unha visión panorámica sobre a obra periodístico-literaria de Günter Wallraff entre 1966 e 1977.

As distintas reportaxes baséanse en diferentes investigacións levadas a cabo polo xornalista alemán(,) a través dun método moi persoal. Co obxectivo de denunciar certas situacións e destapar a corrupción existente na sociedade, Günter Wallraff entende que só hai unha forma de conseguir a información que nos é vedada. Trátase de infiltrarse no lugar de interese para conseguir acceder a ese explosivo. Para iso prepara o seu papel: falsifica a documentación, o currículum, etc. Despois de transgredir as regras de xogo vai ao lugar onde se desenvolven os feitos, onde recolle con minuciosidade a realidade. Posteriormente publica a información recollida e convértese na voz dos que calan, dos desfavorecidos que se atopan, inevitablemente, sumidos nun sistema que os afoga. Así, a través desta metodoloxía propia, consigue destapar o que permanecía oculto, co obxectivo non só de denunciar a realidade senón tamén de crear conciencia nos afectados. Esa conciencia que resulta ser imprescindible para que se produza unha reacción de transformación da situación real.

Na primeira reportaxe aparece reflectida a experiencia do autor en dúas empresas da Alemaña Federal. Neste caso, critica a explotación laboral e as malas condicións nas que teñen que convivir os obreiros, ademais da inseguridade laboral no caso de producirse accidentes. A pesar desta situación, o que realmente lle preocupa a Wallraff é a indiferencia que amosan os obreiros fronte ese estado precario. Neste contexto aparecen con forza o racismo e a discriminación dirixida cara aos grupos marxinais, neste caso, os obreiros. Tamén G.W(non é recomendable este sistema de cita; sempre que poidamos evitemos o emprego de iniciais, reservándoas para cando sexan imprescindibles) denuncia o traballo tan mecánico e monótono que fai que os traballadores perdan forzas e capacidade. En ámbolos dous traballos observa unha constante común: a resignación que vai acompañada polo lema da Alemaña capitalista: “A forza sempre está de parte do capital”. Máis adiante, profundiza no visible e acérrimo racismo existente na sociedade alemana. A xenofobia é a culpable de que os estranxeiros vivan en condicións infrahumanas, illados do resto da poboación e coa obriga de realizar os traballos máis pesados e desagradables, ademais de estar desprovistos de dereitos e sen ningunha garantía en caso de despido. Vencellado ás empresas alemanas, posteriormente Günter Wallraff descubrirá que en certas empresas lévanse a cabo maniobras ilegais: fórmanse corpos militares que se encargan da “autoprotección da empresa”, reprimindo aos obreiros rebeldes.

Noutra das súas investigacións, facéndose pasar por un nazi, ofrécese voluntario para axudar á policía, destapando así, as ansias da policía da Alemaña Federal por controlar aos estudantes de esquerdas. Na reportaxe posterior, denuncia a benevolencia da xustiza alemana á hora de xulgar os crimes nazis e critica a diferenza entre a realidade e a información recollida nos documentos oficiais, ademais de destapar a obstrucción que estaba exercendo o goberno en certas investigación relacionadas con este tema.

Outro gran descubrimento do xornalista reflectido neste libro é o proxecto de golpe de Estado en Portugal que maquinaba facer o xeneral Spinola, así como a comprobación da violación e a represión dos dereitos humanos na ditadura grega.

É evidente a relevancia dos temas tratados nas anteriores reportaxes; sen embargo, resulta moi envolvente a reportaxe sobre Bild, o periódico sensacionalista de maior circulación de Alemaña naquela época. Neste caso, Günter Wallraff consegue infiltrarse na redacción co nome de Hans Esser. Alí traballa catro meses durante os que é consciente da manipulación, deformación e falsificación da información, inseríndose así nas páxinas do xornal, unha realidade totalmente deformada.

Existe unha conexión entre todas estas historias: son feitos que conforman unha realidade oculta na escuridade do medo á verdade. A través destas reportaxes Günter Wallraff pretende difundir o que está a acontecer no mundo non visible, onde gobernan a corrupción e a opresión. Sen embargo, o transcendente da súa obra recae na reacción que produciu na sociedade, sobre todo nos desfavorecidos aos que lles aportou  achegou carraxe para que asumiran a defensa dos seus intereses. Un exemplo desta forza da palabra(,) foi a formación de organizacións sindicais nalgunhas fábricas polas que pasou o xornalista.

O traballo de Wallraff consiste non só en investigar senón tamén en describir o que observan os seus ollos [parece evidente que, como todo ser humano, observa cos ollos; evita estas expresión redundantes e o texto quedará máis limpo] con minuciosidade e exactitude. Nas distintas reportaxes percíbese un indiscutible rigor informativo, xa que o autor proporciona información sobre os feitos [falta un espazo aquí](nomes das persoas, lugares, fechas, etc) ademais de describir o método que emprega para a obtención deses datos. O seu estilo narrativo caracterízase pola explicación concisa que lle confire claridade ao relato, así como a sinxeleza coa que se articulan os diferentes fragmentos narrativos. En canto ao narrador, o autor emprega a primeira persoa co propósito de transmitir as vivencias dos seus personaxes.

Desde o punto de vista da concepción do xornalismo actual, os métodos de Wallraff poden parecer pouco ortodoxos. Ademais, nun ambiente democrático onde se supón que existe un libre acceso á información, estes procedementos serían tanto inadecuados como prescindibles. Para comprender as razóns polas que Wallraff iniciou este tipo de investigacións resulta fundamental contextualizar a súa obra. O traballo de Wallraff abarca os anos sesenta, setenta e oitenta do S.(evitar as iniciais sempre que non sexan imprescindibles; estamos escribindo un artigo de prensa, non tomando notas] XX. As nefastas circunstancias sociais, políticas e económicas da RFA, así como os impedimentos para a obtención da información, foron as causas que levaron a este xornalista a investigar pola súa conta. Este é o motivo polo que, neste contexto, o método de Wallraff non só é unha alternativa senón que é a única forma de obter unha información real.

Para realizar un xornalismo riguroso/rigoroso e profesional o fundamental é cinguirse aos feitos e ás circunstancias, non mentir nin inventar, atopar os desencadeantes das diferentes situacións e non recurrir/recorrer ao espectáculo. Neste aspecto Wallraff é exemplar pois, aínda que mente nos seus procedementos, non falsifica a realidade. Sen embargo, o que converte a este home no heroe dos oprimidos non son as súas ferramentas de traballo nin o feito de sacar á luz certa información, senón o valor que amosou e o seu indiscutible compromiso social.

Antía Geada Ares

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a ““O xornalista indesexable” de Günter Wallraff

  1. O texto é, en xeral, aceptable, engadindo -iso si- as debidas corrección e incorporando un verdadeiro titular xornalístico (+)
    x.a.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s