Un dos nosos

 

Título: El fin de una época. Sobre el oficio de contar las cosas

Autor: Iñaki Gabilondo

Lugar e ano de publicación: Barcelona, 2011

Editorial: Barril & Barral

Na miña casa a radio é unha constante. Unha constante informativa que escoitabamos antes de marchar da casa pola mañá. Non podíamos facelo sen escoitar a Iñaki. Era a marca para saber se chegabamos tarde, se aínda non falara Iñaki estabamos en hora, despois de escoitar a Iñaki sabiamos o que nos esperaba do día, podía ser o primeiro día de Zapatero na Moncloa ou o Prestige quebrandose diante dos nosos ollos, pero se algo importante pasaba, as 08.20 saberíamolo. /saberiámolo

A lectura de El fin de una época El fin de una época (cando se citan libros, os seus títulos deben figurar en cursiva) é unha cuestión persoal para todo aquel que queira ser xornalista. Iñaki Gabilondo, ou Iñaki para os habituais da Ser, das noticias de Cuatro ou do seu videoblog, é un dos grandes exemplos de bo facer xornalístico dos últimos trinta anos en España. Cando abrimos El fin de una época e lemos a primeira frase sabemos que estamos ante un manual da profesión, do bo facer, unha guía didáctica para futuros xornalistas.

A ti, del que todos se ríen cuando dices que quieres ser periodista”

El fin de una época, sobre el oficio de contar las cosas preséntase en forma de reflexión en primeira persoa sobre a profesión a través dos máis de 40 corenta  anos de experiencia de Gabilondo, mais ten o claro obxetivo de chegar a eses xornalistas do futuro, falándonos directamente.

Inmersos nunha sociedade que circula só na liña do beneficio, Iñaki Gabilondo avoga por un xornalista embaixador da curiosidade metropolitana que sexa capaz de crearse un parapeto propio a partir de principios éticos e bo facer. Ao meu entender, este punto e á parte non ten sentido aquí 

Cunha prosa sinxela e fiada, que invita a suliñar cada frase e tomar apuntes para ter en conta no futuro, convida aos que queren ser xornalistas a coñecer cales son os distintos idiomas da sensibilidade da vida, a ter os ollos, oídos e poros abertos á información. A información de todo tipo, non só a que se publica nos xornais ou que se emite pola radio, senón tamén ao coñecemento de cada recanto da sociedade. Só se entramos en cada unha das persoas que forman a sociedade, poderemos axudalos a entender o seu papel na vida, axudalos a vivir e a coñecer o que ocorre.

Como nunha clase de redacción informativa nun curso de 1º (aínda que sería aceptable, nun artigo ou comentario é preferible escribir “primeiro”) de xornalismo, Gabilondo reflexiona sobre a necesidade de cuestionarse o que temos que contar, buscar alternativas aos temas de axenda fixados polas institucións, a vida de porcoespín que se debe ter no trato coas fontes, a autocrítica co traballo propio e non esquecerse de que os xornalistas somos a

 segunda voz, “a vida faina a sociedade que a vive, non os que nos adicamos a observar cómo vive esa sociedade”. Pero, máis importante e como se dun docente nunha clase se tratase, lémbranos en cada páxina a necesidade do traballo en equipo. A firma Iñaki Gabilondo, o referente, non se creou grazas a unha persoa, senón a todo o equipo que traballaba con el.

Despois de 40 /corenta anos de profesión, Iñaki Gabilondo coñece os gagdets, as novas tecnoloxías e incluso confesa ás súas primeiras inseguridades fronte a un ordenador no estudio de radio de Hoy por hoy. Mais está convencido de que, a pesar da tecnoloxía e todos os cambios, a sociedade seguirá precisando de alguén que lles conte as cousas, que escolme, xerarquice, organice e presente a información, tras contrastar polo menos con tres fontes. Alguén que cumpra os principios teóricos que aprendemos na facultade e que parece que niguén respeta no mundo real, ou tal vez que só cumplen aqueles que confían e viven polo xornalismo de verdade. O xornalismo dos que seguen a pensar que compensa marchar 15 días a un lugar remoto de Congo para saber o que está pasando, aínda que ao volver non saibas se vas ser capaz de colocar a reportaxe nalgún medio.

Non me rindo, sigo sendo un dos nosos. Sigo pertencendo a aqueles que aínda compartimos unha mesma concepción do xornalismo, da política, da vida.”

Iñaki Gabilondo considera que os xornalistas non se xubilan nunca, senón que son as empresas ás que xubilan os xornalistas. E se algun día xubilan a Iñaki Gabilondo, aos demais, aos que vimos detrás, só nos queda esperar poder ser un dos nosos.

 

María Bragado Paz 

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a “Un dos nosos

  1. En liñas xerais, María, o teu artigo é correcto. Acertas cando elixes ese punto de partida intimista ou persoal e o mantés, de forma moi ben dosificada, ao longo do corpo. Ademais de corrixir os detalles sinalados, habería que titular adecuadamente. (++)
    x.a.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s