Como leer un periódico

TÍTULO: Como leer un periódico

AUTOR: Carmen Alcalde

LUGAR E ANO DE EDICIÓN: Barcelona, 1981
EDITORIAL: ATE

Como leer un periódico, de Carmen Alcalde consta de seis partes, un epílogo e unha bibliografía.

O obxectivo deste libro, segundo a propia autora, é a procura da vitoria dos medios escritos fronte ós televisivos respecto ó espectacular ascenso das últimas décadas, aproveitando con habilidade os novos sistemas de comunicación ós que pode ter acceso a prensa escrita.

O libro publícase ano 1981, no medio dunha gran desestabilización política xa que en xaneiro tivera lugar a dimisión de Adolfo Suárez como presidente do Goberno español e o 23 de febreiro o tenente coronel, Antonio Tejero, dera un fallido golpe de estado no Congreso dos Diputados. Dito acontecemento é esencial neste libro, pois Carmen Alcalde tómao sempre de referencia en calquera cuestión teórica que desenvolva.

Neste contexto de desequilibrio político, cabe falar tamén doutros aspectos menos influíntes no libro pero non por iso menos importantes. No 1981, nunha época de maior liberdade, comezouse a falar da trasmisión do VIH entre homosexuais e en Exipto foi elixido como presidente Hosni Mubarak, personaxe que está de actualidade tras ser derrocado do poder polas revoltas sociais no seu país.

 Na primeira parte do libro, fálase da censura á que foron sometidos os medios de comunicación durante a posguerra e tamén dá datos sobre o primeiro xornal publicado en España, A Gazzeta (a cal naceu como unha tradución dun xornal francés pero que no 1792 converteuse xa nun xornal diario).

Ademais fai tamén un recorrido polas axencias de información máis importantes como as tan coñecidas Associated Press ou Reuter, e outras non tan coñecidas como a Tass (de orixe soviético).

Ademais das axencias tamén proporciona datos sobre os xornais máis importantes e de maior difusión na posguerra como o ABC e La Vanguardia. Estes datos non resultan extraños pero si o son cando afirma que no terceiro lugar de xornais con máis exemplares vendidos estaba El Ideal Gallego.

 A segunda parte vén acompañada por unha serie de portadas de xornais de anos anteriores que corroboren o que Carmen Alcalde afirma. Ademais, creo que é a única parte na que o título do libro se corresponde co que dentro del se desenvolve, pois nesta parte si desglosa (aínda que polo miúdo) a forma correcta de ler un xornal (fixarse na colocación das noticias, na valoración que o xornal fai delas, etc).

Outro aspecto a destacar deste segundo capítulo é a explicación dos valores-noticia que no 1981 se tomaban en conta, os cales non distan moito dos actuais. Este feito, pon de manifesto a escasa evolución dos criterios xornalísticos en prensa, ó contrario dos contidos de televisión que, dende o 1981 ata a actualidade, sufriron un asombroso cambio.

 No terceiro capítulo, a autora desglosa de forma teórica o organigrama da redacción dun xornal e das súas seccións. Tamén menciona o tema da publicidade, xa crucial no 1981 para a subsistencia económica do xornal. A pesar disto, tamén fai unha correcta referencia ó trasfondo coercitivo da mesma con respecto á liberdade de información, pois moitos xornais suprimen temas que poidan resultar conflitivos para os anunciantes. Isto significa que os gatekeepers priman o valor económico proporcionado polos ingresos publicitarios e non o valor informativo.

 A cuarta parte deste libro, desenvolve de xeito teórico, outra vez, a tipoloxía de artigos e os xéneros xornalísticos como a crónica e a entrevista, entre outros.

 Este teórico cuarto capítulo vai en consonancia cunha tamén teórica quinta parte, na que se desglosa aspectos relacionados coas fontes de información e na que realiza unha descrición máis detallada das axencias de información españolas, destacando entre os datos curiosos que proporciona a pasada relación de pertenencia entre o Opus Dei e Europa Press, e o estreito vínculo

da axencia Fiel cos falanxistas.

 No sexto capítulo, Carmen Alcalde recalca a suma importancia da primeira páxina como responsable principal da captación de atención dos lectores. Nesta portada adoitan ser habituais a información con titulares sobre política e sociedade.

 Por último, Como leer un periódico inclúe un epílogo no que se vincula á televisión coa imperiosa velocidade de trasmisión da noticia, e coa tan recurrida “improvisación”.

 

Carmen Alcalde xa intuía no 1981 que os xornais terían máis contrincantes cá televisión aínda que ó que máis temía eran a eses medios que lle proporcionasen ós individuos a posibilidade de adquirir tan só a información desexada e non a “obrigada” que suministran os medios de información tradicionais.

 Ademais cree que unha vez superada a etapa da competencia audiovisual, o xornal verase forzado a unha nova reestruturación. O problema é que, no actual 2011, é dicir, vinte anos despois da publicación do libro a comentar, aínda segue sen superarse esa competencia e a verdade é que quen leva a vantaxe nesta carreira do xornalismo son os medios audiovisuais (basta con comprobar os moitos xornais que deixaron de publicar a súa versión impresa, mentres que a dixital segue actualizándose día a día).

 Como leer un periódico inclúe numerosos fragmentos de libros doutros autores e inclusive exercicios prácticos destinados a que o lector se exercite no campo que a autora está explicando. Aínda así, reitero a miña opinión de que o título do libro non se corresponde co que nel se desglosa, pois é demasiado teórico, xornalisticamente falando.

 A modo de conclusión cabe mencionar que a preocupación existente no campo da comunicación no 1981 non dista moito da preocupación actual, pois a ameaza da era electrónica faille á prensa escrita seguir pendendo dun fio.

Con todos estes pros e contras, Carmen Alcalde centra o seu principal argumento na defensa dos medios impresos fronte a outros medios masivos, en que a prensa permite profundizar no tema e deterse sen présa, mentres que a televisión e a radio están sempre comprometidos coa velocidade de emisión.

                                                                                                                                                                                                Yanire Díaz Villaverde

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s