El Nerón del Siglo XXI

Título: El Nerón del Siglo XXI

Autor: James Hatfield

Lugar e ano de edición: Madrid, 2004

Editorial: Apóstrofe

Esta obra do autor estadounidense James Hatfield considérase a biografía non autorizada do ex-presidente dos Estados Unidos George Bush “Junior”. No libro, Hatfield cóntanos de maneira correctamente contrastada como se desenvolveu a vida do ex-presidente Texano antes do seu paso polo despacho oval e durante o mesmo (antes do incidente do World Trade Center en 2001). Este  libro pasou por moitísimas dificultades para ser publicado xa ao goberno non lle interesaba que a vida pasada de George Bush fose feita pública debido aos feitos que se produciran nela.

-A obra ten unha estrutura moi clara:

Os prólogos son de José Saramago (Nobel de Literatura en 1998), Thierry Meysan e Bruno Cardeñosa, tres recoñecidos xornalistas que colaboran no libro con coñecemento de causa aportando, ademáis da súa valiosa opinión, datos perfectamente contrastados non só sobre a vida do ex-presidente Texano, senón sobre os feitos ocorridos a posteriori (da escritura do libro) (coma os incidentes do World Trade Center o 11 de Setembro de 2001).

Despois, a obra en sí subdivídese en varios capítulos que se poden agrupar en dúas partes:

Nos primeiros capítulos, Hatfield céntrase en como o pai de George W. vai medrando na industria petrolífera de Midland ata converterse nun home poderoso cun nivel de vida bastante alto, o que facilita á súa familia un alto nivel de vida  e a el mesmo, introducirse no mundo da política no seo do Partido Republicano. Tamén se narran os inicios estudantiis de George, o seu paso pola Universidade de Yale (e pola fraternidade Delta Kappa Epsilon) e o seu acelerado e polémico ingreso na Guardia Nacional Aérea (feito que o libraría da Guerra de Vietnam). Nesta parte do libro,  aparece ben reflictido como Bush, grazas ao tráfico de influencias (maioritariamente por parte de seu pai) consegue todo o que se propón, aínda que el nunca recoñecese que se apoiaba no seu apelido para ascender socialmente na súa vida.

Nos seguintes capítulos Bush pasa a un primeiro plano: os seus inicios na industria que alimentara á súa familia, primeiro coa fundación da empresa propia Arbusto Company e máis adiante o seu ingreso como alto cargo na poderosa Harken Energy. Tamén nesta parte do libro fálase dos seus primeiros pasos no mundo da política, como asesor de seu pai na campaña presidencial de 1988 (feito que segús Hatfield cambiaría a sua personalidade a peor) nun principio, e de forma individual, como candidato a Gobernador de Texas e a Presidente dos Estados Unidos xa moito máis adiante.

Algo que chama a atención de este libro é que o epílogo está adicado case exclusivamente a citar todas as fontes das que se axudou James Hatfield en cada capítulo para escribirlo. A cita destas fontes ocupa aproximadamente 35 páxinas, o que aumenta en gran parte o seu valor xornalístico e nos amosa que se a obra tivo tantas dificultades para ser publicada non foi porque fose ilegal, nin sensacionalista, nin nada parecido, senón porque ao goberno (que en EEUU controla os medios) non lle interesaba que estes feitos fosen de dominio público.

Sergio Casal

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s