Por que non sabemos escribir?

Autor: Fernando Cuetos Vega

Título: Psicología de la escritura

Lugar e ano de edición: Madrid, 2009

Editorial: Wolters Kluwe

Por que non sabemos escribir?

Esta é a pregunta á que responde este libro dunha maneira sinxela para todo aquel que se queira achegar ao mundo da escritura. Nel, trátase á escritura dende que os nenos comezan a ter esta capacidade motora e intelectual conxuntamente coa lectura. Estas dúas actividades teñen un pacto, unha especie de simbiose porén, neste texto só se explica pormenorizado o tema da grafía.

Ao longo da historia, o ser humano tivo a necesidade de deixar expostos por escrito os seus pensamentos e deste xeito, paralelamente á evolución doutras ciencias, nace a grafoloxía. Dende tempos remotos, existen citas e referencias sobre esta rama recoñecida como unha pseudociencia que permite a interpretación do carácter das persoas, a través da súa forma de escritura. Deste xeito, a psicoloxía da escritura foi tratada por personaxes imprescindibles na historia en xeral, como é Aristóteles, filósofo que xa recoñecía unha certa relación entre a personalidade dun individuo coa súa escrita; pero, quen realmente definiu esta disciplina foi Juan Hipólito Michón (1806-1881), un estudoso francés que escribiu o primeiro tratado de grafoloxía. A importancia do mesmo, radica en que tras editar o seu primeiro libro, Los misterios de la escritura, en 1870, en 1870 funda en París a Sociedade de grafoloxía. A partires de entón, numerosos expertos entre eles a maioría psicólogos, encargáronse de levar a cabo un traballo no cal, descubren os procesos cognitivos que contribúen á hora de comezar o proceso da escritura e, asemade, o da redacción e da lectura.

Estes procesos cognitivos foron analizados e como resultado este libro mostra as distintas partes nas que se divide este proceso de coñecemento. O catedrático en psicoloxía Cuetos, conxuntamente con outros estudosos da grafía e da súa análise, dividen o proceso en catro etapas en torno as que xira este volume. A clasificación comeza mediante un proceso de planificación da mensaxe de grande importancia, dado que é neste paso onde se cometen os maiores erros á hora de aprender a escribir. A idea de escribir concíbese nun primeiro momento como un proceso de recompilación de toda a información da que somos coñecedores, o que leva a organizar a información nun período de tempo simplemente adicado a pensar e estructurar ideas, non a actividade motora que conleva o proceso. Con respecto a este punto, cabe sinalar un dos exemplos que mostra o texto: nas primeiras etapas da escritura os nenos o que fan é practicamente transcribir a fala sen ter en conta as convencións da escritura. Esto vese ben cando se lle pide a un lector experto e a un neno que escriban sobre un determinado tema, pois, mentres que o experto pasa longo tempo decidindo o que vai escribir, o neno pónse a escribir de inmediato (McCutchen 2006).

A continuación, o proceso é seguido pola construción das estructuras sintácticas que dependen da área de Broca exposta na imaxe que se mostra a continuación. Posteriormente, está a recuperación do léxico, proceso no cal se distinguen dúas vías: léxica e subléxica. Finalmente, teñen lugar os procesos motores cuxa función se extende pola parte superior dos lóbulos parietais e frontais.

Para finalizar debo recordar, ao igual que o fai o autor do libro no seu prólogo, que este libro vai dirixido a psicólogos, pais e docentes. Atreveríame a sinalar que tamén é un bo manual para un xornalista pois, o importante nesta profesión é saber ser bo escritor, aínda que só sexa de realidades, non de fición. Este libro está concibido como un manual que expón de maneira moi sinxela algunhas armas de escritura importantes así como explicacións teóricas das diferentes carencias á hora de escribir tanto en nenos como en adultos.

Ademais este libro é unha síntese entre o que se debe facer dende que o neno comeza a realizar estes procesos, pasando por unha guía docente á cal todo mestre de infantil debería recorrer e percatarse de que nestes momentos os métodos que empregan nos primeiros anos de escolaridade dos menores non son os máis axeitados. Cuetos atribúe a falta dunha boa escritura, tanto no nivel gráfico como no redaccional, ao mal ensino dos docentes, por exemplo no exercicio dos ditados; neste, os nenos non son capaces de escribir de xeito correcto palabras debido a que descoñecen as súas grafías.

Por último, recordar a Vygotsky quen mantén que á escritura se lle debe dar desde un principio o papel de vehículo de información máis que o de destreza motora. Por todo isto, só se o neno é capaz de entender isto se lle pode iniciar no proceso de aprendizaxe da escritura.

Nota: Atención á imaxe que mostra as áreas que interveñen na escritura e en xeral no proceso de aprendizaxe. Importantes a área de Wernicke e de Broca.

Lara Lozano Aguiar

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s