Unha lección de xornalismo

      Título: Julio Camba: Unha lección de xornalismo
Autor: Fermín Galindo Arranz
Editorial: Grafinova
Lugar de edición: Santiago de Compostela
Ano de edición: 2003

Neste libro Galindo Arranz leva a cabo un exhaustivo análise do xornalista, escritor e poeta Julio Camba. Faino a modo de biografía persoal na primeira parte, titualada “Sobre Julio Camba”, e profundiza despois nas súas ideas como xornalista  en “Julio Camba e o xornalismo”.
Deste xeito, o autor represéntanos o xornalista galego como un revolucionario anarquista que emigra a Arxentina e que volve deportado tres anos despois. Home impaciente, supersticioso e desinteresado. Trátase dun personaxe que sempre viviu moi próximo o mundo artístico e literario, con amigos como Rubén Darío, Antonio Machado ou Valle-Inclán, que participou durante anos en diferentes xornais e que sempre estivo moi marcado polo Modernismo en España. Descríbeo no libro como un burgués que odia a burguesía, xa que a pesar dos seus ideais anarquistas e revolucionarios era un amante da boa vida, da cociña, do póker e do descanso. Viviu a maior parte da súa vida no hotel Palace e o propio persoal do establecemento converteuse na súa familia. Viviu tamén a Guerra Civil e este feito afectoulle profundamente nas súas obras, xa que ó remate desta xamais volvería a ser o mesmo.
Defíneo Benito Leiro como “El homre que no quería ser nada” e César González Ruano como “El secreto de la prosa ligera y centellante”. Opinións de amigos e coñecidos que só conteñen eloxios e admiración para a súa persoa e para o seu traballo.
Tratábase dunha persoa que quería pasar inadvertida pola vida, e sentía o infortunio de ter que gañala á forza de exhibir o seu nome como autor de artigos e libros. Aborrecía a profesionalidade, xa que dende o seu punto de vista isto anulaba o talento e implicaba limitacións e encasillamentos inútiles. Así pois, contemplaba a palabra como unha expresión artística e intelectual, capaz de transmitir felicidade e de levar ao lector cara o imprevisto usando no seu estilo unha lixeireza, inxeniosidade e sinxatis sublimes.
Respecto os seus ideais e o  seu estilo no mundo xornalístico contempla o autor diferentes temas, exemplificados sempre por artigos e fragmentos das obras do xornalista:

  • Sobre a censura e a liberdade

Julio Camba aborrece a censura e avoga sempre pola liberdade de expresión. Plasma estas ideas en múltiples obras como “Sobre el calamar” ,“El tren de Villagarcía” ou “El destierro”, no que plasma o que viviu no barco que o conducía de volta a España cando un dos deportados grita “Podedes botarnos a nós, pero nunca poderedes botar as nosas ideas…”. Chama especial atención o seu artigo “Sobre la libertad da expresión”, no que arremete duramente contra Jacinto Benavente: “¡Dichoso usted! En cuanto a su libertad para decidir lo que quiere, mientras lo que usted quiera decir sea que tiene usted esa libertad, ¿a santo de qué va usted a decírnoslo? No se moleste usted, serñor Benavente. No vale la pena…”.

  • A ironía na mirada

Se por algo se caracteriza a obra de Julio Camba é pola mirada simpática que ten cara tódalas cousas, racionalizándoas ó máximo, para despois reducilas ó absurdo. Alegría e humorismo son dúas palabras básicas no seu xornalismo, centrado moitas veces nas ironías da vida que chaman a atención do escritor. Como escribe Galindo Arranz: “O talante que demostra cando lle toca escribir un artigo ten moito que ver con estas situacións paradoxais nas que o póker, o pracer de viaxar ou a boa vida e as súas obrigas xornalísticas son tan necesarias como incompatibles”.

  • O fume das letras

“Yo cambiaría de buen grado el arte de hacer crónicas por el de tirar bolitas, que me parece mucha más humorista. Entonces, cuando quisiera poner en ridículo a un contemporáneo, en vez de escribirle un artículo, le arrojaría una bolita de miga de pan. Pero yo no soy un hombre de acción”. Irónicas palabras como estas son proba de que Julio Camba asume a súa condición de articulista como unha especie de condena a cadea perpetua, como di Luis Calvo: “Era un gran escritor que no lo sabía, y a quien la profesión le amargaba la vida”. “Para él la vida consiste en gozar de ella y el mayor enemigo del goce puro y desinteresado es el trabajo”, di Federico de Onís.

  • Manifesto da independencia

Non existen mellores palabras para definir o que pensaba Julio Camba sobre a responsabilidade e a independencia dos xornalistas que as que lle dedica Manuel Aznar, antigo director de ABC: “A Julio Camba nunca lo dirigó nadie. No recuerdo haber conocido un espíritu más independiente y más libre”.  Deste xeito, o xornalista apela sempre á responsabilidade do creador, á orixinalidade dos artigos e a unha autonomía completa a hora de escribir.

  • O diñeiro das palabras

Certas reflexións de Camba conclúen que o problema do xornalismo é que se ha de consumir no día, trátase de unha mercadoría perecedoira. Así pois, como se di no libro, o espírito bohemio da profesión xornalística e literaria xorde na obra de Camba como incompatible coa solvencia económica. “Por mi parte, si algún día llego a ser un escritor ilustre […] renuncio a todo mausoleo, cambiándolo, desde ahora, por una modesta azote sin goteras ”, escribe no seu artigo “Sobre los mausoleos”.

  • Xornais e países

Camba mostra ante o sensacionalismo e o xornalismo amarelo unha curiosa modalidade de loita. Así pois, no seu artigo “Sobre el sabotaje periodístico” identifica as empresas xornalísticas como empresas as que non lles importa nada máis que o beneficio económico, expoñendo tamén queixas polo trato que reciben os xornalistas traballadores destas.

  • Só, suave e aromático

Igual que para o bo café estas son as palabras perfectas para definir o xornalismo de Camba. Unha mirada diferente, unha expresión artística do seu tempo, unha particular visión da vida, un xornalismo especial e diferente de todos aqueles estereotipos limitadores. “¿Qué será eso de la objetividad?”, dicía el.

  • Humor e poesía

Poesía inexpresada e humor explícito é o que había en Julio Camba. O xornalista asocia nos seus artigos a imaxe do poeta á de soñador: “Hago sueños para escribir artículos. Yo sueño para un periódico de Madrid”.

Coral Álvarez Patiño

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s