Berenice

Título: Berenice e outros relatos

Autor: Edgar Allan Poe
Editorial: IR INDO CLÁSICOS
Lugar de edición: Vigo
Ano de edición: 2002

Edgar Allan Poe nace o 19 de outubro de 1809 en Boston. É vítima de dúas importantes perdas na súa vida: a de seus pais, cando aínda era un neno e a da súa muller, que morre de tuberculose sendo adolescente. Falece aos 40 anos de idade en Baltimore, debido a causas descoñecidas.

De temática escura y terrorífica, a obra de Poe reflicte, de xeito indirecto, a súa atormentada vida, as súas frecuentes crises psicolóxicas e as súas fortes adiccións.

Inadaptado na moral da sociedade burguesa do século XIX, cultivou a lírica, o ensaio e o relato curto, categoría na que atopamos o libro Berenice e outros relatos.

En dita obra, Poe mostra un especial interese pola muller. Berenice, Morella ou a doncela do retrato oval son as protagonistas de tres das historias que o autor inclúe nel.

As mulleres seguen un mesmo patrón: novas, fermosas e desgraciadas; vítimas de horribles sucesos e un final inminente: a morte. Pode que elas reflitan unha imaxe desa nai que Poe perdeu durante a súa infancia ou desa muller que morreu tan nova.

Poe xoga coa mente dos seus seguidores dun xeito maxistral. Noutros títulos, como O misterio de Marie Roget ou Os crimes da rúe Morgue, preséntanos unha trama en forma de quebracabezas con un misterio aparentemente imposible de resolver. Trátase dun preludio da novela policial actual, que xoga co raciocinio do lector e a intriga.

Outro dos piares da súa obra é o terror psicolóxico, que Poe consegue mediante a narración en primeira persoa, a modo de confesión, como ocorre en O bocoi de amontillado, no que o protagonista fai partícipe ao lector dun crime premeditado e das razóns que posuía para levalo a cabo: o sentimento de humillación, a vinganza. Neste relato, diríxese ao seu público en plural.

O seu estilo é rebuscado, superior ao nivel intelectual común, cheo de latinismos, citas eruditas, palabras noutras linguas ou termos científicos. O simbolismo e as metáforas xogan un papel fundamental na súa obra.

Cabe destacar a innegable influencia que exerceu a obra de Platón sobre el: menciona frecuentemente os contrastes entre o ben e o mal, non hai mais que observar o comezo do relato Berenice, no que compara a beleza e a harmonía co desagradable e a traxedia.

A pesar do seu singular estilo, Poe conserva certas características da novela romántica neste libro: ambientes melancólicos, escenarios escuros…

A continuación, o resume dalgúns dos seus relatos máis coñecidos:

BERENICE

Egaeus tiña a súa propia enfermidade. Vivía nun inalterable estado de abstracción. Concentrábase en obxectos triviais de tal xeito que perdía a noción de tempo e de lugar.

Egaeus medrou feble e melancólico, enclaustrado entre os volumes da biblioteca do seu fogar. Pero a su prima, Berenice, estaba chea de vida. Pero unha enfermidade fatal acabou co seu corpo e coa súa mente. Sufría frecuentes ataques de epilepsia e catalepsia e, pouco a pouco, desapareceron as súas ganas de vivir. Afectado polo triste estado da súa prima, Egaeus pediulle matrimonio e, pouco tempo despois, casaron.

Unha tarde, Egaeus estaba sentado na biblioteca, concentrado nalgunha idea. Berenice sorprendeuno no seu estado de meditación. Sorriu; no seu rostro pálido e de olleiras violetas resaltaban os seus perfectos dentes. Logo, foise.

Aquela imaxe quedou gravada para sempre na mente de Egaeus. Sentía unha atracción sobrehumana polos dentes de Berenice; chegou a ansialos con todas as súas forzas.

Pouco tempo despois, Berenice faleceu tras un forte ataque cataléptico. A nova afectou a Egaeus, que non paraba de pensar nun vago recordo dun berro de muller que o perseguía.

Mentres permanecía sentado na biblioteca, un criado interrompeu os seus pensamentos. Faloulle dun alarido de muller no medio da noite, dunha tumba violada, dun corpo desfigurado, sen dentes, que aínda respiraba. E sinalou, logo, a vestimenta de Egaeus, manchada de sangue e barro e viu, apoiada contra a parede, unha pala. Ao seu lado, sobre unha mesiña, había unha caixa. A súa man tremeu e fixo que a caixa caera ao chan e que, do seu interior, rodaran certos instrumentos de cirurxía dental e trinta e dúas pequenas pezas de marfil, perfectas, brancas, relucentes e alongadas.

O RETRATO OVAL

Un cabaleiro malferido e o seu criado decidiron penetrar á forza nun castelo, temporalmente deshabitado, para guarecerse alí das inclemencias da noite.

Instaláronse nun pequeno cuarto situado no alto dunha torre, illado do resto do castelo. A estancia estaba ricamente decorada con tapices e pinturas e sobre a cama, había un volume no que se analizaban aquelas obras.

O cabaleiro decidiu colocar un candelabro ao carón do seu leito para poder ler e entreterse coas pinturas.

Xa pasada a medianoite, quixo tornar de posición o candelabro para que a luz incidira directamente sobre as páxinas do libro. Pero ese movemento provocou que fixara a vista nun lenzo imperceptible ata aquel entón ao estar cuberto por unha sombra.

Era un retrato oval do busto dunha fermosa muller. Apresurouse a atopar o comentario da obra no libro e leu que a desgraciada doncela se namorou dun pintor. Pero que o amor do artista non era ela, ni outra muller, senón a arte. Vivía por e para pintar. Un día pediu á súa dona que lle permitise facer un retrato dela. Ela, a pesar de detestar a idea, accedeu. Día tras día, posaba na húmida e insalubre torre do castelo e pouco a pouco, a súa saúde empeoraba. Aínda así e ao observar o entusiasmo do seu marido, seguiu posando. A similitude entre o retrato e a modelo era perturbador. Por fin chegara o día no que a obra estaría rematada: só faltaba un pouco de cor nas meixelas e un toque de brillo nos ollos. No preciso instante no que o artista deu a súa derradeira pincelada, a doncela caeu inconsciente no chan, morta. O retrato absorbéralle a vida.

O BOCOI DE AMONTILLADO

Aldraxado e ofendido polas burlas e insultos de Fortunato, Montresor decidiu vingarse. Planeou executar a premeditada vinganza durante os Carnavais, datas idóneas para cometer un crime sen ser descuberto.

Foi durante ditas festas cando Montresor se encontrou a Fortunato disfrazado de bufón. Faloulle amigablemente sobre un bocoi de amontillado que lle ofreceran e das súas dúbidas sobre a calidade do viño. Fortunato, experto catador e borracho empedernido, insistiu en acompañalo ás bodegas para probalo e así, dar a súa opinión.

Unha vez alí, Montresor conduciu a Fortunato ás profundidades das catacumbas. A humidade e o salitre afectaban aos pulmóns da vítima, que non paraba de toses. Chegaron por fin, ao nicho máis escuro e interior das bodegas.

Aproveitándose do estado ebrio do seu compañeiro, Montresor encadeouno e construíu un muro de cemento que tapiaba a saída do nicho, deixando emparedado a Fortunato. Os seus berros de desesperación provocaban un inmenso pracer no asasino, que abandonou as catacumbas e gardou o segredo que estas albergaban durante cincuenta anos.

OS CRIMES DA RÚE MORGUE

Madame L´espanaye e a súa filla, Camilla, apareceron brutalmente mutiladas no seu domicilio da rúa Morgue. Ante a ineptitude da policía á hora de resolver o caso e tras a captura inxusta do presunto asasino, o detective Dupin e o seu compañeiro deciden levar pola súa conta a investigación. Tras innumerables testemuños que aportaron datos e pistas á resolución do suceso, o investigador Dupin chegou a unha conclusión: o atroz crime non puido ser feito por ningún ser humano, senón por un orangután. Pero había algo que non encaixaba: todas as testemuñas coincidían en escoitar a un francés pronunciar a palabra: ´diable´.

Para confirmar a súa teoría, Dupin publicou na prensa que dito animal fora atopado e que para recuperalo, deberíase acudir a unha determinada dirección.

Así foi como un mariñeiro francés acudiu para recuperar ao orangután e confesou que o mono se escapara cunha navalla, que entrara na vivenda das damas por unha fiestra aberta e que ao tentar cortarlle o cabelo á nai, imitando a un barbeiro, a decapitou. Do mesmo modo, matou á filla introducíndoa na cheminea. O francés, intentando paralizar ao animal, berraba a palabra ´diable´ e, ao ver a situación, decidiu escapar do escenario dos feitos.

Así, Dupin consegue esclarecer o caso, deixar en liberdade ao inocente e encerrar ao orangután nun centro especializado.

Andrea Bouza

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “Berenice

  1. Prezada Andrea:
    O teu texto é correcto, está adecuadamente redactado e non presenta erros salientables. Pero lembra unha cousa importante: habitualmente cando comentamos nos xornais lecturas literarias -como é o caso- debemos coidarnos de non desvelar demasiados contidos argumentais. Facelo implica adiantar detalles que o lector seguramente quererá descubrir en por sí, será un fraco favor que lle faremos ao autor do libro e seguramente a editorial tampouco quedará moi contenta co noso adianto. Cando introduzamos contidos argumentais deberemos facelo como suxestións que axuden a incrementar o desexo da lectura, se é iso o que realmente desexamos transmitir. Por outra banda, evita os comezos marcadamente biográficos: confírenlle á recensión un carácter excesivamente formal e certa fasquía enciclopédica. Por suposto, isto non quere dicir que teñamos que evitar este tipo de contidos. Pero o seu tratamento deberá ser, na medida do posible, xornalístico. (+)
    x.a.

  2. E agora vou co erro máis grave: ese titular!!!! Seica non sabemos titular?? Non saberemos dicir máis ca o título do libro?
    Os nosos traballos sempre -sempre- comezan polo titular. E se este non funciona, nunha alta porcentaxe dos casos a súa lectura remata precisamente aí. Teno ben presente. (-)
    x.a.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s