Xoves xornalistas

TÍTULO: Xoves Xornalistas. Crónica aberta

AUTOR: Eric Casais e Xosé López

LUGAR E ANO DE EDICIÓN: Santiago de Compostela, 1999

EDITORIAL: Edición Lea

Xoves Xornalistas. Crónica Aberta é un libro estruturado en dúas partes, aínda que visualmente non o pareza.

Na primeira explícanse conceptos teóricos e contextualízase a vida dos autores, individualizándoos como escritores máis alá da súa adscrición a un determinado medio de comunicación; e na segunda parte inclúense unha reportaxe, de tema e expresión libre, de cada autor mencionado. Con esta inclusión téntase poñer de manifesto a calidade do xove xornalismo galego, que ten como foco de referencia a Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Nesta primeira parte infórmase de como estes xornalistas están adaptados á era multimedia na que nos atopamos, responsable da revolución da información, sendo capaces de desenvolverse en diveros formatos e contidos.

Fálase tamén da situación da prensa escrita e da súa evolución, dándolle hoxe en día unha gran relevancia ó aspecto visual dos xornáis e facendo titulares que fagan máis áxil a súa lectura. Todo isto debido a que os xornáis actuais se dirixen a espectadores e non só a lectores. Os coordinadores deste libro, Eric Casais e Xosé López, consideran que a reportaxe é un dos xéneros máis importantes pois a súa elástica estrutura permítelle incluir información pura, descricións narrativas e estilísticas e opinión; e razón pola cal o seu libro vai enfocado no tratamento e exemplificacións de dito xénero.

Neste contexto, introducen conceptos (ata o momento, para min descoñecidos) como o xornalista todoterreo, é dicir, un xornalista preparado para tratar unha noticia como unha opinión, unha entrevista ou unha crónica; ou o concepto de xornalismo nominal no que os nomes dos escritores, e non a súa obra, chaman ós lectores.

A continuación, e xa adentrándome na segunda parte deste libro, farei un pequeno resumo das reportaxes que máis me chamaron a atención, expoñendo tamén algunha das razóns de porque o fixeron.

Un suicida na Ponte de Brooklyn; Alfonso Riveiro.

Narra o intento de suicidio dun mulato na Ponte de Brooklyn, na cidade de Nova York, chegando a comparalo acontecemento cunha película de Hollywood. Finalmente, o suicida é inmobilizado por un axente e a normalidade volve a reinar na cidade neoiorquina.

Esta reportaxe, a pesar da súa brevidade, consegue causar intriga no lector. Unha intriga que é resolta con rapidez pois, afortunadamente, Riveiro non emprega con exceso o fenómeno de misterio que tantos outros autores explotan para alongar o relato.

O sopro dun pobo; Oscar Losada.

Fala do papel identificativo da gaita en Escocia, Irlanda e Galicia; e incluso menciona outro país que non se adoita asociar a dito instrumento: Bulgaria. Cabe mencionar que aínda así, o bodhran (percusión irlandesa) e a arpa son, por excelencia, os instrumentos identificativos do pobo irlandés, por diante da gaita. E como falar dun instrumento é falar dun músico, Losada fai alusión a Patrick Molard (un estranxeiro que conseguiu ser recoñecido como un gran intérprete da gaita escocesa) e ó, para nós máis próximo, Xosé Manuel Budiño.

Esta reportaxe foi unha das que máis me gustou pois sentinme identificada polo amor á gaita que desprende o autor, á galega (porque é un instrumento que toco dende os 10 anos) e incluso á escocesa e irlandesa (pois vivín en ámbolos dous países e tiven a sorte de escoitalas).

María Callas; 20 anos na memoria; César Wonenburger.

Relata a vida da soprano greco-estadounidense e a súa traxectoria tanto profesional como sentimental, ata chegar a ser recoñecida no mundo da música. Tamén inclúe información sobre súa vida amorosa e as súas influencias masculinas, cos que con algúns chegou a casar, a pesar de que o seu gran amor foi Aristóteles Onnasis, quen a traizoou. María Callas, acabou morrendo en París dun ataque cardíaco con tan só 53 anos.

Esta reportaxe causoume tanta intriga que tiven que indagar se María Callas fora unha personaxe real ou tan só unha creación ficticia de Wonenburger. A sorpresa leveina cando vin que María Callas existira e incluso escoitei algunha das súas cancións.

Burela e Ribeira. Vilas feitas a golpe de mar; Xosé A. Neira Cruz

Esta reportaxe narra a historia de dúas vilas, Burela e Ribeira, dende un punto de vista máis próximo ó pobo. En ámbalas dúas descricións se mencionan conversacións e incluso se inclúen citas directas con e de habitantes de devanditas vilas, o que produce no lector unha sensación de proximidade co relatado e veracidade, pois a información semella proceder dunha fonte directa e non dun libro de Historia. Ademais, a reportaxe ofrece unha gran cantidade de datos, o que pon de manifesto o previo traballo de documentación elaborado con esixencia por Neira Cruz.

Debido á miña cercanía con Santiago de Compostela, inclúo aquí unha das reportaxes na que a trama ten que ver con esta cidade.

Santiago non está enterrado aquí; Xosé Hermida

Fálase das distintas versións de onde está enterrado Santiago, e sobre quen é o que (no caso de non ser el) ocupa o sepulcro na Catedral de Santiago de Compostela.

Algúns heterodoxos manteñen que quen ocupa o sepulcro é o corpo de Prisciliano, bispo místico e herexe do século IV.

Por outra banda, outros afirman que o lugar onde se dictou e executou (é dicir, Xerusalén) a sentencia de morte a Santiago ordeada por Herodes, fai supoñer que o seu corpo tamén debeu ser inhumado en Terra Santa.

En fin, crer ou non crer: cuestión de fe.

Este libro trata tópicos como a Guerra Civil Española, a emigración e a prostitución, pero todos relacionados con Galicia: a Guerra Civil en Escairón, a emigración galega en América e a prostitución no Pombal, un barrio de Santiago de Compostela.

E deixo para o final, a reportaxe que máis me gustou.

Herdeiras de Rosalía; Rosa Aneiros.

Cabe confesar de antemán que Rosa Aneiros é a miña escritora galega contemporánea preferida. E non se trata de xornalismo nominal.

O comezo desta reportaxe xa é triunfal, ó adicarlle un espazo a unha das estrofas do poema “Silencio” de Rosalía de Castro incluído en Follas Novas.

Aquí, Rosa Aneiros fala das novas poetas galegas que están revolucionando a lírica do momento a pesar da súa mocidade. Así, menciona a mulleres como Lupe Gómez, sobre a que inclúe citas directas que causan gran expectación. Unha delas é: “Escribo para non suicidarme”.

Tamén fai referencia a autoras como Yolanda Castaño ou Olga Novo, entre outras.

Rosa Aneiros considera que son mulleres que cren en novas posibilidades e novas formas sen prexuízos de achegar a poesía á xente. Fano e conségueno.

A modo de conclusión, cabe resaltar que estamos nun momento de transición cara a un xornalismo dixital que proporcionará o que a tecnoloxía e a imaxinación permitan.

Yanire Díez

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a “Xoves xornalistas

  1. Prezada Yanire:
    Para comezar, a primeira na fronte: ese titular que non fai máis ca reproducir o título do libro pode e debe mellorarse. É dicir: directamente non se pode titular así porque se supón que nós, os xornalistas, somos expertos na difícil arte do titular.
    En canto ao texto, hai bastantes aspectos que cómpre mellorar nel. O comezo carece de forza. É un arrinque moi pouco atractivo e ademais ofrece un dato realmente secundario: pouco importan as partes en que se estruture un libro se é bo.
    Polo demais, cumpriría fiar o texto con máis forza e gañas. Parece que a cada pouco está por rematar e, malia todo, segue e segue nunha especie de decaemento até o final. Hai que botarlle máis garra á escrita. Hai que escribir con rigor, coñecemento e, por suposto, intensidade.
    Finalmente, detectei fórmulas introductorias reiterativas, repeticións innecesarias e certa pobreza léxica. (-)
    x.a.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s