El lenguaje periodístico del fútbol

Título: El lenguaje periodístico del fútbol

Autor: Jesús Castañón Rodríguez

Editorial: Valladolid : Secretariado de Publicaciones

Lugar de edición: Universidad de Valladolid (Valladolid)

Ano de edición: 1993

Un achegamento ao estudo do estilo xornalístico no mundo do fútbol, a modo de normalización lingüística para os medios de comunicación que informan sobre o deporte rei. Disto trata este libro escrito polo profesor Jesús Castañón Rodríguez, que ademais de exercer na Universidade de Valladolid (lugar de edición do libro), é consultor da axencia EFE. Tamén foi consultor da Real Academia Española para a elaboración da vixésima segunda edición do Dicionario, publicada en 2001. Ademais, sempre estivo moi ligado á tarefa de preservar o idioma castelán nos deportes, con numerosos traballos de investigación e glosarios de termos aceptados, na busca dun estilo único e propio para o xornalismo deportivo en castelán.

El lenguaje periodístico del fútbol é un dos seus incontables traballos nesta índole, no que nos fala dende os inicios do tratamento xornalístico do fútbol, até a súa indubidable importancia e enorme presenza nos medios de comunicación na actualidade.

A preocupación lingüística dos diferentes medios con respecto ao fútbol iníciase en 1973, cando o diario “Ya”, co fin de superar o narcisismo localista e manter a pureza do idioma, propoñía lograr unha unificación de códigos expresivos mediante a realización dun vocabulario que, elaborado por un grupo de críticos deportivos de grandes órganos pertencentes aos distintos medios de comunicación de masas, fose aceptado con rigor polo resto dos xornalistas. Así nolo relata o autor, que indubidablemente  se centra neste mesmo obxectivo, en concreto neste libro en referencia ao mundo do fútbol, e cos seus respectivos estudos e demais obra, ao deporte en xeral.

Un dos aspectos máis destacados na lingüística do xornalismo futbolístico, e tamén nun dos que máis se centra Castañón neste libro, é a presenza de neoloxismos, novas formas aceptadas polo uso social que afectan á forma e ao sentido da linguaxe (Martínez Albertos). Responden ás necesidades de designar todos os aspectos da disciplina deportiva, xunto ao afán de novidade e á imitación do que se considera prestixioso. Por esta razón, tense importado enorme cantidade de anglicismos, xa que á fin e ao cabo son os inventores desta práctica deportiva e os primeiros en darlle un tratamento relevante na comunicación. Non obstante, cómpre destacar tamén que o estilo do que máis bebe o relativamente novel xornalismo deportivo en castelán é do francés. Neste libro, o autor narra como os medios deportivos máis importantes como MARCA, AS, Don Balón, Récord, SPORT ou El Mundo Deportivo copian nos seus comezo o tratamento formal convencional do xornalismo francés, que rematou por asentarse en España, xunto coas múltiples influencias que sofre o xornalismo deportivo español na súa configuración.

O autor tamén aporta unha clasificación ideolóxica de unidades léxicas no xornalismo futbolístico en castelán, e remata cun denso glosario de termos futbolísticos aceptados pola Real Academia Española, que representa un 1,3% do léxico do idioma.

Roi Ferro Falcón.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s