Poesía completa

 

      Título: Poesía completa

     Autor: Ryzard Kapuscinski

     Editorial: Bartleby Editores, S.L.

     Lugar de edición: Madrid

     Ano de edición: 2008

 

Este libro preséntanos a cara menos coñecida do famoso xornalista Kapuscinski. Acostumados a velo na súa faceta de reporteiro, escritor de novelas ou fotógrafo, sorprende contemplalo nestas páxinas, nas que plasma os seus escritos máis persoais. O libro contén a maior obra poética recollida do autor e está composto polos seus libros Bloc de notas, publicado no ano 1986, Leyes naturales, publicado no 2006 e Taccuino D´appunti, no 2004, así como unha serie de poemas inéditos.

Ryzard Kapuscinski comezou a súa actividade literaria escribindo poemas pero posteriormente decantouse polo xornalismo. Anos despois, na década dos oitenta, o escritor volveu retomar o estilo poético, xa que, como el mesmo afirmaba: “Uno escribe poesía porque hay cosas que no se pueden decir de otra manera.La poesía es el único camino”.

Na súa obra poética, o escritor entra noutro mundo lingüístico, en outra forma de ver a realidade. Algo moi diferente ó  que podemos apreciar nos seus demais libros ou nas súas reportaxes. Afonda nas situacións e nos acontecementos e explora o interior de unha realidade que intenta plasmar nos seus versos como humanística. Así pois, os seus poemas están impregnados de un humanismo palpitante, froito das súas andanzas polo mundo e do contacto que sempre mantivo con un planeta cheo de conflitos e precariedade.

Trátanse de poemas breves nos que se ve reflectida a súa faceta xornalística, xa que, aínda que posúen un estilo lírico moi estético, prima a inmediatez e a concreción típicas das noticias. A pesar disto, esta faceta xornalística queda esquecida á hora de plasmar nos versos os seus pensamentos máis persoais. Nin vivencias, nin reportaxes, nin novelas… tan só versos que mostran pensamentos fugaces, como se de notas mentais se tratasen. Son reflexións a cerca da humanidade, un reflexo do lado máis humano de Kapuscinski no que contempla o lado máis individualista do ser humano pero tamén o seu papel no conxunto da sociedade.

A temática é moi variada, pero en todo momento se fai referencia ó dramatismo do mundo que nos rodea. Unha mirada intimista e persoal que contempla o existencialismo dende un punto de vista verdadeiramente reflexivo. Natureza, linguaxe, ser humano, lugares xeográficos, personaxes célebres, pensamentos existencialistas, a morte, a crueldade do mundo, a situación precaria de moitos países e persoas… temas moi variados, pero todos tratados cun estilo e cunha lírica pragadas de dramatismo e matices reflexivos e persoais.

Dios mira calla

permite que pensemos en su nombre

que hablemos en su nombre

es una gran pasividad sólo

una forma posible de nuestra imaginación

Lo podemos colocar en una nube

dibujarle barba

las sienes cubrírselas de canas

fruncirle el ceño

ensombrecer su mirada

Pero puede ser un hombre fuerte

de esos eternamente jóvenes

incansable activo lleno de ideas

preparado para experimentar hasta el final

para imponer distintas variantes de la existencia

para jugar las partidas más difíciles

para inventar los más sangrientos juegos

e implicarnos a nosotros en todo eso

Hasta que atormentados agotados del viaje

a lo largo de la piel arrugada de una tierra estéril

con una voz errante por los rotos

pasillos de la garganta

gritemos

¡Ten piedad de nosotros!

 

Resulta imposible escoller un poema que represente o Kapuscinski poeta desta obra, pero quizais este, titulado Dios mira calla, se aproxime bastante. Fai referencia a esas “partidas difíciles”, a eses “xogos sanguentos” , a esa tormentosa viaxe… Fai referencia, en definitiva,  ó sufrimento da humanidade que el viviu de tan de cerca durante toda a súa carreira como reporteiro. Pero faino de un xeito lírico, de unha forma case romántica. Pide piedade, fala con Deus… deixa a un lado as guerras, as armas e o sufrimento para pasar a usar unha linguaxe fermosa, unhas palabras que  expresan unha vez máis os seus máis profundos pensamentos e sentimentos.

 

Trátase sen máis de un home que, como el mesmo se definía, era reporteiro de profesión pero poeta de vocación.

 

 

Coral Álvarez Patiño

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s