A guerra no papel

Título: Periodismo y periodistas en la Guerra Civil

Autores: Juan  Marichal, María Cruz Seoane, Gabriel Jackson, José Mario Armero, José Altabella, Mirta Núñez Díaz-Baltar, María Dolores Saiz, Elfidio Alonso Rodríguez, Modesto Sánchez de las Casas, Eusebiio Cimorra e Eduardo de Guzmán.

Ano de edición: 1987

Editorial: Fundación Banco Exterior

Este libro (comezo demasiado obvio) ensínanos a ver o xornalismo dende unha perspectiva moi interesante. Con el podemos aprender moitos aspectos (é aceptable o emprego da negriña, pero sempre dentro dos límites establecidos polo libro de estilo de cada medio) do fluír da nosa profesión nos que xamais repararíamos durante os anos máis duros para España. Atopamos nel informacións tan diversas como anécdotas de M. /Modesto Sánchez de las Casas [sempre que non haxa problemas de espazo, é preferible presentar os nomes completos] (un dos xornalistas máis mozos dos que se encargaron de cubrir a contenda), a biografía de autores coma Corpus Barga ou Javier Bueno ou a curiosa situación na que se atopaba o diario ABC.

O xornalismo español viviu unha época de esplendor durante a II República, eran moitos os xornais desta época que contaban con colaboracións das figuras máis destacadas do momento. Mais ao comezar a Guerra Civil cambia decisivamente a situación xornalística.

O xornalismo non só se realiza en xornais. É precisamente nesta época cando aparecen unha gran cantidade de revistas. Coma a maior parte dos eidos da vida, as revistas deste período tamén estaban divididas entre as que apoiaban ao bando republicano e ao nacional. Entre as primeiras podemos destacar El Mono Azul, onde colaboran de autores coma Alberti ou Rafael Dieste, pero o feito máis notorio é que estaba aberta á participación dos combatentes e dos traballadores, polo que o estilo impreso nesta publicación era claro e directo. Todo o contrario acontecía en Arriba España, onde participaban autores coma Torrente Ballester; nela o vocabulario era moi rebuscado e estético dando lugar a un barroquismo lírico.

O mundo enteiro fíxose eco da Guerra Civil e para iso o papel dos corresponsais foi fundamental. Aqueles que viñeron de países coma Inglaterra ou Francia“estaban en total liberdade para escribir como lles parecera oportuno” mais non os alemáns e italianos, suxeitos á censura fascista, ou os rusos á soviética. A maior parte da prensa internacional decantouse dende un primeiro momento polo bando republicano. Moitos xornais estranxeiros con corresponsais en Sevilla publicaran informacións adversas ao bando franquista e estas estaban asinadas con nomes que non correspondían aos dos xornalistas autorizados en Sevilla, logo dunha investigación a oficina de prensa franquista concedeu a aqueles xornalistas, considerados “con títulos suficientes para posuílas”, unhas tarxetas de identidade. Ademais unha serie de fortes imposicións dificultou o labor xornalístico destes corresponsais, mais as protestas destes non serviron para nada. Neste ámbito temos que ter tamén moi en conta que a Lei de Prensa de 1938 establece que un xornalista capturado en terreo nacional pode ser considerado espía á vez que di que “non podía perdurar un sistema que seguise tolerando a existencia dese cuarto poder”.

A nosa tamén se deu no máis profundo da guerra, nas trincheiras, onde tamén había un pequeno oco para a cultura. Dous mil milicianos ensinaron a ler e escribir a outros 30.000 compañeiros, por isto cando os xornalistas chegaban ás trincheiras para elaborar algunha reportaxe pedíanlles, ademais de xornais, libros.

Durante a Guerra a situación do diario ABC era, canto menos, peculiar. Este xornal contaba con dúas edicións: a de Madrid que se quedou no bando republicano e a de Sevilla no sublevado. Baixo a mesma cabeceira narrábanse dúas versións dos acontecementos totalmente antagónicas á vez que se difundían ideoloxías opostas.

A represión foi levada á cabo con dureza cara os informadores, o xornalismo contou cunha gran proporción de vítimas na contenda en relación a outras profesións. Era moi estraño que o redactor de calquera xornal republicano fose condenado a prisión, predominaban as penas de morte. Ademais os que tiñan a “sorte” de ser encarceados, unha vez rematada a súa condena, non podían volver a exercer a súa profesión.

Esta obra é, en certo modo, un pequeno impulso para ás novas xeracións de xornalistas para seguir loitando pola verdade. Ao ver todo o que os nosos antecesores fixeron pola profesión, o que se arriscaron por conseguir unha nova, nós (o pronome pode evitarse) non somos quen de faltar á memoria do seu traballo. Debemos de seguir loitando porque o mundo coñeza a verdade mais, afortunadamente, a nosa loita non é tan intensa e sanguenta como foi a súa.

Pedrouso Areán, Ángela

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “A guerra no papel

  1. Coas debidas correccións -sinaladas sobre o texto-, é un bo traballo. Mágoa de titular… Lémbrao para a próxima. (++)
    x.a.

  2. Rectifico: o titular non ten problema, estaba mirando mal a titulación. A proposta feita é correcta.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s