Unha xornalista galega na lúa

 Título: Sofía Casanova

 Autora: La revolución bolchevista

 Ano de edición: 1989

 Lugar de edición: Madrid

Sofía Casanova non é unha xornalista moi coñecida hoxe. Ten unha biografía de película, como a de moitos galegos que marcharon a principios do século XX.

Tras casar co polaco Vicente Lutoslawski, viviu en Lisboa e Londres ata que se trasladaron a Drozdowo, Polonia, onde comeza a plasmar o que pasa ao seu arredor. En “La Revolución Bolchevista”, Sofía Casanova relata dende o 30 de outubro de 1917 ata outubro de 1919 como viviu Rusia a revolución de outubro, a guerra civil e o establecemento do réxime de Lenin.

Sofía Casanova, como membro da burguesía e achegada á familia do zar de Rusia, oponse á revolución bolchevique dende un primeiro momento. Aínda así, nos textos recollidos en La Revolución Bolchevista, entre as súas palabras hai certa admiración cara o ideario de Lenin e a súa proposta de paz. Mais, a medida que pasan os días, a violencia aumenta e vai coñecendo o que lle está a pasar a moitos dos seus familiares e amigos, polo que a postura de Sofía radicalizase totalmente cara o antibolchevismo.

A inclusión do punto de vista do xornalista non é algo que se aconselle no momento de redactar unha noticia ou unha columna para o xornal e esta era unha práctica regular nos escritos de Sofía, nos que chega a insultar e descalificar os bolchevique en moitas ocasións. Neste caso, tendo en conta a implicación persoal da autora en todo o que está a vivir e o seu estatus social, durante a lectura de La revolución bolchevista podemos incluso chegar a comprender o punto de vista da autora, aínda que non o compartamos.

Sofía foi unha desas tantas galegas na lúa que marcharon a comezos do XX, unha xornalista galega na lúa. Sofía, que xa comezara a escribir poesía durante a súa estadía en Madrid de adolescentes recibiu o encargo do ABC de ser a súa corresponsal na fronte oriental da guerra. Encargo do que nacen os textos recollidos neste libro.

O seu gran coñecemento da historia de Rusia, a inclusión de múltiples puntos de vista, o seu instinto. A súa actitude e o seu traballo de contar todo o que alí pasaba transcende non só polo que conta, senón por como o conta. A importancia do contexto, de darlle a coñecer ao lector todo o que estaba a pasar no en Rusia, non só aquilo no que ela estaba presente. A busca de novas entrevistas, de persoas que poderían chegar a ser relevantes, como o caso no que o seu instinto levouna ata Trostki, que sería o xefe do Comité militar revolucionario e levaría aos bolcheviques á victoria na revolución de outubro. Nas informacións de Sofía existen puntos de vista que chegan dende diferentes lugares do país, a través de soplo e contactos en todos os ámbitos da sociedade, incluso entre os achegados do zar Nicolás II.

Os artigos de Sofía Casanova como primeira muller correspondente de guerra están moi lonxe do baile de cifras que vemos todos os días nos xornais cando se fala dalgún conflicto internacional. Non hai números, hai persoas, historias, e algunhas demasiado persoais como o caso de dous seus cuñados, os irmáns Lutoslawski, fusilados polo réxime de Lenin en Varsovia.

Un dos aspectos máis sorprendentes no traballo de Sofía Casanova como correspondente de guerra é a fórmula pola que envía os seus traballos a España, que aínda hoxe se descoñece. Sofía é consciente do compromiso que ten cos seus lectores e reflexiona nos propios artigos da necesidade de pararse, ordenar e sintetizar todas as ideas e acontecementos da frenética vida política.

As palabras de Sofía non só transmiten o que está a pasar no primeiro ano de goberno bolchevique senón que tamén sabemos que sinte a xente, as súas veciñas, os burgueses que agora pican xeo nas aforas da cidade. As descripcións das emocións da xente, a acción, esa vista de páxaro que consegue ter sobre todo o territorio fan que podas chegar a esquecer que estás ante unha historia real, a crónica da guerra e da fame.

María Bragado Paz

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s