Por un bistec

Título: Por un bistec
Autor: Jack London
Ano de edición: 2009
Lugar de edición: Salamanca
Editorial: Ediciones Universidad de Salamanca

Por un bistec é un libro que combina a palabra coa imaxe. Nel, o seu autor, Jack London, fálanos dun deporte do que el era fan: o boxeo. Pero non o afronta coma un relato de forza, músculos e golpes pola fama. Nesta relato, London cóntanos a historia dun boxeador veterano, Tom King, que se ben nos seus tempos era o mellor de toda Australia, agora é un loitador de 40 anos, ao que a idade lle pesa no corpo, e que lonxe de loitar pola gloria, loita por poder darlle de comer á súa muller e aos seus fillos. Loita pola bolsa de 30 libras que lle prometen se gaña o combate.

O centro da historia que nos relata London é o combate que o protagonista, Tom King, xa vello, debe disputar contra Sendel, a imaxe da xuventude, da forza bruta e das ansias de recoñecemento. Non se trata dun combate, polo tanto, entre dous simples boxeadores, trátase dunha loita entre a Xuventude e a Vellez, a forza contra a experiencia, a paciencia contra a impaciencia. Dánsenos detalles de como se desenvolve ese combate, de como Tom King resiste de forma estoica os embistes de Sendel esperando a que cometa un erro debido a súa confianza de que nada ten que facer un vello contra el; de como King, sen que o seu contrincante se dea conta, leva as rendas do encontro; de como mentres resiste os golpes fortes pero pouco planificados do mozo, Tom recorda como era el nos tempos nos que tiña 20 anos menos e se enfrontaba contra o seu propio veterano, que fora Stowsher Bill. Tom King recorda como o vira chorar nos vestiarios cando el, ávido de gloria, o vencera en pleno apoxeo da súa xuventude. Agora, cando el mesmo é o veterano, o vello, ve as cousas doutra maneira. Loita coa cabeza, non co corazón, e sabendo que unha victoria supón comida na mesa, e unha derrota tórnase unha desgraza. No retalo cóntase que como Tom King empeza perdendo, logo se volven as tornas e empeza a gañar, a experiencia vai gañando, pero os anos pesan, a experiencia non é suficiente, e o final, logo de facer a mellor exhibición de boxeo que os seus 40 anos lle permitiron, vese a si mesmo derrotado pola vitalidade da xuventude, ve como se lle escapa esa victoria que suporía comida na mesa e cartos para o alugueiro, e que por un momento cría súa, e comprende por que Stowsher Bill choraba logo de ser vencido por el vinte anos atrás.

Toda esta historia non seria a mesma sen esa forma de relatar tan profunda que London lle insire, contando cada sentimento que pasa pola mente de King, contando cada detalle do que lle acontece, das súas lembranzas. Describe con precisión cada detalle da anatomía de King, cada pensamento que pasa pola súa cabeza, facendo que o lector se sumerxa dunha forma tan profunda na vida, na psicoloxía, no persoaxe que é Tom King. Fai que o lector sinta mentres le o relato que el é o protagonista. Ademais utiliza unha linguaxe moi técnica, coa que demostra o seu coñecemento do boxeo, dándolle un aire de veracidade a unha historia ficticia.

Pero neste libro tamén cobran moita importancia as ilustracións. Son debuxos en branco e negro, sen moitos detalles, pero que transmiten, grazas a esa sobriedade, dunha forma moi exacta a sensación de desesperación, de desasosego, que sente o protagonista ante a situación que vive, na que se enfronta a nostalxia dun pasado glorioso cunha realidade presente moi desafortunada.

Algo que tamén cobra grande importancia é o bistec. A historia comeza co protagonista comendo. Necesita alimentarse para enfrontarse ao combate que lle espera. Para que el puidese comer a súa familia non puido facelo, e aínda así Tom King ten fame. Ese día levantarase co antollo dun bistec, pero a súa muller non puidera conseguilo; nas carnicerías non quixeran fiarlle. Pois o antollo dese bistec será algo que lle rondará a cabeza todo o día, coma unha obsesión. Pensará no feito de que uns anos antes podería permitirse comer todos os que quixese, e agora non podía nin conseguir que lle fiaran un. Ao final do combare contra Sandel pensará que se puidara ter comido ese bistec que tanto se lle antollaba, podería terlle gañado, tería as forzar suficientes como para facelo, para poder gañar ese diñeiro, para poder darlle de comer á súa familia, e para poder permitirse comprar un bistec.

Alba Domínguez Piñeiro

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s