“De vagabundo a escritor e socialista”

 

 

Autor: London, Jack

Título: En ruta, seguido de Escritos políticos

Lugar de edición:  Barcelona

Ano de edición: 2009

Editorial: Marbot ediciones

 

 

 

 

 

Jack London (1876-1916,San Francisco) foi escritor e xornalista,  malia que ás veces só se recoñeza o seu nome polos seus aportes á escritura. Na súa formación foi autodidacta xa que proviña de orixes modestas, algo que vai marcar profundamente os seus escritos sobre todo no socialismo, ideoloxía que compartía. Sempre considerou a  literatura coma un medio para gañarse a vida e así saír dos traballos máis duros ós que o tiña condenado a súa orixe humilde. As súas historias están baseadas nas súas experiencias en  Alaska.  Tanto coas súas novelas como cos seus contos, deu comezo a unha literatura verdadeiramente americana, ao lado de figuras como Francis Bret Harte e Mark Twain. A súa morte estivo rodeada de escándalo xa que se suicidou por supostos problemas coa bebida nos últimos anos da súa vida.

Neste libro, London  fai unha confesión cara o público, unha especie de relato autobiográfico onde narra a súa infancia ao tempo que critica certos hábitos da época. Neste último aspecto hai que resaltar que London sempre foi un escritor preocupado polos máis desfavorecidos e desprotexidos polo sistema debido ás súas orixes e a unha etapa da súa vida como vagabundo.Isto permítenos establecer unha similitude con Daniel Defoe quen tamén escribía para os máis desfavorecidos.

O libro consta de dúas partes: a primeira, “En ruta”, narra o seu camiño desde que se fixo vagabundo ata o seu final neste mundo facendo un forte fincapé nos aspectos sociais e criticando como son tratados os vagabundos polas demais persoas e incluso polos gobernos. A segunda parte, “Escritos políticos”, consta de varios artigos publicados polo autor en medios impresos da época na que viviu e nos que se verten os seus ideais socialistas cunha linguaxe comprensible para o pobo.

Algo que me chamou inmensamente a atención na primeira parte é a reflexión que London fai do oficio de escritor en similitude co de ser vagabundo: “A menudo he pensado que a este entrenamiento de mis días de vagabundo se debe buena parte de mi éxito como escritor de relatos. Para conseguir la comida necesaria para vivir me veía obligado a contar historias que sonaran verdaderas.”.  Nesta parte mestúrase realidade (a propia experiencia de London) coa ficción propia dun relato.

Como xa dixen anteriormente, os escritos de London contan cunha forte crítica social, algo que se aprecia en citas como : “ A veces he sostenido que el principal rasgo que distingue al hombre de los demás animales es que el hombre es el único animal que maltrata a las hembras de su especie”. Ademais, describe con total  claridade a prisión e as relacións de violencia entre os presos, todo isto moi fortemente marcado pola súa propia experiencia coma preso:  “Éramos un montón de almas perdidas que nos asábamos a la plancha en aquel infierno, y el ingeniero, el mismísimo Satán, no nos daba otra alternativa que congelarnos fuera”.  É destacable tamén o emprego dunhas  expresións e dunha  linguaxe que están ao alcance de calquera persoa. Isto é así porque el sentía que a súa misión como escritor era chegar ao pobo.

No aspecto estético tamén chaman a atención as fotografías que van intercaladas ao longo da historia. Estas teñen como función facer que o lector comprenda a historia de xeito visual e na súa integridade sen necesidade de ler a historia. Esta preocupación polo lector tamén se aprecia nas apelacións vocativas que London emprega para que o lector non perda o fío do que está lendo, algo común nos seus libros.

Na segunda parte da historia destaca o capítulo titulado “Cómo me hice socialista”onde o escritor californiano explica como pasou de ser unha persoa individualista e capitalista a ser un socialista convencido. El explica que nun principio tódolos homes son individualistas porque nacen fortes e sans pero unha vez que esas capacidades van minando fanse socialistas.: “Yo era un esclavo del salario más leal que ningún capitalista haya explotado jamás”. Así, London recoñece a súa conversión socialista empurrado pola súa experiencia persoal . Nun primeiro momento el mesmo recoñeceu ser un “socialista acientífico”,algo que mudaría  posteriormente botando man dos estudos de Nietzsche e Marx. London explicou o socialismo para os cidadáns de a pé porque segundo el é preciso que estes coñezan esta ideoloxía para que triunfe no mundo. A el debémoslle palabras como “esquirol”, palabra clave á hora de explicar o socialismo e que London  define como un obreiro que se ofrece a traballar por unha paga menor ou durante máis horas, polo que prexudicará ao seu compañeiro.

E cal foi a labor de London para co xornalismo? O máis destacable é a combinación do relato real propio do xornalismo coas técnicas do relato ficcional pero todo baseado  nunha forte carga empírica.

E para rematar, unha cita de Cándido Pérez Gallego sacada do seu libro Literatura norteamericana,  onde se recolle moi ben quen era London: “Quizá London sea quien mejor expresa ese culto a la experiencia que se está apoderando de la novela americana. El héroe americano al que le espera un final trágico. Pero la verdadera lección de London es advertirnos que la acción (la biografía) precede a la creación”.

 

Hortensia Gesteira

Complementos:

como me hice socialista

 

 

 

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s