Antiimperialismo, patriotas y traidores

-Autor: Mark Twain

-Título: “Antiimperialismo, patriotas y traidores”

-Lugar de edición: Madrid

-Ano de edición: 2010

-Editorial; Icaria Editorial

Dentro da grande obra deste magnífico autor Estadounidense de finais do Século XIX atopamos, ademais das súa narrativa, este título. Antiimperialismo é unha obra na que se inclúen moitos dos textos xornalísticos e ensaísticos escritos por Mark Twain, da súa primeira época máis próxima aos pensamentos conservadores e da súa última etapa, na que se achega máis a políticas antiimperialistas.

É precisamente na primeira parte do libro (Capítulo 1, Antiimperialismo) na que aparecen os textos xornalísticos posteriores ao 1900. Nestes textos, algúns publicacións de xornais como The New York Tribune, The Sun ou New York Herald e outros discursos do propio autor, aparecen reflectidas as súas ideas antiimperialistas, criticando a actuación do seu país en diferentes partes do mundo.

A partir do capítulo dous o libro céntrase nos diferentes países nos que Mark Twain tivo influencia. Comeza falando da tapa do autor como correspondente nas illas Sándwich (actuais Hawai) e da súa idea de “civilizar as mesmas”, é dicir, da súa adhesión definitiva aos EEUU tras a morte do seu rei. Despois a etapa zaharista en Rusia e as cartas de Twain para Rusia Libre a comezos do Século XX.

Tamén se inclúen textos neste libro da obra “Siguiendo el Ecuador”, na que se fala da xira que realizou Mark Twain nos anos 1895 e 1896 por países como Sudáfrica ou Australia con fins (ademais de políticos) económicos, xa que a editorial coa que mantiña un contrato estaba a pasar unha mala época.

No seguinte capítulo do libro expóñense os textos que amosan o cambio de actitude con respecto ao imperialismo estadounidense de Twain. A guerra hispano-estadounidense e a de Filipinas marcaron un antes e un despois na mentalidade do escritor que, nun principio, confiaba nos beneficios das disputas do seu país con España ( segundo el liberar aos países de Cuba e Filipinas da opresión), pero segundo se daban os acontecementos, comprendeu que a fin dos Estados Unidos era a mesma, someter aos habitantes destas rexións (estas opinións veñen reflectidas en artigos do Baltimore News e Baltimore Sun e en conferencias do autor).

Os dous últimos capítulos están adicados a dous países, China e O Congo. Con respecto a China, os textos de Mark Twain amosan simpatía cara as xentes deste país, que segundo el sempre foron tratadas de maneira humillante dentro das fronteiras estadounidenses e expresa o seu apoio á causa China durante a intervención internacional na rebelión dos Boxers no país oriental. Con respecto ao Congo, Twain critica dende os seus inicios a tiranía dos colonialistas Belgas, queixándose da dura opresión á que son sometidos os nativos desas terras.                                                                                                                                                                                                                                                               Sergio Casal Figueroa

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s