Esperanza para a desesperanza


Autor: Saviano, Roberto

Título: Vente conmigo

Lugar e ano de edición: Barcelona, 2011

Editorial: Anagrama

Poderíase definir esta obra, asinada polo autor do best-seller internacional Gomorra, Roberto Saviano, coma unha “guía turística” de Italia. Dunha banda, fala da súa paisaxe e arquitectura: varios edificios con numerosos erros e carencias nas fases de deseño, construción e adecuación para aforrar custes e, consecuentemente, seguridade; a montaña máis alta do país, aquela que forman os residuos ilegais xestionados polas organizacións criminais… Doutra banda, fala tamén dalgunhas das súas xentes: Don Giacomo, un mozo sacerdote que desafiou á mafia sen armas; Piero, un enfermo incurable que non “pretende buscar a morte, senón que acepta non poder impedila”, non pide a eutanasia (procurar a morte do xeito máis indoloro) senón a renuncia ao encarnizamento terapéutico (renunciar ás técnicas médicas que sustentan artificialmente as funcións vitais); Giovanin Falcone, vilipendiado en vida pero ensalzado trala súa morte, coma se esta fose a única proba da autenticidade da súa loite contra a mafia; Piero Calamandrei,  un defensor incondicional da Constitución…

En definitiva, nove historias contadas no programa Veni via con mi (Vente conmigo), ideado e presentado polo propio autor e por Fabio Fazio, un programa boicoteado polos seus arriscados contidos pero que se converteu nun enorme éxito. O obxectivo (ou desafío, segundo se mire) do programa non era denunciar estes crimes, nin sermonar a quen os comete e os permite, senón obrigar aos espectadores a defenderse e achegar unha miga de esperanza a unha nación desesperanzada.

María Pérez Capelo

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s