Os amores perfectos nunca existiron

Autora: Rosa Montero

Título: Pasiones. Amores y desamores que han cambiado la Historia

Lugar de edición: Madrid

Ano de edición: 1999

Editorial: El País Aguilar

Todo o mundo nalgún momento da súa vida sentiu amor ou unha vinculación de afecto por alguén. O resultado diso algunhas veces resultou unha experiencia moi bonita, esperanzadora e outras tantas todo quedou nunha ilusión ou acabou nun desamor. Iso foi o que lles pasou ás parellas protagonistas do libro de Rosa Montero, Pasiones. Amores y desamores que han cambiado la historia. Dezaoito historias de amor e dezaoito casos diferentes, pois é que cada amor ten unhas particularidades propias que lle dan ese carácter diferenzador, pero sempre teñen algo en común: ese estremecemento do corazón que fai que cada individuo vexa que as súas accións están gobernadas por un sentimento, un sentimento que incide nas decisións máis importantes que hai que tomar na vida.

O amor non é nin algo moderno nin algo antigo, así de claro o deixou Rosa Montero nestes capítulos que foron publicados no dominical de El País. Pasaron os anos e vemos como aquel amor de Cleopatra e Marco Antonio se pode ver reflectido en moitas parellas de hoxe en día. O mesmo acontece con parellas homosexuais, Óscar Wilde e Lord Alfred Douglas viviron unha relación a escondidas, ocultando a súa sexualidade baixo falsos matrimonios con mulleres que non os permitían ser felices. Este tema aínda é hoxe actual, en España tan só dende 2005 é aceptado o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e daquelas o escritor Wilde foi arrestado por ser homosexual.

¿Por que non falar do tópico de amores de película? Foi o que viviron Liz Taylor e Richard Burton. Eran tempos de grande éxito para os dous e dende a primeira escena que rodaron da película Cleopatra quedáronse prendados un do outro. E é que por moito que evolucione o mundo hai aspectos como os sentimentos que perduran e non cambiaron a longo da historia. Tamén por moito que evolucione a persoa, no referido ao amor nunca aprende, “el amor permanece impermeable a la experiencia” comenta Rosa Montero e os ilustres protagonistas destes relatos tamén tiveron amores que lles causaron dor e tiveron que dicir a famosa frase: “es que yo no aprendo”.

A autora levou a cabo un duro traballo de documentación e investigación para poder escribir cada un destes artigos, onde usa unha ampla descrición e afonda en cada caso dende diferentes aspectos: contextualización, carácter de cada personaxe, vida profesional, dato polo que é coñecido…  Existe un esquema característico que usa  Rosa Montero en tódalas historias, comeza describindo a vida de cada personaxe dende o entorno no que naceu, como se criou e que circunstancias da vida o levaron  a coñecer a súa parella. Moitas veces os amores recollidos neste libro non foron o primeiro amor nin o primeiro matrimonio dos protagonistas. Polo que todas a casuística posible que abrangue ao amor queda recollida nestas historias. A medida que o lector se vai adentrando na lectura atopa posturas moi diferentes: dende a infernal historia de amor entre Rimbaud e Verlaine ata a preciosa historia que houbo ó principio entre Juana la Loca e Felipe el Hermoso; ou dende os difíciles amores entre Os Borgia ata a atracción fatal de Mariano José de Larra e Dolores Armijo.

O carácter serial que tiveron estas historias no xornal fan que unha historia te invite a outra, existe unha fórmula de enganche e selo persoal que crea Rosa Montero mediante a súa linguaxe próxima ao lector “me lo creo”, “no sé si me siguen en el culebrón” que converten á autora nunha especie de amiga do lector que lle conta de xeito minucioso o que lle acontece a cada parella. Isto xa o menciona a autora no prólogo “resulta evidente que estas biografías no son trabajos fríos y académicos, (…) realizo unha interpretación, intento vivirme en el interior de los biografiados y entenderlos, de la misma manera que el novelista se vive dentro de sus criaturas de ficción al escribir un libro”.

Beatriz Yáñez Castro

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s