Simplemente… Raúl Cancio

Autor: Raúl Cancio
Titulo: Simplemente… Periodismo
Lugar de edicion: Madrid
Ano de edicion: 2009
Editorial: Ediciones APM

“Cartier-Bresson traballou toda a súa vida cunha Leica e un obxectivo de 50mm. (…) Esta forma de ver e executar as imaxes fíxome mercar unha Leica exactamente igual á súa.” Escribe Cancio ó respecto do gran mestre da fotografía, que soubo capturar o movemento, conxelalo cunha visión única, a súa. E coa Leica sempre presente, Cancio fai unha recompilación das que cre as súas mellores, ou mais significativas quizais, instantáneas.
Previo prólogo, dobre, de Fernando González Urbaneja, presidente da Asociación de Prensa de Madrid (APM), e de Cebrián, Juan Luis Cebrián, director de Cancio cando este traballaba para El Pais; a estrutura ou dinámica desta antoloxía fotográfica é tan sinxela coma adecuada. Cada capítulo deste tomo está composto por unha fotografía feita por Raúl Cancio e por un comentario da mesma feito por un compañeiro seu. Entre estes colaboradores de Simplemente… periodismo atópanse moitos dos mellores xornalistas españois do século XX como Vicente Talón, Juan G. Ibañez, Álex Grijelmo, Rosana Torres, Juan Cruz ou Maruja Torres entre outros.
O discurso máis importante aquí son as imaxes das que o texto sirve de acompañante e pretende proporcionar unha sorte de contexto informativo para o “visionador”-lector. Como case a totalidade dos comentarios foron realizados por compañeiros da profesión (redactores a maioría deles), este texto recolle numerosas anécdotas: de como conseguiu a imaxe un e o texto (a noticia) o outro. E en todos estes comentarios predomina un discurso amable, cómplice e cun certo senso de admiración cara este mestre da fotografía española.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/programa/mejores-fotos-raul-cancio-libro-simplemente-periodismo/867538/
Se houbera que encadrar este texto nalgún xénero xornalístico, este sería a crónica. O criterio de ordenación das imaxes, do discurso, corresponde á data de realización da fotografía. Dende 1965, ano no que Cancio entrou a traballar na redacción do Diario Pueblo ata 2009, data da publicación do libro, recóllense as imaxes que marcaron o seu traballo profesional e as distintas etapas da súa vida.
Del din os seus compañeiros que é un fotógrafo sixiloso, que é capaz de que os demais se esquezan da súa presenza e deste xeito consegue capturar a verdadeira personalidade de a quen retrata. Tamén mencionan a súa busca da fotografía perfecta, a súa, a que corresponde coa súa visión dos acontecementos e que fai as súas instantáneas tan sobrecolledoras e inigualables.
Del mesmo xa fala en todas as fotografías. Todas elas supoñen a súa visión, a súa perspectiva do feito ou da realidade. Porén Cancio decide recalcar as súas verbas en dúas instantáneas, as que acompaña tamén cun texto da súa autoría. A razón de porqué necesita reafirmar o seu discurso nestas dúas imaxes quizais sexa porque se tratan dos seus dous mestres. Por unha banda Butragueño, cuxa expresividade corporal no xogo foi sempre admirada polo fotógrafo. Pola outra, Cartier-Bresson, retratado de costas en clara alusión á metafotografía, a súa maior inspiración confesa.

Sabela Cereijo Vázquez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s