Territorio comanche

Título: Territorio Comanche

Autor: Arturo Pérez-Reverte

Editorial: Editorial Alfaguara (2001)

Neste libro, Pérez-Reverte narra as vivencias dun reporteiro de guerra e máis do seu cámara durante o conflicto bélico acontecido no principio da década dos noventa en Iugoslavia. Para eló, describe dun xeito extraordinario os feitos que alí aconteron. Esta habilidade, o emprego de nomes reais, tanto de persoas como de escenarios onde se desenrrola a acción, provocan no lector a idea de que él (Pérez-Reverte) é un dos persoaxes da historia agochado tralo pseudónimo de Barlés.

Contada por un narrador omniscente, a historia comeza coa teima do cámara Marquéz para lograr captar a imaxe da voladura dunha ponte a pesar da proximidade do lugar onde caen as bombas. Marquéz é un tipo duro, solitario e sobretodo testarudo, ata que consegue o material que quere non cesa no seu empeño, ainda que pra chegar ó seu obxetivo teña que poñer a súa vida en xogo. O seu compañeiro, Barlés, é mais pousado e non dúbida en botarlle unha man a alguén que foi alcanzado pola metralla. Este contraste nas persoalidades dos protagonistas dará lugar a continuos desencontros, ainda que non chegan a máis.

Sen ter unha orde cronolóxica estricta, a trama principal é interrumpida en diversas ocasións, nas cales, o autor introduce recordos e anécdotas vividas noutras guerras con Marquéz e outros colegas da profesión. Este desorde intencionado á hora de escribir, provoca a sensación de que o autor está a narrala historia segundo lle vai pasando pola cabeza. Nestas parénteses, Reverte, achéganos aos perfís psicolóxicos que se dán nos corresponsais de guerra, todos eles semellantes sexa cal sexa a súa nacionalidade. Fálanos do abuso no consumo de alcohol, drogas e de máis excesos cotiás na vida dos xornalistas cando se atopan no medio do fogo cruzado.

Emprega o sarcasmo en varios capítulos, un humor irónico, case negro e que nós axuda a comprender cal é estado mental e a presión á que se ven sometidos os xornalistas durante as guerras, tendo que contemplar mortos de xeito contínuo, nenos amedrentados, mulleres violadas e homes afundidos porque todo e canto tiñan nesta vida foilles arrebatado.

Resalta as miserias da guerra e critica a actitude de políticos e donos dos medios de comunicación. Para él, estes falan coma expertos despois de estaren tres días coma turistas dentro dun hotel co seu traxe e garavata.

Ista obra é unha homenaxe a tódolos corresponsais de guerra do mundo, e en particular a Xose Luis Marquéz, cámara de televisión que acompañou o autor do libro aló por onde as balas asubiaban.

Territorio comanche, ben podería servir como paradigma da reportaxe-novelada, da mestura entre o xornalismo e maila literatura. Segundo o autor:

Para un reportero en una guerra, territorio comanche es el lugar donde el instinto dice que pares el coche y des media vuelta; donde siempre parece a punto de anochecer y caminas pegado a las paredes, hacia los tiros que suenan a lo lejos, mientras escuchas el ruido de tus pasos sobre los cristales rotos. El suelo de las guerras está siempre cubierto de cristales rotos. Territorio comanche es allí donde los oyes crujir bajo tus botas, y aunque no ves a nadie sabes que te están mirando”.

De xeito persoal, podo decir que este libro, fai honor ao seu título, xa que durante a lectura, dubidei en incontables ocasións se a historia era real ou ficticia, atopándome en Territorio comanche.

Unha obra moi recomendable, que sen dúbida obriga á reflexión.

Angel Castro Silva

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s