“El talón de hierro” de Jack London

Título: El talón de hierro

Autor: Jack London

Editorial: Ayuso

Ano de edición: 1980

Lugar de edición: Madrid

Esta novela publicada no ano 1908 por Jack Griffith London, déixanos entrever ese estilo co que algúns estamos traballando. Podemos ver esa axilidade, tensión, final contundente, e unha temática moi relacionada coas emocións. Outro dos aspectos que atopamos neste libro é a ausencia do humor, aínda que si está presente unha gran ironía, en moitos casos cruel.

A temática deste libro é a oligarquía industrial, a creación de monopolios de industrias estratéxicas, a rebelión social por sistemas económicos e sociais que favorecen aos ricos, e quizáis unha predicación da xustiza social aos máis ricos.

O “Talón de Hierro” enténdese como o virtual gobernante do mundo, é o nome desa oligarquía industrial que se constrúe no século XX; sobre a cal se desenvolve toda a novela, de aí o seu título.

As notas a pé de páxina do libro, dannos unha información moi importante sobre o contido da novela, polo tanto convértense nunha fonte máis.

O estilo de London nesta novela é a crítica das duras condicións dos obreiros na súa época. London considera o Talón de Hierro como o último paso na historia dos capitalistas, baseando esta idea na creación dos monopolios industriais. Non nos conta o derrubamento do Talón de Hierro, pero da a coñecer a grande inestabilidade social, imposible de controlar.

Podemos concluír, por tanto, que a temática de London nesta novela fai referencia a inxustiza social e a forma coa que os homes se consumen baixo o  poder dos  gobernantes.

Por outra banda, os personaxes das súas obras, son heroes,  teñen valentía e coraxe. Son ambiciosos e reflexionan, son solitarios. Están idealizados, como no caso de Ernesto Everhard, o protagonista da novela que nos ocupa.

“El talón de hierro” é un libro moi osado, atacaba a todos. Por outra parte, esta  novela é autobiográfica, o personaxe de Ernest é o propio London. Identifícase cos personaxes, utiliza as súas obras para rebelarse e `propagar as súas ideas.

María Dapía

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s