En pe de paz

Título: La fuerza de la palabra (Prólogo de Iñaki Gabilondo)

Autor: Mayor Zaragoza, Federico

Lugar de edición: Madrid

Año de edición: 2005

Editorial: Adhara Editorial

“Se queres a paz, prepara a guerra”, reza un proverbio tan antigo como perverso. A paz foi o tempo que mediou entre dúas guerras. Fixemos aquilo para o que estabamos preparados: a guerra. Utilizamos a forza e non o diálogo, a espada e non a palabra.

 

Por todos é coñecida unha especialidade do xornalismo que recibe o nome de xornalismo de guerra. Os medios de comunicación envían correspondentes aos lugares onde se están a desenvolver conflitos bélicos, cada vez máis cruentos, violentos e con máis actores, consecuencia da globalización. Sen embargo, non todos os cidadáns coñecen o denominado xornalismo de paz. A perspectiva desta especialidade de informar vale para todo tipo de escenarios que se caractericen pola existencia dun conflito armado. A diferenza do xornalismo bélico, que só da conta da confrontación entre os bandos e dos actores que participan da mesma, o xornalismo de paz vai máis alá. Preocúpase por informar das causas que explican un conflito bélico, de cómo sofren os civís da violencia implícita – lembremos guerra de Vietnam, do Golfo, de Irak, de Afganistán… -, da posible existencia de líderes ou partes dispostas á negociación, e da procura de posibles solucións a ese conflito. Xorde como contraposición á cobertura que se dan das guerras e que se orientan hacia a violencia, a propaganda, as elites e a victoria.

Así plantexaron a súa profesión dous xornalistas que foron os que máis traballaron neste novo enfoque das guerras: Jake Lynch e Annabel McGoldrick na súa recente obra Peace Journalism (2004). Nela plasmaron a experiencia de trinta anos na cobertura de conflitos. Ambos baluartes da paz sosteñen unha afirmación que debería provocar certa reflexión entre os seus compañeiros xornalistas. Afirman que “no xornalismo de guerra a realidade se presenta como a confrontación entre dous partidos, debido a que moitos xornalistas de guerra o foron antes de deportes, polo que ven os conflitos como un tipo de loita entre dous onde se trata de gañar”. Pero, pode haber victoria nunha guerra, onde morren miles e miles de persoas? O autor do libro que da orixe a esta reportaxe, Federico Mayor Zaragoza, opina que non. O seu libro, La fuerza de la palabra, está cheo de apelativos á paz, á concordia, á solidariedade… El xa falaba nos seus artigos en El País dun novo modelo de comunicar os conflitos antes da publicación do libro de Lynch e McGlodrick. Mais o xornalismo de paz ten uns antecedentes claros que veñen da man de Johan Galtung (Oslo, 1930), director de Transcend-A Peace and Development Network for Conflict Transformation by Peaceful Means, unha organización de alcance global con máis de 300 membros en 80 países. Foi un dos pilares dos estudos de paz e na mediación de conflictos. En 1961, Galtung xa anticipara algúns conceptos sobre o que hoxe en día recibe o nome de xornalismo de paz. Comprobou que cando os medios trataban o tema da violencia, sempre obviaban un elemento: a paz. Ese elemento constituíu o valor engadido que Galtung pretendía inocular aos medios de comunicación. Na actualidade, os xornalistas desenvolven un modo de contar a realidade que non profundiza nas causas e nas consecuencias. Todo se reduce á busca de conflitos, canto máis grandes e espectacularizados, mellor. Esa forma de contar o que acontece só contribúe a reforzar o conflito, sen preocuparse por presentar outras alternativas. “O xornalismo de paz quere un tipo de noticia de optimismo e menos pesimismo; non está en contra de informar á xente sobre a violencia, senón que se propón agregar un elemento, o da paz”, afirma Galtung. Non é só un cambio conceptual da guerra á paz, da forza da confrontación armada á forza da palabra, da morte á vida. O xornalismo de paz vai moito máis alá, porque nel priman os aspectos psicolóxicos e non o valor físico dos actores enfrontados.

Neste mundo de cambios, de interrelación entre os membros que o conforman, os medios de comunicación xogan un papel chave ante os novos retos que se plantexan. Como creadores de opinión pública, os xornalistas deberían mudar o seu xeito de contar os conflitos e as guerras. O problema reside en que a violencia SI é noticia, as causas e as solucións á mesma NON. Por iso os medios de comunicación deben ser responsables. Os xornalistas deben adoptar outro papel que vaia máis alá de ser simples informadores, de contar o que está a suceder atendendo aos intereses dos actores implicados, de comunicar o desenvolvemento do conflito descontextualizado. Os medios teñen o poder de abandonar un vello concepto e crear un novo. Poden traballar para que os países non se sitúen nunca máis en pé de guerra e comecen a adoptar de forma permanente unha situación en pé de paz.

  • Links de interese:

1. Johan Galtung fala sobre xornalismo de paz:

http://www.youtube.com/watch?v=igvBOpVKFOI

2. Jake Lynch fai unha lectura do xornalismo de paz no Trascend Media Service, que dirixe Johan Galtung en Noruega:

http://www.youtube.com/watch?v=jg9YPYBtpsY

http://www.youtube.com/watch?v=ptw84Za7PLc&feature=related

Lara Salgado Santos

 

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s