É mellor ver as cousas que esperar a que chas conten

 

Autor: Ana Tortajada

Título: El grito silenciado

Lugar e ano de edición: Barcelona 2001

Editorial: MONDADORI

O máis complexo para unha muller afgana non é ver o mundo a través dun burka senón ver como as súas familias e a súa xente desaparece das súas vidas pola acción dos talibáns. Eliminar o uso desta prenda con transcendencia cultural non serviría de nada pois, aínda que isto ocorrese, os nenos afganos seguirían a medrar nun refuxio no cal a esperanza parece non chegar.

Ana Tortajada é unha muller admirada por moitos, e dende hoxe tamén por min. As súas ansias de loitar por unha vida mellor para o pobo afgano e coñecer deste xeito as costumes e a situación, tanto política como social, levouna a coller un voo con dúas compañeiras destino Afganistán. Como resultado desa viaxe nace este libro que conta a súa vivenza nese país reprimido polo réxime talibán. Este é un grupo armado minoritario que leva a cabo persecucións do pobo afgano.

Así pois, neste testimonio persoal móstrase a miseria na que viven as xentes afganas e que van compoñendo así a historia do lugar. Nenos traballando que, en casos excepcionais, van a escola, nais que teñen que loitar soas polos seus fillos porque os seus maridos xa son obxecto dos talibáns, mestras e funcionarias que teñen que deixar de exercer tras a chegada dos talibáns, mulleres que prefiren o suicidio antes de ver como cambian as súas vidas da noite para a mañá…

Unha das situacións que máis chama a atención da postura dos talibáns é a necesidade destes de eliminar todo o que se relacione coa aprendizaxe, coa cultura, coa escola, co intelectual… O medo que envolve aos talibáns é que a xente afgana poida coñecer máis ou algo do que está acontecendo noutros lugares, xa que non pode permitir que as persoas se dean conta da situación tan deprimente na que viven. E ademais, tal como se mostra no libro, un reflexo do que está acontecendo e a perda dunha cultura gardaba antano nos museos afganos e que neste intre forma parte do mercado negro.

Ana Tortajada comeza a súa viaxe acompañada das súas compañeiras das cales xa se avisa ao comezo do libro que teñen nomes que non se corresponden cos reais. Unha vez alí  estarán acompañadas por Azada, unha muller afgana que será a súa guía e traductora e que dirixe unha organización humanitaria denominada HAWCA. Esta asociación que se encarga da asistencia de mulleres e nenos de Afganistán terá sede posteriormente en España grazas a Ana Tortajada.

Todas as protagonistas levan a cabo esta viaxe para vivir na propia pel e coñecer de preto a situación afgana. Co paso dos días, ocórrenlles situacións de gran desesperación como, por exemplo, cando se dirixen ata Kabul tras conseguir un visado e alí temen pola vida de Azada pola súa labor de intérprete (por ser muller). Así mesmo, deben vestirse igual que as afganas para non chamar a atención, afacerse ás incomodidades que presentan as casas afganas, etc, pero sempre acompañadas pola tenrura e a afabilidade da poboación afgana que non deixa de lado aos seus convidados e que esta continuamente pendente deles.

Pero non só Afganistán se ve sumido nesta pobreza, senón que Pakistán mostra unha imaxe moi semellante a pesar de que se pinten como moi aptos os campos de refuxiados que alí hai. As tres rapazas percorren lugares como Peshawar, unha cidade fronteiriza de Afganistán e lugar onde aterriza o avión e onde xa comezan as aventuras das protagonistas, Islamabad (cidade pertencente a Pakistán), Kabul (chegar a este lugar foi moi complicado xa que tras semanas á espera dun visado unha vez alí tiñan que ir acompañadas dun guía que proporcionaba o hotel)… En todos estes lugares teñen citas con membros de organizacións para coñecer máis en profundidade a situación afgana.

Finalmente, cabe falar brevemente do sistema que levou a cabo a autora para narrar estes feitos. O libro está dividido en partes como se se tratase dun diario persoal e, asemade, contén a data na que ocorreron os feitos e o lugar no que se desenvolven. Aparecen tamén ao comezo refráns afganos que serven de resumo de cada unha das vivenzas. Entre eles chama a atención o seguinte: É mellor ver as cousas que esperar a que chas conten, e isto é o que fixo Ana Tortajada.

Para finalizar, gustaríame recomendar este libro porque reflexa moi ben a historia e a situación afgana e, ademais, a obra fai reflexionar sobre o mundo e sobre a situación destas xentes. Ana Tortajada é unha xornalista que se acercou aos feitos sen medo a nada e cun único obxectivo: reivindicar a situación da poboación afgana , un mundo descoñecido para moitos.

“…Para eso no hace falta saber el significado de palabras como democracia o conocer la existencia de la Declaración de los Derechos Humanos. Quizás muchas mujeres ignoren esos términos, quizá no sepan poner el nombre a las cosas, pero saben muy bien qué quieren y qué no quieren”.

Direccións importantes á hora de falar de Afganistán proporcionadas polo libro:

RAWA (Revolutionary Assotiation of the Woman of Afghanistan) http://www.rawa.org

HAWCA (Humanitarian Asistence for the Woman and Children of Afghanistan) http://www.hawca.itgo.com

Página web dos talibáns: http://www.taleban.com

Lara Lozano Aguiar

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s