“Existe la belleza y existe el infierno. Querría ser fiel a ambos”

TÍTULO: La belleza y el infierno

AUTOR: Roberto Saviano

LUGAR E ANO DE EDICIÓN: Barcelona, 2010

EDITORIAL: Debate

Case parafraseando a Albert Camus, Roberto Saviano decide titular así o seu libro: La belleza y el infierno. Con estes dous substantivos, no seu sentido máis abstrato, recorda que por un lado existen a liberdade e a beleza (necesarias para quen escribe e para quen vive) e polo outro, existe a súa negación: o inferno (que sempre parece predominante).

Con este libro, enfocado principalmente no mundo da Camorra e da Mafia, Saviano pretende demostrar que a palabra literaria aínda pode ter peso e poder para cambiar o mundo, e por iso escribe para un lector valente e non para o resignado.

Ó longo de toda a obra, o autor realiza numerosas alusións a outros libros seus como Gomorra e a libros alleos como Despachos de guerra, de Michael Herr. Sobre este último, Saviano recoñeceu que chegou a ser unha obsesión para el e que sen el non podería nunca escribir o que escribiu.

Según o autor, a base da indiferencia que o mundo e, sobre todo, a sociedade italiana presenta no tocante ó problema da hampa (o que constitúe a súa mayor frustración) é que durante anos a mafia se esteriotipou en El Padrino como algo glamuroso, feroz pero fascinante, e o público non quere que sexa contada e descrita doutra maneira.

Nun dos capítulos menciónase o que o autor denomina a empresa-cocaína, e a cal considera o negocio máis rentable de Italia. Este “petróleo branco” é o motor principal da economía criminal e esta economía é a máis florecente das economías actuais. Por iso, segundo o autor, non se pode seguir vendo a cocaína como unha dinámica exclusivamente criminal senón que é un paradigma para entender a economía europea e, sobre todo, a italiana.

Ademais, Saviano asegura que a política, hoxe en día, está subordinada ós negocios e, por tanto, tamén ós negocios da Camorra a cal, conta con tantas prerrogativas que, inclusive, pode recurrir para que se anulen as cadeas perpetuas contra os seus membros sen que o proceso teña eco na prensa nacional. Cabe mencionar tamén que os xornais locais son os únicos que traen información sobre a Camorra pero fano nunca crónica de sucesos sen pretensións de profundidade nin denuncia.

Outro aspecto a resaltar é o vertiginoso incremento das patoloxías de cancro e malformacións fetais no sur de Italia, principalmente en Campania debido, por un lado, ó depósito de residuos que os clans realizan nos vertedoiros e, polo outro, á incapacidade do Goberno italiano de pechar o ciclo destes residuos.

Ademais, Saviano cre que os libros que non son testemuños nin reportaxes senón que levan ó lector ó seu terreo e que lle permiten estar dentro da historia constitúen a principal diferenza entre o xornalismo e a literatura.

Para el a maxia da literatura é, en situacións extremas como a súa, que fai que perder a propia liberdade a causa do que se escribe.

Incluso, emprega unhas liñas para reflexionar sobre a situación actual do xornalismo de investigación. Para el, esta modalidade está morte e a súa defunción garante o silencio sobre os negocios da Camorra. As investigacións xudiciais sobre a Mafia estáncanse, e con elas, tamén o fan as xornalísticas. Algo que non debemos permitir.

Saviano chama á reflexión dos seus lectores dicindo que as cousas están tal e como están porque nós as deixamos ser así e que o facemos porque sempre foron así. Pero para el isto non é verdade pois non todo está igual senón que cada vez está peor.

Por último, afirma que hai unha guerra de verdade, que aínda que ninguén a quere ver, existe e que entrementres, os que non aguantan a súa frustación (coma el) e denuncian falando, pérdeno todo. Porque, hoxe en día, a verdade das palabras págase coa morte e sobrevivir a unha plena verdade da palabra significa diminuir a verdade.

Roberto Saviano segue tendo fe en cambiar o mundo pero teno claro:

o que escribe, morre.

Yanire Díaz Villaverde

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s