A voz do proscenio

Autor: Tom Wolfe

Titulo: El Nuevo Periodismo

Lugar de edición: Barcelona

Ano de edición: 1981 (2ª edición)

Editorial: Editorial Anagrama

Tradución: Jose Luís Guarner

Fonte:The New Journalism”. Picador, Pan Books Ltd. Londres, 1975

Estamos ante unha extensa definición en forma de libro. A entrada que calquera enciclopedia podería ter sobre o tema (o novo xornalismo) pero cunha particularidade, a da súa autoría e dende unha óptica determinada, a súa propia (a de Tom Wolfe). Eríxese como testemuña e pioneiro deste movemento e dedícase a relatar(nos) a súa perspectiva ao respecto.

Deste xeito, na primeira parte do libro, titulada (:) Tom Wolfe. O Novo Xornalismo, fai unha controvertida análise, unha retrospectiva  do nacemento, influenzas, causas e consecuencias desta corrente literaria.

O Novo Xornalismo xurdiu a comezos dos anos 60 na revista Esquire e o suplemento New York do desaparecido diario  New York HeraldTribune, ámbalas dúas, edicións para as que escribía Wolfe. Varios dos colaboradores destas publicacións, entre os que o autor destaca a Gay Talese e a Jimmy Breslin, [os nomes de autores non se deben presentar en cursiva, pode levar a confusión, xa que é un recurso reservado aos títulos de obras] descrían dos convencionalismos propios da gran prensa norteamericana e procederon a romper as regras da obxectividade, da imparcialidade e a suposición de que o xornalista non pensa nin debe facer xuízos de valor ou  empregar adxectivos innecesarios. A transcendencia do movemento foi tal que para 1966 xa se lle puxera nome, o de Novo Xornalismo. Porén, Wolfe recoñece que xa na década dos 50 estábase a fraguar dende as paxinas de True e The New Yorker.

O que os novos xornalistas se propoñen é ocupar o sitio privilexiado dos autores de novelas mediante o realismo provocador, irreverente e agresivo dos seus textos e unha clara vontade de estilo. Wolfe afirma que o Novo Xornalismo chegou a “destronar á novela como máximo expoñente literario(utilizas de forma redundante dous recursos para resaltar ou destacar unha cita: comillas e cursiva. Neste caso, sería preferible optar polas comillas. En todo caso, ou un recurso ou outro, non os dous ao mesmo tempo). O reporteiro non desaparece, como na noticia convencional, senón todo o contrario: involucrase como protagonista na historia que redacta sen desdeñar ningún dos recursos (diálogos, monologo interior, caracterizacións dos personaxes, manexo do tempo, punto de vista narrativo…) dos que dispón un novelista no seu arsenal literario.

E dentro de todos estes recursos prestados da novela, hai catro que Wolfe establece como primordiais do Novo Xornalismo e que axudan a crear esa atmosfera narrativa que chega a atrapar e conmover ao lector:

  1. 1.     Presentación dos feitos escena por escena.
  2. Reconstrución do diálogo.
  3. Punto de vista narrativo.
  4. Relación da categoría social da vida (status) do personaxe do que se escribe. Dificilmente é posible presentar contidos no corpo dun texto informativo seguindo enumeracións ou presentacións en columnas; os libros de estilo dos xornais adoitan impedilo

O propio e distintivo do Novo Xornalismo é a súa linguaxe, o seu estilo, a súa diversidade de puntos de vista, as súas caracterizacións a través da fala dos seus personaxes ou tomando en conta os seus modos de vida e as súas formas de pensar. Se se busca un estilo literario comparable ao da ficción é para dar unha maior dimensión psicolóxica, social e ideolóxica ás personaxes reais que aparecen detrás da noticia.

A segunda parte, titulada Antoloxía do Novo Xornalismo,(cometes novamente o erro de destacar un texto con dous recursos: subliñado e cursiva. Neste caso, o correcto é empregar a cursiva) recolle nove textos elaborados respectivamente por Rex Reed, Terry Southern, Nicholas Tomalin, Barbara L. Goldsmith, Norman Mailer, Joe McGinnis, John Gregory Dune e o propio Tom Wolfe. (A negriña emprégase para destacar algo moi puntual, non un texto tan longo. A acumulación de negriñas produce o efecto contrario ao buscado: no canto de destacar, satura) Estes textos selectos veñen a apoiar e ilustrar a tese que o autor mantén e explica na primeira parte do libro sobre o Novo  Xornalismo.

Todos estes textos veñen precedidos dun pequeno comentario feito por Wolfe no que non ten reparo á hora de cualificalos, comparalos con outros textos do autor ou mesmo explicar o contexto no que foron publicados. É nestes comentarios onde Wolfe deixa translucir a súa verdadeira e polémica personalidade.

Sabela Cereijo Vázquez


Advertisements

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a “A voz do proscenio

  1. O texto é aceptable, coas debidas corrección. Novamente, hai que lamentar a ausencia dun bo titular de carácter xornalístico. (+)
    x.a.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s