“ O silensio é máis silencioso que o silencio”

Autor: Rivas, Manuel

Título: Todo é silencio

Lugar de edición: Vigo

Año de edición: 2010

Editorial: Xerais

  • Todo é silensio mudo… Ves? ¿Tiña ou non tiña razón? – dixo Leda -. ella escribiu silensio. E ti a rir, que non, que ¿como ía escribir silensio Rosalía de Castro?
  • Estabas no certo. Ella sabía oír. O silensio é máis silencioso que o silencio – dixo Fins -.

O buraco do teito agradara e no mapa do chan reducíranse as zonas de penumbra: “Vese mellor. Tes a unllas pintadas de negro. Estás no Océano”

  • Si, coma sempre. No medio do puto Océano. E ao Océano non chegan cartas. So chegan pésames. Foi un detalle pola túa parte escribir cando morría alguén. Meu pai, o mestre, o médico. Coido que eran copiados dun deses libros de correspondencia.

Este libro de Manuel Rivas, do que xa se está preparando a súa versión cinematográfica, está ubicado nunha ficticia e pequena vila costeira de Galicia na que viven tres rapaces: Fins, Leda e Brinco.

Dende o meu punto de vista, o importante non é o tráfico de drogas que existe na vila nin como o traficante, Mariscal, a domina. O máis importante é como o tráfico de drogas fai que mude a vida de tres nenos ate conseguir que se separen.

Ó comezo do libro, Fins, Brinco e Leda son moi amigos e xuntos viven moitas aventuras. O pai de Brinco é o dono dun establecemento, o “Ultramar”, onde pouco a pouco irán descubrindo que se levan a cabo os negocios do narcotráfico da man dun misterioso personaxe, Mariscal. Os tres nenos descubrirán nos seus xogos algúns dos segredos e escondites deste traficante. A aparición de Mariscal na vida dos nenos será o comenzo do distanciamento. Brinco e Leda veránse adentrados no mundo do narcotráfico e Fins marchará da vila para voltar anos despois como policía.

Dende o meu punto de vista, ao libro fáltanlle páxinas. Ó longo das súas páxinas podemos ver como Manuel Rivas realiza unha extensa e minuciosa descrición de cada elemento do libro. Nós, os lectores, podemos imaxinar sen moitos esforzos como é a vila, como é cada escenario, como son cada un dos personaxes…. O libro pode chegar a ter certo parecido con un guión de cine ó describir cada acción aínda que esta non teña importancia aparente. Da a sensación (ou polo menos, a min) de que a historia solo é algo que pasa mentres Manuel Rivas describe cada cousa. Isto, dende o meu punto de vista, provoca que parezan moitas páxinas para o que se conta. É dicir, unha situación ínfima, que podería ocupar duas frases, aparece en nunha páxina ou dúas. E, sen embargo, deíxanos coa sensación de que lle faltan páxinas porque chegando ó final todo cambia. Conversacións coma a de Fins e Leda que, para min, deberían rebosar de tensión e estar dotados dunha gran importancia, transcorren rápidas e sen ese afán descriptivo. O resultado do libro é a sensación de que o escritor chegou a un punto no que pensou que tiña que rematar xa. O libro deixa unha sensación rara xa que durante toda a obra estás agardando un gran desenlace e finalmente atopas un final pobre que deixa un mal sabor de boca, coa sensación de estar feito con prisa e con menos dedicación que o resto do libro.

Sandra Couso García

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s