¿Quién mató a Rosendo?

Autor: Rodolfo Walsh
Título: ¿Quién mató a Rosendo?
Editorial: 451
Lugar de edición: Madrid

Este libro foi inicialmente unha serie de notas publicadas no semanario da CGT a mediados de 1968. Rodolfo Walsh presenta unha rigurosa investigación, narrada coma unha novela, sobre os acontecementos que se desencadean cando tres traballadores morren nun tiroteo entre facciones sindicais, un suceso que resume décadas de corrupción e violencia na Arxentina. O seu tema superficial é a morte do simpático matón e capitalista do xogo que se chamou Rosendo García. Na reconstrucción dos feitos, Rodolfo Walsh contou coa axuda de quenes sobreviviron ao tiroteo da confitería Real de Avellaneda na que morreu García. Walsh desenmascara as traicións que fracturan o sindicalismo peronista e retrata aos implicados, tanto aos verdugos como as víctimas: esos sindicalistas de base que manteñen a loita incluso cando a disidencia significa o cárcere, palizas, tortura e morte. Vandor, peronista líder sindical, un mafioso que pasou anos pactando cos gobernos e cos patróns para desactivar o movemento obreiro arxentino, é o probable asasino Rosendo, que morreu nun tiroteo entre dúas fraccións sindicais. Que en realidade só disparou un dos bandos é o que Rodolfo Walsh quere probar a través dunha rigurosa investigación que revela complicidade e estupidez dos xuíces e policías. Neste sentido, ¿Quién mató a Rosendo? procura dúas cousas: primeiro, denunciar a complicidade de xuíces, políticos e policías destinados para librar de culpa e cargo a Vandor e, por outra, probar que ese interese por salvar ao dirixente gremial respondía ao feito de que este era funcional ao sometimento dos traballadores.

Juan Caamaño Canabal

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s