Unha visión histórica da prensa galega

Título: Detrás da prensa popular
Autor: Xosé López García
Ano de edición: 1995
Lugar de edición: Santiago de Compostela
Editorial: Edicións LEA

Este libro é unha das tres partes da tese de doutoramente de Xosé López García. A mostra dos datos amosados no catálogo foi recollida entre 1990 e 1993 e fai un repaso da situación dos medios en galicia, tendo en conta maioritariamente as publicacións locais e comarcais.

No libro faise un repaso primeiro pola historia da prensa en Galicia, recollendo cales foron as primeiras publicacións alá polo século XIX ata a actualidade, que neste caso se sitúa en principios da década dos 90. Os principais medios analizados son neste caso os medios escritos, que centran case o total da publicación. Tamén se fala anque en menor medida das radios locais e das televisións locais.

Este libro está dividido en tres partes, no primeiro fálase da recuperación do ámbito local da prensa, no que se di que en Galicia sempre tivo moita importancia a prensa local xa que os galegos temos tendencia a querer estar informados primeiro do noso.

A segunda parte do libro fala de “Medios con historia esquecida” e fálase do caso caso concreto de “El Heraldo de Vivero”, “La Voz de Ortigueira” e “La Comarca del Eo”. Estos tres exemplos sirvenlle a Xosé López para falar da prensa comarcal e sobre todo sérvenlle para exemplarizar que a prensa comarcal busca en gran medida defender os intereses das respectivas localidades onde se editan e do seu ámbito. Os medios comarcais pasaron unha gran crise durante a ditadura de Franco pero reviviron ao finalizar esta.

Por último o autor fala no terceiro apartado da estrutura das publicacións comarcais na Galicia dos 90, neste caso no momento da edición do libro. Neste apartado fálase tamén das emisoras locais de radio e das televisións locais que hai en diferentes concellos de Galicia. Estes medios nacen sempre con intereses dos propios gobernos e co obxectivo de darlle publicidade ou difusión dos diferentes temas do concello.

A prensa en Galicia estivo sempre moi vencellada ao seu ámbito local. Como demostran os datos do libro, a inmensa maioría das publicacións históricamente en Galicia foron de ámbito comarcal e local.

Hoxe en día a situación segue sendo parecida a como nola pintaba Xosé López hai 15 anos. A prensa depende da súa localidade para triunfar e as axudas institucionais están á orde do día, anque definidas de diferente forma.

No ámbito urbano de Galicia os xornais xeralistas déronse conta co tempo da importancia que tiña a sección local, o que significou que en Galicia ningún medio impreso xeralista como pode ser El País, El Mundo, etc sexa líder como si o é no resto de España. O xornal máis lido en Galicia é La Voz de Galicia segundo datos do EXM, pero nas 7 cidades galegas só é lider na cidade da Coruña. As súas diferentes edicións locais incluídas dentro do medio xeralista fixeron que se poidese consolidar como o xornal líder en Galicia. Outros xornais como El Progreso en Lugo, o Faro de Vigo, La Región en Ourense ou El Correo Gallego en Santiago tamén son líderes nas súas propias cidades grazas as súas amplas seccións de local.

Por outra banda, as axudas instucionais son un dos temas actuais de maior debate social, e entendidas noutra medida sempre foron importantes no ámbito da prensa, xa que como indica o autor moitas das publicacións desenroladas en Galicia o longo da historia da prensa foron impulsadas por organizacións ou institucións públicas que buscaban dar cabida e coñecemento das súas novas ou acontecementos de interese, cos perigos que eso conleva para a arbitrariedade e obxectividade xornalística.

Alberto Rivera Rey

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s