Escritos de un viejo indecente

Título: Escritos de un viejo indecente

Autor: Charles Bukowski

Editorial: Anagrama

Lugar de edición: Barcelona

Ano de edición: 2009

Escritos de un viejo indecente, escrito por Charles Bukowski, son unha serie de artigos e columnas literarias publicadas no xornal Open City ó longo da década dos 60 en Estados Unidos. Este autor sempre foi asociado á coñecida como Xeración Beat e considerado como unha das figuras máis representativas do realismo sucio dos anos 70.

 Como el dixo: “El  individuo bien equilibrado está loco”. E isto é exactamente o que podemos apreciar en todos os seus escritos: por un lado, unha loucura froito dunha depravación e unha decadencia impresionantes. Pero, polo outro, unha cordura plausible e indiscutible, procedente dunha narración descritiva levada a cabo cunha enorme naturalidade.

Bukowski plasma na súa obra un estilo tan brutal que non pode resultar menos que escandaloso. Horrorízao  a sociedade, a xente, o mundo no que vive… e non dubida en demostralo sen o máis mínimo reparo. Co seu estilo tan directo, sen artificios nin engadidos superficiais, contacta co lector dun xeito case sistemático. Rexeita calquera tipo de exceso lingüístico, e isto fai que cada un dos coñecedores da súa obra se mergullen na vida e nas situacións que se presentan practicamente sen darse conta.

Charles Bukowski

A dúbida é: ¿como nos mergullamos na obra deste autor? Resulta complicado concretar o que se sente cunha literatura tan controvertida como esta. ¿Quizais sentimos compaixón e tenrura por uns personaxes tan desorientados na vida e que están marxinados pola sociedade? ¿Quizais sentimos esa especie de vergoña allea ante unhas situacións tan decadentes pero ó mesmo tempo tan próximas a realidade? ¿Ou quizais simplemente antepoñemos os nosos prexuízos a todo e decidimos xulgar a eses personaxes e situacións como disparatados e inverosímiles? Sexa cal sexa a resposta está claro que unha literatura e un xeito de contar as cousas tan impresionantes non son quen de deixar indiferente a ninguén.

O autor deste libro é coñecido como o último poeta maldito da literatura norteamericana do século XX. Isto non resulta de estrañar despois de ler un libro como Escritos de un viejo indecente, repleto de detalles biográficos e, en moitas ocasións, de historias das que o mesmo autor se declara protagonista. Así  pois, utiliza o seu nome en múltiples ocasións, facendo referencias a si mesmo e incluíndose el, antes que a ninguén, nese mundo de caos, seres marxinais, drogas, alcohol, perversión, violencia, enfermidade…, recoñecendo e mostrando con orgullo que pertence a ese ambiente decadente e non á sociedade superficial e hipócrita na que vive.

En definitiva, un estilo, un libro e un autor cuxas bases son a depravación sexual, o alcohol barato e a atracción pola cultura máis sombría.

 Posiblemente, a versión underground literaria do noso “Sexo, drogas e rock and roll”.

Coral Álvarez Patiño

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s