La enfermedad y sus metáforas

Autor: Susan Sontag

Título:La enfermedad y sus metáforas

Lugar e ano de edición: Barcelona 1980

Editorial:Muchnik Editores

La enfermedad es el lado nocturno de la vida, una ciudadanía más cara. A todos, al nacer, nos otorgan una doble ciudadanía, la del reino de los sanos y la del reino de los enfermos…

Deste xeito, Susan Sontag, da comezo a unha extensa reflexión que xira en torno a concepción social das enfermidades. Os exemplos cos que a autora xoga son o da tuberculose e o do cancro. Nesta obra móstrasenos unha comparación destas dúas afeccións, asociando a tuberculose como o “mal” reinante no seculo XIX e o canro no S.XX.

Para comezar, a autora analiza a orixe  dos dous termos e amósanos que a definición primeira é a mesma: todo lo que desgasta, correo, corrompe o consume lenta y secretamente.

Esta primeira definición das enfermidades condiciona de xeito importante a visión social das mesmas. A tuberculose foi a “peste” que arrasou a europa do século XIX , mais ao evolucionar a ciencia e atopar a cura contra o mal, a importancia e o mito social que existía ao redor desta enfermidade desaparece. Sontag analiza en porfundidade as distintas asociacións que a sociedade posúe das dúas enfermidades. Asi observou que a tuberculose estaba considerada como unha enfermidade indolora, con morte fácil, e asociada aos románticos e a vida de excesos. Pola contra, o cancro foi sempre marcado por palabras como “extirpar”, “extinguir” definindoa xa como unha enfermidade de territorio. O canco afecta a todo o corpo, cunha morte moi dolorosa , e vinculase a xente que reprime os sentimentos.

A tendencia social camiñou sempre cara a asociación das enfermedades coa sicoloxía. Represions emotivas, excesos pasionais, malos pensamentos, depresións , boa vida…. Este tipo de termos o único que conseguen é que a enfermidade, non so se centra no campo físico senón que tamen merma os sentimentos, a alma e incluso o espíritu.

Pero a diferenza que exite entre estes termos non é mais que o tempo. O cancro segue sendo o mal na sociedade actual mais Sontag considera que ,do mesmo xeito que o mito que  rodeaba a tuberculose disipouse completamente ao atopar a cura, co cancro sucederá o mesmo, e asi El cáncer como metáfora caerá en desuso.

Saúl Campos Gómez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s