La Habana Flash

Título: La Habana Flash

Autor: Xavier Alcalá

Editorial: Galaxia

Lugar y año de edición: Vigo, 1998

Nos últimos días tiven a sensación de ter viaxado á illa de Cuba. A pesar da humidade e das enfermidades gástricas que asolagan o país, non lamentei ningún mal, pode que nin tan sequera pasara máis calor do que tiña pensado. Sin querelo, ou se cadra, podería decir que si, pois fun eu a que escolleu a lectura deste libro, sumerxínme nunha historia que non me pertencía. Un relato dunha singradura á illa Caribeña co obxectivo de retomar os pasos do avó do protagonista do libro, chamado Remixio, e coñecer ós herdeiros cubanos de ascendencia galega, dado que Cuba foi unha das vías de escape que adoptaron moitos galegos que fuxían da represión española.

O meu guieiro advertíume que atoparía un país atrasado económicamente, debido á ditadura na que viven, nada dunha revolución pasada que, no momento, foi unha boa solución, e que agora está afongando a sociedade.

En todo momento diferenciámonos dos demais turistas. Nós non iamos co mesmo fin ca eles, tiñamos algo máis ca fíns vacacionais. A nós importábanos a situación do país, nós queriamos vivir como auténticos cubanos, comprender os seus pensamentos cara o rexime dictatorial e cara o Comandante, Fidel Castro.

Recorrimos moitos lugares emblemáticos da cidade, como o Malecón ou as cidades de Varadero e Matanzas, mais a proposito do obxetivo que tiñamos, foi de obrigada visita ir ó Centro Galego da Habana ou ó porto de Peixiño, porto dos galegos mariñeiros que fixeron súas as cálidas augas caribeñas.

Coñecimos a moitas persoas, dado que o noso conductor tiña concertada unha serie de entrevistas que axudarían a compreder e a ter unha mellor documentación da historia do avó Remixio. Citámonos cun home que fóra compañeiro de Remixio. Un home xa vello pero coas ideas moi clara. Un home que, malia que nos insistitíu moitas veces que botaba de menos a súa Galicia natal, quedaría na illa ata que os seus ollos viran a fin da dictadura. Recordo o ben que falaba o “Mestre”, así chamado na aldea galega na que vivíu antes de fuxir cara Cuba, unha alma combatinte que non renegará de ver renacer Cuba.

Tampouco esquecerei a Aurorita e Roberto, aquel matrimonio que coñecimos na praia de Varadero, xente particular sin par. Explicáronnos que a única maneira de veranear en Cuba é trampear, así eles instálanse na casa dun empregado dun hotel que da pensión ás agachadas. Moito repetiron que foramos cenar un día con eles, e cedimos, pois somos galegos, e non queremos ou sabemos facerlle feo a unha invitación a comer. Foi despois de comer, no momento do café acompañado da copiña de ron, cando apareceu o dono do negocio, profesor titulado, e que comezou unha conversa dirixida a ilustrar os visitantes españois. O home estaba cómodo falando, tiña moitas ganar de contar, debía facer moito tempo que non encontraba xente disposta a escoitalo con tanto interés. Así soupemos que os medios de comunicación cubanos están baixo o poder do Estado, que os periodista son copista do goberno, que o Departamento de Orientación Revolucionaria é o encargado de facer os textos que berra o público durante os discursos do Comandante ou que Fidel Castro puido falecer cando a partida do tenete Sarría o localizou no monte tras unha fuxida antes de chegar a ser “Comandante en Xefe”.

Aquí remata o noso viaxe e voltamos á nosa terriña galega, mais non poderei asimilar a diversidade deste país, pola pluralidade racial, niveis sociais e económicos, o que en Europa non estamos acostumados. Esta pluralidade caótica refléxase nunha economía nacionalizada e na inevitable presencia do autoritarismo estatal e a súa represión violenta.

“Porque toda a Terra é dos homes”

Xavier Alcalá

Elena Veres Ojea

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s