“Nestes medios hiperlocales hai moito de comuniación e pouco de xornalismo”

Título: “Ciberperiodismo en la proximidad

Autor: Xosé López García

Editorial: Comunicación Social

Lugar y año:Sevilla 2008

“Nestes medios hiperlocales hai moito de comuniación e pouco de xornalismo”

Está claro que falar da acutalidade no seu senso máis riguroso é algo moi complexo,  sobre todo se temos en conta que neste preciso instante, xa están a pasar outras cousas novas. Vivimos nunha desactualización continua.

Isto  é o que ven ocorrendo de sempre, coa maior parte dos medios, pero ca chegada do “ciberperiodismo” algo cambiou, máis ben todo. Se non fora pola facilidade que este tipo de xornalismo aporta, gracias ao uso de internet, imaxes videos, a súa instantaneidade, o mundo da información estaría moi atrasado. Na época na que estamos é o momento de plantexarse o alcance de esta ferramenta, internet, con visos de arma. Polo que eu decidín basearme no libro:”Ciberperiodismo en la proximidad” de Xosé Lóepz García, e facerlle unha entrevista ao seu autor, para falar sobre a conxunción da comunicación na proximidade, e a rede. O autor Xosé López e unha persoa moi relevante dentro da comunicación, que traballou nas redaccións de: A Nosa Terra, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, entre outros medios. Actualmente é profesor  na facultade de Cienccias da Comunicación de  Santiago de Compostela, e ademáis é membro do Consello da Cultura Galega e coordinador da sección de Comunicación. A maiores é vicepresidente para a xestión das novas tecnoloxías da información. Levamos a cabo a entrevista no seu despacho, nun ambiente distendido onde este personaxe tan emblemático, recibiunos moi ambalemente para realizarlle as seguintes preguntas sobre o seu libro:

Bos días Xosé, hoxe fai cinco anos máis ou menos que escribiu o libro: “ciberperiodismo en la proximidad” e  sabendo a amplitude do campo das comunicacións, cóntenos que lle levou a elexir esta temática.

Bos días, pois sí como ben dice, hoxe tres de  novembro, hai cinco anos que rematei este traballo. A miña  liña de traballo inicial  centrouse no ámbito da investigación universitaria,e referida sempre aos espacios de ámbito local e a como se producía a comunicación neses espacios; nomeadamente a comunicación mediada tecnolóxicamente.

Apareceu tamén unha tendiencia que a min interesoume moito, xa no final de este libro, que era un pouco todo eso que algunhos autores anglosaxones denominan co termo: “hiperlocal”. Aparecen tamén neste sentido, unha serie de plataformas, que permiten a participación dos usuarios así como, tratar eses temas de proximidade  que doutra forma seria difícil que tiveran tanta incidencia.                                                                                                                      Como ben fala vostede, a través de  internet pódese traballar outro tipo de periodismo, onde o  cidadán   pode participar,  e aportar os seus coñecementos de primeira man sobre  a información, pero ata que  punto se fai realidade ese proceso de retroalimentación dentro do ciberperiodismo?

 Eu creo que o tema da participación é un tema en algunha medida un tanto mitificado, porque os usuarios poden participar, pero teñen que estar preparados,  teñen que ter tempo e  teñen que entender o que transmite cada medio ou  identificarse con él. É dicir hai  hai ter unhas condicións de seguemento, ou unhas condicións base de actualización para poder  relaizar esta actividade. Ao mesmo tempo, tamén hai un segmento da poboación bastante reducido que tamén participa, pero  cando algo  lle afecta ou indigna. Evidentemente tamén hai outra xente que pode participar e non o fai.

Pensa vostede que esta nova  iniciativa  de ciberperiodismo activo, por parte dos usuarios, pode ser unha alternativa frete a  sobreinfomración, e en  definitva a este “ruido” ao que estamos expostos?

Bueno  eu creo que de feito é unha alternativa, no sentido de que amplía o escenario e as posibilidades de actuación. Esto non quere dicir que porque esxista esa posibilidade, haxa máis medios locales, ou que eses medios de proximidade  realmente destinen máis recursos a facer bo xornalismo. Nestes medios hiperlocales hai moito de comuniación e pouco de xornalismo, por tanto, son modelos que responden un pouco as carecteristcas  dos  negocios que existen agora na rede, e as necesidades dos mesmos,  onde hai moitas dificultades  para conseguir retornos ou ganancias, tanto nos  ámbitos locales como nos ámbitos hiperlocales.

O que se  produce en realdiade é a apertura de ventas para que os usuarios poidan participar, pero realmente o que se da, é máis conversación que  información periodística, con maior ou menor calidade segundo os casos.

Falando desta maior e menor calidade da información, e mencionando unha cita dun autor do seu libro, “De Pablos”, corrobora vostede a afirmación, que este xa dixo no 2001,de que o periodismo estaba atravesando unha seria crise?.

 Bueno, o periodismo leva moito tempo en crise, se nos atemos  as lecturas de diferentes autores, desde a propia aparición do periodismo, e sobre todo o moderno, constatamos que hai moitas referencias á súa crise. Non cabe dúbida que sobretodo no último tercio do seculo xx, é una crise máis agudizada porque conflúen  diveros aspectos, non só  propios do debate periodístico, senon tamén do entrono tecnolóxico e económico. Esto leva ao xornalismo a un estado casi constante de crise, onde se enfrenta a varias dificultades, non só  no aspecto conceptual, de perceptiva ou de principios xornalísticos, senon tamén  a unha crise do propio negocio da comunicación, e don negocio das  empresas periodísticas.

 Cre vostede que o novo camiño  que están a abrir as novas tecnoloxías,  sobre todo na telefonía móvil é adecuado para o xornalismo,  ou se afasta  cada vez máis do tratamento persoal que ofrece o “corre ve y dile”?.

Eu creo que non, que vai depender moito das características e da vontade dos proxectos e dos productos e realmente do que se quiera facer. As tecnoloxías abren posibilidades e marcan tendencias. É certo que  facilitan unha serie de cousas e que dificultan outras, pero eu creo que  nesa medida, as tecnoloxías  agora mesmo están dicindo: estamos aquí!. É dicir, hai unhas posibilidades de facer e  realmente hai espacio para intentar facer, unhas iniciativas de bon xornalismo. Aproveitemoslas e deixmeos que se difunda polos diferentes canles, e que se acceda a él a través das diferentes plataformas.

Cre vostede que acabaremos  falando da actividade do periodista de proximidade en pasado, é dicir deixando de lado o contacto  do periodista ca fonte?                                                                                                             Bueno, eu creo que o contacto do periodista coa fonte,  non o deberían impedir as tecnoloxías. É certo que na profesionalización do mundo da comunicación, hai moita comunicación corporativa e todos os actores están continuamente xerando información,  pero o papel do periodista é ir de novo a esas fontes. É dicir o seu papel segue sendo: ir- ver – e contar é máis, é: ir -ver –verificar – e contar. As noticias están nas persoas que realmente viven na sociedade, non están nas  tecnoloxías nin nas empresas.

Agora que xa vamos coñecendo un pouco máis sobre os importantes beneficios de internet no proceso da comunicación, poderíamos dicir que o ciberperiodismo xa saliu das probeta da experimentación?                                                                                                                                       O ciberperiodsimo está nunha fase de maduración porque realmente son poucos os anos que ten de vida, dende o 94-95, e por tanto son anos de moitos cambios e  trasnformacións. Pero non cabe dúbida, que é unha actuación periodística que ven, para quedarse. O futuro, iráse construindo día a día e dependerá un pouco de cómo se afronten eses desafíos  pero está claro que o ciberperiodismo está nese futuro.

Como ben sabe, o medio dixital cada vez lle come máis terro ao papel, ou polo menos lle avantaxa en recursos, pero sinque teña coste algún para nosos  bolsillos. Cal sería a súa opinión ante a  proposta de poñer unha cuota de pago para poder disfrutar dos medios dixitais, Vostede pagaría por ler un medio dixital?

Ben, depende do que me ofrezan como vostede ben sabe, hai  experiencias de todo tipo, o que pasa é que hai que analizalas  unha a unha. Por exemplo o Wall Street Journal é un modelo de xornal rentable. Eu creo que no futuro convivirán iniciativas de pago con iniciativas en aberto. As inicaitavas en aberto serán esas, as que podamos acceder todos, e que nos darán infomración xeral onde haberá moito ruido. Esperemos pola contra, que as que  sexan de pago pois que realmente nos den esa  información que máis necesitamos para actuar, e máis especializada. Eu tamén pago polo  teléfono, é dicir, si co  xornal dixital tamén me ofrecen o acceso a unha serie de medios de comunicación, por suposto que pagarei, como non vamos a pagar!, se  pagamos por casi todo. Outra  cuestión é o prezo, e  a información  que nos ofrezan.

Xa para rematar esta entrevista, gustaríame saber que opina vostede desta frase sacada do final  do seu libro, de Tom Wolf: El periodismo no morirá aunque las noticas se difundan en  internet.

Bueno ,eu creo que o periodismo é periodismo ao marxe dos soportes. É unha  técnica  de  comunicación social moi digna cunha  preceptiva e cunha formade facer información moi a arraigada na sociedade, dentro de outras moitas no  ámbito da  comunicación. Do que ten que preocuparse o xornalismo sexa cal sexa o soporte, é de garantizar que siga sendo útil a nosa sociedade. Se o único no que nos convertimos, é en malos funanbulistas,  pois nin divertiremos nin infomromares, e a nosa principal  misión é informar non divertir.

Moitas gracias Xosé, polo seu tempo, e esperemos que Tom Wolf teña razón. Moita sorte cos seus futuros proxectos, e que sexan tan ilustrativos como este.

Gracias a vostede e sí, esperemos que Tom Wolf teña razón.

Lucía Álvarez  Gromaz.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s