A viaxe do emigrante

Título: Emigrantes

Autor: Shaun Tan

Lugar de edición: Hachette Livre (Australia)

Ano de edición: 2006

Editorial: Barbara Fiore

¿Qué é o que leva a tanta xente a deixalo todo atrás para viaxar cara un país descoñecido, un lugar no que non teñen familia nin amigos, onde nada ten nome e o futuro é unha incógnita? Esta novela gráfica sen palabras é a historia de calquera emigrante, refuxiado, desprazado, e unha homenaxe a todos os que realizaron a viaxe.

Así reza a parte traseira de Emigrantes onde se recollen as únicas palabras desta novela gráfica de Shaun Tan.

 Son moitas as imaxes que poderiamos escoller para ilustrar o que este conto para adultos quere transmitir. Emigrantes narra a historia dun pai de familia que debe marchar do seu fogar para ir a un lugar novo en busca dunha oportunidade. O medo e a estrañeza ante un lugar diferente no que a lingua, os costumes e ata os animais son distintos están reflectidos sen palabras nesta novela gráfica que nos axuda a “comprender a incomprensión” que viviron e seguen vivindo os emigrantes.

 Para mostrar unhas pequenas pinceladas do que é esta novela gráfica, escollín algunhas das imaxes máis representativas do álbum.

Esta imaxe é unha das primeiras do álbum. Aquí podemos ver como o marido se despide da súa muller antes de partir. Se observamos con detemento a imaxe podemos apreciar algúns detalles como a maneira na que se collen as mans, que simboliza a dura separación da parella. Tamén vemos como hai tres cadeiras a redor da mesa, o que nos fai pensar que teñen un fillo. Outros detalles que vemos no fondo da ilustración son o sombreiro que simboliza a inminente partida, os debuxos da filla, a pomba da paz como símbolo de liberdade ou o reloxo que mostra o paso do tempo que nese intre estase a acabar.

Nesta ilustración móstrase o medo e a desesperación que se infiltra en todos os  recunchos da sociedade. Esta desesperanza é o que obriga o emigrante a partir, xa que tanto el como a súa familia se senten pequenos e insignificantes ante esta situación (de feito podemos velos nunha esquina da imaxe onde a sombra negra ocupa o papel principal).

Non escoito, non entendo, non sei o que teño que facer… como pode un estranxeiro facerse entender nun lugar onde ninguén fala o seu idioma? Todas estas emocións son as que consegue transmitir Shaun Tan nestas doce imaxes, onde se mostra a desesperación do home ante a imposibilidade de facerse entender.

Un novo pais onde todo é diferente: os edificios, as rúas, as estatuas… imaxinádesvos nun lugar coma ese? Esas figuras que vemos na imaxe e que nos resultan tan estrañas e irreais é a maneira na que a realidade se lle presenta a unha persoa que acaba de chegar a un novo lugar. Con este tipo de figuras que Shaun Taun mostra o largo do seu libro, é capaz de transmitir o lector a estrañeza ante algo que para un emigrante resulta tan diferente e descoñecido.

Animais que nunca antes vira, mapas imposibles de interpretar e máquinas raras son algúns dos atrancos que se atopa este emigrante nos seus primeiros días nese novo lugar. A axuda das persoas que alí viven é vital para poder comezar a desenvolverse e entender o funcionamento desa nova sociedade e dos seus costumes.

Con Emigrantes comezaremos unha viaxe escapando dun lugar con sombras ata chegar a un pais diferente. Estas imaxes pertencen o inicio desta viaxe cando o emigrante (e nós con el) comeza a entender e a adaptarse a esta nova vida, botando sempre de menos a súa familia e o seu fogar.

Para os que queiran descubrir como remata a historia deixo estes links nos que se pode ver esta novela gráfica cun pequeno texto o pe (que non pertence a Shaun Taun) : capítulo 1, capítulo 2, capítulo 3, capítulo 4, capítulo 5 e capítulo 6.

Claudia Cid Nieto

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s