Non só camiñando se fai o Camiño

Autor: Luis Carandell

Título: Ultreia

Lugar de edición: Madrid

Ano de edición: 1998

Editorial: El País Aguilar

 

Luis Carandell foi un xornalista que empezou a súa traxectoria profesional dende moi novo. Destacou a súa labor como escritor en diferentes xornais e como cronista parlamentario. Un bo exemplo das súas crónicas témolo no libro Ultreia que trata sobre o camiño de Santiago. Unha obra que comeza no Pórtico da Gloria un 25 de xullo, día do Santiago Apóstol, onde unha multitude de xente desexaba entrar na catedral para cumprir o ritual de poñer a man nas pegadas centenarias. Carandell explica a súa faceta de “viaxeiro” ao longo de case 900 quilómetros como un peregrino diferente que chegou a Santiago de Compostela en coche e cun espírito pouco relixioso.

Dende que Carandell partiu de Somport foi analizando cada un dos detalles que pasaban por diante dos seus ollos, aquí non hai experiencias extenuantes nin loanzas ás vexigas dos pés, senón información, historias e anécdotas de diferentes épocas. Aínda que el facía a “Vía Láctea” cunha interiorización totalmente laica, coñecía perfectamente toda a historia eclesiástica que envolve o camiño de Santiago. Nas palabras deste xornalista non falta a voz dos peregrinos que atopou na súa aventura, declaracións de monxas e sacerdotes que lle aportaron as súas sabedorías, opinións de antropólogos e outras tantas persoas anónimas que por unha ou outra razón toparon con el e decidiran facer a ruta que desemboca en Compostela.

Gastronomía, mitos e lendas foron os principais focos de interese do noso viaxeiro. Usou a verba para poder coñecer todo aquilo que está detrás de cada fabula, de cada localidade que escondía algunha historia de aparicións ou milagres que o Apóstol fixo para os veciños e por esta razón son moitas as vilas que teñen representación do santo. É moi evidente na lectura a admiración do autor cara todas aquelas persoas que axudan nos albergues de forma desinteresada, que teñen as portas das súas casas abertas para todos aqueles camiñantes que queren un prato de comida e tamén cara aquelas  asociacións que foron xurdindo ao longo da tradición que envolve ao Camiño de Santiago.

Carandell é dese tipo de viaxeiros que teñen esa ansia por velo todo e á hora de escribir quere contar a esencia de cada particularidade pero dándose conta de que non pode aburrir ao lector. Logra enganchar e fai que a persoa que le “este caderno de viaxes” vaia imaxinando o sendeiro de monumentos e paisaxes que separa e une ao mesmo tempo Somport de Santiago de Compostela.

O xénero da crónica vese perfectamente reflectido neste libro, referencias constantes ao tempo, uso de fórmulas de enlace para dar continuidade, a versión do autor está presente grazas ás experiencias vividas en primeira persoa, continuas apelacións á situación xeográfica e hai un relato que segue un sendeiro xa marcado á hora de narrar: O Camiño de Santiago.

Beatriz Yáñez Castro

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s