Camiñando na simbiose de dous mundos: xornalismo e literatura

 

 

El cuento es la noticia Conxunto de relatos de varios autores

Ano de publicación: 2001

Editorial/ colección: Páginas de espuma / Voces

 

 

Ás veces non é doado diferenciar entre as historias que forman parte da realidade e as que xorden a través dunha idea que nunca tivo ningunha relación cos feitos reais. Neste libro móstrase a simbiose que ten o mundo real, no cal xorden as noticias, e a ficción. Así, un feito que aconteceu pódese transmitir cos adornos propios da literatura facendo da mesma un relato incrible. Incrible de dous xeitos. Por unha banda, algo do que non se pode dar creto e, pola outra, fantástico, moi bo; algo que non se conseguiría seguindo os esquemas propios da noticia. Neste libro vintedous  xornalistas crean cadansúa historia a través de técnicas propias da literatura. Entre os relatos é moi complexo definir se forman parte dun acontecemento real ou non.

A partir destas obras, estes profesionais da elaboración das noticias mostran as súas habilidades á hora de redactar creacións literarias. Ademais, destas obras tamén hai que sinalar a importancia do prólogo que completa a obra xa que permite interpretar dende un punto diferente cada un dos relatos. Nel Eugenio de Nora remítenos a pensar na orixe común entre o que agora diferenciamos como relato, conto e canto. Destaca de todos eles un vínculo común: a simple necesidade de expresarse.

Posteriormente enuméranos os xéneros xornalísticos e mostra un representante de cada un deles. Recorda así a grandes xornalistas e escritores como Truman Capote. Ao finalizar mostra a seguinte frase que enlaza dalgún xeito a realidade do xornalista e a ficción do escritor: “El buen periodista necesita poseer dos características básicas, imprescindibles: capacidad de observación y concisión, concentración, en el estilo. Ambas tambiénprimordiales para el gran narrador.” E ademais matiza o don da observación mediante uns presupostos filosóficos.

Entre todos os relatos destaco un narrado por Carlos González Reigosa. Neste relato titulado S.O.S amigo o autor móstranos a un rapaz que saca á luz o forte que é el máis o seu amigo.Pero ese amigo é un xornalista. Un profesional que esta en apuros pero que segue loitando pola súa vocación. Así pois, o protagonista do relato sempre salienta que sexan os mellores, mais o final completa a frase dicindo que son os mellores pero na súa propia autoestima. Neste relato repásase dalgún xeito a represión que sufriu España no réxime franquista.

O seguinte texto recolle a esencia de todo o relato:

“Creíamos que estábamos a salvo porque estábamos encima, porque poseíamos los mejores valores en el mercado de la ilusión, porque habíamos sido elegidos para protagonizar el gran sueño -que sigue siendo el de satisfacer una vocación- pero nos equivocamos: más tardeo más temprano, uno tiene que mostrar que es quiendice ser.” Finalmente remata enumerando todas as cosas que teñen a favor para triunfar no seu soño. Entre elas destaca o desánimo, a desconfianza,a debilidade…

Este xornalista ten unha bibliografía ampla con títulos como Crime en Compostela co que da comezo á novela negra en galego e co cal mantén a técnica do relato que publica neste libro.

Outras obras que non pasan desapercibidas ao lector tras a súa lectura son:

El convite. Neste relato móstrasenos a actitude dunha enfermeira que se reencontra cun antigo noivo no hospital, xa que este precisaba un transplante. Tras a recuperación do mozo teñen algún encontro, a pesar de ter outras relacións. Nunha destas citas ela convídao a cear. Despois da velada el comezou a sentirse mal e sen folgos polo que ela lle aclara algún detalles da cea. Así, coméntalle que cociñara para a cea o seu órgano transplantado (era un fígado) pero que non había ningún problema xa que os resultados da análise determinaran que era un cancro benigno.Durante todo o relato a situación parece ser real e, polo tanto, baseada en feitos reais. Pero o esencial da cuestión esta na última folla do mesmo que é onde ela explica a situación polo que así vaise transformando en algo que forma parte da ficción.

No tocante á redacción da historia é moi detallado e perfilase a situación detalle a detalle a través da descrición. Por outra banda, consegue inserir ao lector. Ao igual que neste relato no escrito por Fernando MartínezLeínez, Amanita para empezar consegue o mesmo efecto no lector. Esta historia está protagonizada por dous antigos amigos. Un deles intenta vingarse do outro por non devolverlle uns favores dunha maneira rara e a través dun convite protagonizado polas setas. Unha delas denominada Amanita provoca a morte do outro amigo.

En resumo, este conxunto de obras literarias achégannos ata un mundo no cal convive a realidade e o mundo das ideas. Ademais, permítenos ver como cada un dos xornalistas empregan as súas capacidades para crear literatura mostrando así que esta dúas facetas non se exclúen senón que se complementan.

 LaraLozano Aguiar

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s