Cartas de republicanos galegos

Título: Cartas de Republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)

Autor: Xesús Alonso Montero

Lugar de Edición: Vigo

Ano de edición: 2009

Editorial: Xerais

Cando atopei este libro na biblioteca non o duvidei dúas veces e collino. Pareceume interesante que alguén se adicase a facer este traballo de investigación tan complicado á vez que elaborado. Pero como di o refrán, non se pode xulgar o libro pola portada, así que o collín e comecei a lelo. Ao principio pensei que sería un libro normal, cunha historia, cun argumento de introducción, nó e desenlace, pero non. Eran simplemente cartas, só cartas de republicanos galegos que foron condenados a morte nos tempos da Guerra Civil.

O máis impresionante de todo é que o autor ocupouse de transcribir as cartas letra por letra, sen modificacións con o seu código lingüístico coloquial, co seus erros gramaticales etc.

Cando lía as cartas quedei abraiado co sentimento que se expresa nelas, cando as lía podía imaxinar o ton co que estaban escritas, o sentimento de desacougo e pena que nelas se plasma.  Porque non hai que olvidar que son despedidas de condenados a morte que ao día seguinte xa non ían estar, que xa non volverían a ver á súa familia, aos seus amigos de sempre. Outra cousa que tamén me chamou a atención, foi os innumerables testamentos que se fixeron. A necesidade que se tiña nesa época de deixarlle un porvenir á súa familia, da responsabilidade que se daban estes homes en manter a aqueles que deixaban e que non ían volver ver.

Se tivera que pronunciarme e escoller a carta que máis me gustaou, sería esta:

PEPE MIÑONES Á MULLER E ÓS FILLOS (30-11-1936)

            Para Maruxiña y mis cuatro hijitos:

 Ya ves, Maruxiña de mi alma. Esto se va a acabar. Desde que te escribí mi carta de despedida, se prolongó la agonía y el dolor todavía un mes. Ahora, reconcentrado mi pensamiento en ti y en nuestros hijitos, en la noche que voy a morir, nada tengo que agregar a mi carta anterior. Sólo pedir a nuestros hijitos, por tu mediación, que estudien mucho, y que te ayuden porque lo has de necesitar. Desde mañana, Maruxiña querida te falto yo.

 Me tortura, neniña del alma, el pensar si no te hice feliz. ¿Por qué había de ocuparme tanto de los demás, teniendo en mi casita toda la felicidad? La felicidad esras tú, mi santa, que eres un ejemplo de mujer. Yo no fui malo; pero debí pensar en que la política y todo nada significa, al lado de esa Fortuna que me había deparado Dios. Puedes creer, Maruxiña mía, que te quise como nadie te hubiera querido; que eras todo para mí.

Encauza la vida de nuestros hijitos pensando en ellos solamente, ya que en mí, desde ahora, no tienes que pensar, más que para pedir a Dios. Apártalos de la política; y si han de trabajar en negocios, frénales la imaginación, que a mí me fue perjudicial. Que trabajen pensando en ti, y, cuando tengan que casarse, que no piensen más que en llevarse una buena mujer. Ese tesoro lo encontré yo. Ayúdales a buscarlo, y cuando sean mayores, explícales mi vida, con mis éxitos y fracasos, mi calvario, para que recojan lo bueno y corrijan lo malo que tuviese.

 Acordaros de mí, Maruxiña. Rezad por mi alma. Y piensa que a mí me agradará cuanto en la vida te haga feliz.

¡Adiós, Mujercita e hijitos de mi alma! En vosotros quedan toda mi ilusión, mis recuerdos, y todas mis horas de felicidad.

Adiós para siempre, Maruxiña, santa mía. No puedo con mi cabecita pero no quiero dejar de escribir.

¡Adiós neniña de mi alma e hijitos de mi corazón!

Siempre con vosotros, aún en la Eternidad, vuestro Pepe

Lendo esta carta, un dase de conta perfectamente os sentimentos que nese momento lle pasaban a Pepe pola cabeza, e as ganas que tiña de que a súa familia fose feliz sen el, e que non quería que os seus fillos pasasen o calvario que el está a pasar e que rematará ao anoitecer, cando o chamen cara ao paredón e o fusilen. Paréceme impresionante que unha persoa que está a punto de morrer tenga a enteireza necesaria para escribir unhas letras á súa familia e pedirlles que sexan felices sen le, que lle recen e que se lembren, é sorprendente que fale da morte como algo que vai pasar e que non ten máis remedio que aceptalo.

Para rematar, teño que mencionar que esta carta é unha das moitas que neste libro aparecen e que son dignas de mención neste artículo, pois todas están cheas de sentimento, de amor, de tristura de ganas de querer saír xa dese mundo no cal están metidos e pensan que é soamente un terrible pesadelo.

Recomendo este libro a calquera persoa que queira saber de verdade o que pasaron estes condenados a morte durante a Guerra Civil, e para que lles sirva, como me servíu a min, para darme de conta a de xente que morreu por conseguir a situación actual do noso país e que non morreron en vano.

Carlos Asensio Castro

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s