De la revolución rusa en 1917

Autor: Sofía Casanova

Titulo:  De la revolución rusa en 1917

Editorial: Renacimiento

Lugar edición: Madrid

Año de la edición: 1917

[…]Los tiempos no son para secretos diplomáticos. Las cancillerías y los ministerios no tienen puerta ya. Si en primavera nos atacan los rusos o alemanes, volveremos al trance del peligro espantoso, porque Polonia, que tiene los más sufridos y heroicos hijos, carece de medios militares ¿Francia nos enviará armamento?[…]

       Sofía Pérez Eguia y Casanova de Lutoslawski foi a primeira muller española corresponsal de guerra. Casou cun intelectual polaco, Vincent Lutoslawski, e desprazouse con él ao seu país natal. Estando en Centroeuropa, vive en primeira fila os acontecementos máis importantes do século XX. Entre eles a revolución rusa de 1917.

A obra que agora vou analizar abarca dende as primeiras revoltas bolcheviques no 1905 ata a revolución rusa de 1917. O libro  é unha recopilación de textos que Sofía envía dende o norte de Europa ao xornal ABC, aínda que tamén podemos atopar textos de corte sentimental no compendio. Dende a súa posición estratexica, polaca de adopción, vese inmersa nos maiores feitos históricos de seculo XX.  Unha das cousas que máis cómpre destacar é que Sofía saiu ilesa de todas elas, e chegou case a vivir 100 anos.

Dos textos que escribe Casanova , podemos observar  trazos que son comúns a todos eles, o catolicismo, a súa controvertida ideoloxía, o realismo… Casanova é unha muller que se define como católica e practicante e en moitos textos fai alusión a Deus e pídelle axuda.

 A ideoloxía da escritora, no momento, posicionábase a favor do pobo; en moitos textos que ela escribe mostra unha clara afinidade ao movemento bolchevique; as revoltas de 1905, e as manifestacións populares. Influida tamén polo seu marido, adquire unha posición ultranacionalista con respecto a situación do seu país de acollida. Pola contra, nos textos nos que fala da saudade e da morriña que sente, non se pode observar que a xornalista e corresponsal de guerra extrapole a situación e a aplique na súa terra natal. A fluidez , a claridade, a espontaneidade e o afán comunicativo predominan nos seus textos. En moitos casos ata parece que estamos a ver o que ela mesma viu. Cómpre salientar que nalgúns dos textos amosanos unha actitude un pouco pexorativa cara as mulleres. Un dos feitos que máis rexeitou foi que, cando os militares se uniron ao pobo na revolta do bolcheviques, estes entregaronlle armas ás mulleres, e ela consideraba que ese non era o lugar dunha muller.

Sofia Casanova é unha das figuras xornalisticas esquecidas na actualidade. Ainda que existen estudos sobre a escritora, apenas se coñece a súa existencia. A importancia que tivo ao longo da historia de europa é indubidable, e sobre todo, destacar as capacidades comunicativas e sociais que posuía e que  fixeron que a ferrolana estivera sempre na primeira liña informativa.

Saúl Campos Gómez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s