Recordos da Guerra Civil

Título: Esperando a Robert Capa

Autora: Susana Fuentes

Ano de edición: 2009

Editorial: Planeta

            Unha historia de amor que transcorre no París de entre guerras e atopa a súa culminación na Guerra Civil española. Unha historia marcada polo fotoxornalismo así coma polo xornalismo gonzo levado ata os seus extremos máis insospeitados.

  Os dous personaxes principias, Robert Capa e Gerda Taro, viven a súa xuventude nun ambiente hostil e complexo do que só son capaces de abstraerse mediante as súas dúas grandes paixóns: a parella que forman e a fotografía. Cando están xuntos para eles nada máis existe e o mesmo lles acontece cando revelan os seus traballos. O delicado proceso amósase no libro en varias ocasións, o personaxe que o realiza encérrase nun estudio improvisado (xeralmente un cuarto de baño) e atópase fronte a fronte coa súa creación, sen distraccións, sen ataduras de ningún tipo.

O personaxe de Robert Capa foi nun primeiro momento un invento da parella. As fotografías asinadas baixo ese pseudónimo eran obra de calquera dos dous. Cando se distanciaron Endre Ernö Friedmann continuou empregando este sobrenome,algo que non sentou moi ben á súa compañeira. Descríbesenos neste momento da historia algo polo que seguramente os novos xornalistas pasaremos en canto saiamos á realidade: os cambios de firma.

Baixo a firma de Robert Capa quedaron gravadas moitas fotografías feitas pola moza e que en moitas ocasións non se lle recoñecen como propias, a pesares de que neste caso en particular sabemos que o alcume foi compartido por ambos durante unha tempada.

Relátase tamén o sentir do fotógrafo ao ver morrer un home ante os seus ollos dun xeito tan frío. Falamos aquí da famosísima foto Morte dun miliciano, probablemente a ilustración máis coñecida da Guerra Civil. Logo de tomar esta fotografía o autor sente consigo unha gran frustración, aparece entre nós aquí un gran dilema: ¿Que facer? ¿Seguir co noso traballo ou tratar de salvar a vida dun ser humano? A opción escollida polo húngaro foi a primeira: agarrar forte a súa cámara e tentar sacar o mellor reflexo posible da realidade. Nese momento non pensou que o que estaba facendo ía ter para si as consecuencias que rematou tendo, tanto a nivel profesional coma persoal: converteuno en toda unha icona da fotografía mais os remordementos de conciencia pola morte daquel home eran constantes.

            Mediante estes dous personaxes ensínasenos que debido á nosa profesión as veces temos que facer difíciles escollas. Plantéxase no relato o caso máis extremo, que é o de elixir entre informar ou vivir. As veces a información atópase nos lugares máis perigosos e debemos arriscarnos se o que queremos é conseguila, pero pode que no intento perdamos o máis prezado, a vida. Isto foi o que lle aconteceu a Gerda Taro, a cal lle foi aricanda a súa vida cando volvía de cubrir un ataque na soada batalla de Bruenete. Anos máis tarde, aínda que non se relate no libro, Robert Capa tamén faleceu cubrindo unha reportaxe sobre a guerra de Vietnam.

            Nos últimos meses están a aparecer diversas noticias sobre a figura de Robert Capa nos xornais e suplementos culturais pola aparición dunha maleta chea de fotografías do autor. Para saber máis sobre este descubrimento pinchar aquí.

Pedrouso Areán, Ángela.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s