Aillados. A memoria dos presos de 1936 na Illa de San simón.

Título: Aillados. A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón.

Autor: Antonio Caeiro, Juan A. González e Clara Mª. de Saa

Ano de edición: 1995

Lugar de edición: Vigo

Editorial: Ir Indo

Aillados. A memoria dos presos de 1936 na illa de San Simón. Trátase dunha reportaxe documental que nos translada aos anos máis escuros da pequena Illa de San Simón. No concello de Redondela. No ano 1936 esta illa, anteriormente cenobio, e posteriormente lazareto, é convertida en centro penitenciario polas forzas de represión franquistas ao comezo da guerra civil española en 1936. Dende entón e ata 1943 foron moitos os centos de presos que chegaron á illa de san Simón. A maioria eran galegos, pero tamén os había de outras partes de España. Moitos dos detidos que chegaban á illa, xa nunca volverían saír dela. O libro mergúllanos de cheo no ambiente vivido polos internos deste campo de concentración cerrado polas ondas do mar. Os fusilamentos, a enfermidade, a dor, a tortura e a desesperación, están presentes en todo momento. Todo isto, cravou na memoria dos superviventes un recordo que xamais se poderá borrar, e que se recupera neste libro.

O libro Aillados, a memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón, nace da man de Antonio Caeiro, Juan A. González e Clara Mª de Saa., todos eles profesionais da historia e da comunicación. Estes, comezan a investigación en 1987, cando coñecen a algúns presos galegos que foran recluídos na illa de San Simón durante a época da guerra civil. O seu único obxetivo, era a elaboración dun video-documental baseado en testemuños directos de ex-convictos que puidesen dar unha idea, o máis clara posible, dos sucesos vividos na illa. O documental remataríase en 1988 coa colaboración da universidade de Santiago de Compostela, e trataríase do primeiro documental galego baseado na historia oral. Acadou un grean éxito. Pero non rematou aquí o traballo dos autores, e a investigación proseguíu coa intención de realizar unha segunda edición do documental. Desta vez, a colaboración de todos foi ainda maior, e ás fotografías ou debuxos que xa había, aportáronse textos de todo tipo escritos polos propios presos, ademais de outros documentos interesantes. Os investigadores tamén puideron acceder aos expedientes procesuais de moitos antigos reclusos, o que achegaba moitisima información. Foi neste momento cando os tres autores viron a posibilidade de crear un libro que recollese todo o material gráfico e documentos, así como textos e testemuños dos propios presos que por diversos motivos non tiñan cabida no soporte videográfico. Nace así Aillados. A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón. O libro pódese establecer como elemento complemetario do video-documental Aillados. Aínda que ao meu parecer, tamén é individualmente un gran recurso bibliográfico á hora de buscar información sobre o acontecido en Galicia en tempos de guerra. Ou simplemente podemos consideralo como un excelente material histórico do que botar man no caso de ter interese no sucedido nesa época.

O libro Aillados, componse basicamete de testemuños orais de presos de San Simon, de ilustracións e fotografías realizadas en moitas ocasións clandestinamente polos mesmos reclusos, e de textos escritos na prisión que incluen narracións, poemas, memorias e mesmo un diario. Todo isto complementase con moitas aclaracións, e con apéndices formados por fichas persosais dos expedientes carcelarios dos convictos ademais de recortes de prensa da época. O libro está organizado en cinco capítulos ou “documentos”.
O primeiro capítulo esta formado por narracións orais nas que os protagonistas contan o sucedido na súa deteción e nos anos de reclusión vividos na Illa.
O segundo capítulo chamado “Unha traxedia española” recolle as memorias de Ángel Fernández del Río. Membro da fronte popular en Cangas.
No terceiro documento reprodúcese o diario que escribíu Bienvenido Lago Cid no tempo que estivo na cadea.
O cuarto capítulo está formado por textos de todo tipo e debuxos realizados polos presos na illa. O último recopila numerosas fotografías realizadas na prisión de San Simón, e feitas de forma clandestina polos presidiarios case na súa totalidade.

Estamos ante un libro de moitísimo interese. Rescata do pasado unha época escura da nosa historia, olvidada habitualmente, para que xa non poida caer de novo no esquecemento. Os testemuños directos, fan que nos mergullemos profundamente no vivido polas vítimas do franquismo naquela pequena illa alonxada do resto do mundo. As narracións son estremecedoras en moitos casos, e proporcionannos unha idea dos sucesos e das vivencias persoais da xente que foi recluída na Illa de San simon. Ás pésimas condicións de vida sumábase a incertidume, o medo e a angustia que describen perfectamente os protagonistas. As visitas nocturnas para levar a alguén ao “paseo” eran especialmente temidas, pero por desgraza moi habituais segundo os distintos testemuños. Por exemplo, Bienvenido Lago Cid conta no seu diario como celebrou a noiteboa na prisión ceando cuns compañeiros. Dous días despois conta como todos eles foron executados. Tamén me chamaron especialmente á atención os relatos nos que os antigos presos contan a chegada á illa de moitos centos de anciáns procedentes de outras prisións españolas. Estes en arrepiantes condicións de saúde morrían a ducias día a día por falta de alimento, sanidade e hixiene. Un panorama dantesco, segundo describen os protagonistas. É tamén digno de meción o “Padre Nieto”. Un sacerdote que se encargaba das cuestións relixiosas na illa e que é recordado polos presos pola súa conducta sádiaca e pola súa maldade. Tamén se fala dos intentos de fuga rematados en fracaso, ou da difcultade para a realizar visitas ao cárcere. A emoción que chegan a transmitir os diferentes relatos e documentos transpórtannos a un escuro e duro pasado. Un pasado no que a dor e o sufrimento teñen a súa patria na pequena illa. Un pasado rescatado en boa parte neste libro e que viviron os presos de San Simón polo feito de teren ideas distintas aos seus carcelarios.

Daniel Santalla Silva

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s