11M, cómo la Yihad puso de rodillas a España

Título: 11M, cómo la Yihad puso de rodillas a España.
Autor: Miguel Platón
Editorial: La esfera de los libros
Ano de edición: 2005
Lugar de edición: Madrid

A organización deste libro é moi desigual. Existe un capítulo sexto que nin aparece no índice. Ábrese cunha exposición dos antecedentes que lle permiten ao lector situarse en materia. Ao final da obra atopamos un epílogo de dez preguntas que dan énfase a opinión do autor e serven de peche resumo desta reportaxe.

O 11 de marzo de 2004, sucedeu un dos maiores atentados da historia de España. Terroristas da Yihad islámica asasinaron en Madrid, na estación de ferrocarril de Atocha, a case 200 persoas e deixaron feridas a máis de 1.600. O obxectivo deste atentado terrorista era forzar a retirada dos militares españois da guerra de Iraq. Estas tropas non participaban, nin interviñeran, senón que facían tarefas de seguridade e de apoio á poboación iraquí. A única posibilidade que tiñan de lograr os seus obxectivos era conseguir un cambio de Goberno en España, e por esa razón o atentado, que foi levado a cabo soamente tres días antes da  celebración dunhas eleccións xerais (14 marzo de 2004).

Os terroristas conseguiron o seu obxectivo. Aínda que todas as enquisas  daban por gañador de novo ao Partido Popular, produciuse un cambio na opinión que lle permitiu ao Partido Socialista de José Luis Rodríguez Zapatero converterse no vencedor o 14 de marzo. Con todo isto, os novos gobernantes retiraron as tropas do país asiático. A pesar da retirada das tropas, isto non serviu de vacinación contra o terrorismo islamita. Por outra banda, non hai evidencias de que detrás deste atentado se atope a organización terrorista ETA que moitos crían tamén culpable.

Foi a primeira vez, na moderna historia española, e incluso europea, que un grupo terrorista conseguía poñer a súa vontade a unha democracia. As consecuencias non se fixeron esperar. A situación internacional de España sufriu un retroceso moi grande con respecto á que tiña antes deste acontecemento.

Neste libro, Miguel Platón ofreceu a investigación desta crise política desde a dirección da axencia informativa EFE, o que lle deu acceso a gran información que quizais doutra maneira non obtería.

O autor de Melilla verteu, ademais, a súa longa experiencia nos medios de comunicación para dar a coñecer esta profesión e como sobrevivir no mundo xornalístico. Ensínanos nesta obra os trucos e a intelixencia cos que os máis atrevidos se moverán ao seu antollo valéndose da súa ousadía.

http://www.youtube.com/watch?v=xyQQ3xfB3eA

María Dapía

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s