Encuentro con el Otro

Título: Encuentro con el Otro

Autor: Ryszard Kapuscinski
Ano de edición: 2006
Lugar de edición: Cracovia
Editorial: Anagrama

En Encuentro con el Otro, Kapuscinski fálanos da importancia das realacións interpersoais, ou mellor dito, das relacións interculturais. A través das súas reportaxes rememora os seus propios encontros co Outro, e conta a visión que el ten destes encotros ao longo da historia. Botará man tamén das experiencias co Outro doutros autores.

Dende o principio dos tempos o ser humano non soubo con certeza enfrontarse ao encontro co Outro, chamado así o individuo pertencente a unha tribu, unha cultura, unha raza diferente, ou inclusive a calquera que non sexamos nós mesmos.

Dende sempre o ser humano enfrontouse á pregunta de que facer ante o Outro, como comportase con el. E dende o principio houbo dúas maneiras de responder a iso: ou ben loitar contra el ou repudialo, ou ben cooperar con el. Destas dúas opcións hai vestixios pasados. Hoxe en día consérvanse tanto evidencias da muralla china, das portas de Babilonia, das murallas dos incas, que mostran como os seres humanos se repudiaron entre si, como evidencias das ágoras gregas, das rutas comerciais, de antigas academias e universidades, que mostran como se entablaba a cooperación das culturas cos Outros. Gracias e estes últimos lugares pódese observar que a xente reuníase para intercambiar ideas e/ou merdadorías. Descubrían o que tiñan en común e o que non, e gañaban algo os uns dous outros.

Pero o certo e que ao longo da historia, o ser humano oscilou entre a alternativa de cooperar e a de repudiar, e segundo a época ou a cultura, optouse por unha ou por outra. Kapuscinski móstrase contrario ás loitas co Outro. Cre que son desastrosas para o ser humano, e que nelas todos perden, e ninguén gaña. Para el, as guerras poñen de manifesto a falta de capacidade da humanidade para poñerse no lugar do Outro, para comprendelo.

Na época contemporánea, isto traduciuse no Apartheid. Este concepto relacionase sempre co réxime branco sudafricano hoxe desaparecido. Porén, este fenómeno é anterior a iso. Os grupos políticos partidarios do Apartheid subscribían que “Cada uno es libre de vivir como le plazca, siempre y cuando esté lo más lejos posible de mí si no pertenece a mi raza, religión o cultura”. O Apartheid era e é unha doutrina de odio e repudia cara o Outro, o estranxeiro.

Algo completamente oposto ocorria cando prevalecían as relixións antropomórficas. Naquel tempo considerábase que calquera camiñante ou forasteiro podía ser un deus que adoptara forma humana. Seguindo esta crenza, o Outro era tratado de forma amable e hospitalaria, por se era un ser divino. Para ilustrar isto, Kapuscinski cita a Cyprian Norwid cando, na introdución da Odisea, analiza a hospitalidade que recibiu Ulises ao chegar a Ítaca: “Allí, ante cada mendigo y caminante extranjero la primera duda era si no lo enviaría Dios. (…) Nadie podría haber sido recibido como huésped si la primera pregunta hubiera sido: ¿Quién es ese forastero? Las preguntas humanas venían una vez establecido el respeto hacia la divinidad que había en él. A eso llamaban hospitalidad y, por la misma razón, la incluían entre las virtudes y las prácticas piadosas. Para los griegos de Homero, nadie era el último entre los hombres, siempre era el primero, es decir, divino.” Desta maneira, non só non se repudiaba ao Outro, senón que era ben acollido. Así déronse conta de que polos camiños non só tiñan por que aparecer inimigos.

Kapuscinski tamén nomea a outros autores, como Emmanuel Lévinas, o cal di que o econtro co Outro é un acontecemento fundamental, ou Bronislaw Malinowski. Pare este último o problema foi como abordar ao Outro, non coma membro dunha cultura ou tribu hipotética, senón coma unha persoa de carne e óso, pertencente a outra raza e con valores e crenzas distintas ás súas. Na súa época e nas anteriores, os europeos saíran do seu continente co único propósito de facerse ricos, capturar escravos e difundir a súa fé e os seus costumes por todo o mundo, e a forma que tiñan de facelo non era precisamente pacífica. Malinowski, pola súa banda, partiu cara o Pacífico coa idea de coñecer ao Outro, a súa lingua, a súa forma de vida, e con esta acción revolucionou o mundo.

Ao chegar á illa de Tribrand, descubriu que os brancos que foran alí antes ca el descoñecían absolutamente a cultura e a forma de vida da xente autóctona dese lugar. Pero el non quixo ser igual, así que se puxo a convivir cos aborixes. Isto non lle resultou doado, xa que, según di, non e fácil desprenderse da cultura propia.

A partir desta experiencia Malinowski propuxo a tese de que non existen culturas superiores e inferiores, senón simplemente culturas distintas. Isto naquela época era impensable.

Malinowski propuxo esta tese en pleno nacemento das masas. Hoxe en día, di Kapuscinski, estamos a vivir o paso da sociedade de masas cara a unha sociedade planetaria, e pregúntase como afectará isto á nosa relación co Outro. Do mesmo xeito fainos partícipes dunha dalgo que lle pasou nunha das súas viaxes. Conta como estanto en Dubai viu a unha rapaza musulmana vestida con roupas moi ceñida e que, porén, levaba a cabeza “tan herméticamente envuelta que ni siquiera se le veían los ojos”. Isto pode dar que pensar en como esta sociedade planetaria está a influir nas distintas culturas dos distintos pobos.

Hoxe en día dise que vivimos nun mundo multiétnico e multicultural, non porque existan máis culturas que antes, senón porque estas móstranse máis enerxicamente ao mundo, querendo ser aceptadas e recoñecidas.

Durante moito tempo, este planeta estivo habitado por un puñado de xente libre e unha gran maioría escravizada; agora o que hai nel son cada vez máis nacións e sociedades cun sentimento crecente do seu propio valor. A sociedade cara a que avanzamos e tan distinta a todas as que deixamos atrás, que ao mellor as nosas experiencias previas, a historia que nos precede, non nos é suficiente para facerlle fronte. Para progresar nesa sociedade planetaria hai que tomarse en serio a un mesmo, se non se quere saír perdendo.

Atoparémonos cun novo outro que emerxerá do tumulto de culturas actual, e deberemos buscar o diálogo e o entendemento con el. Kapuscinski baséase nos seus longos anos vivindo con pobos remotos para dicir que a bondade é a única actitude que pode tocar a fibra sensible do Outro. Neste punto Kapuscinski pregúntase, citando a Conrad, se tanto nós mesmos coma o Outro desexaremos apelar a aquilo que “ habla a nuestra capacidad de deleite y asombro; a la sensación de misterio que rodea nuestra vida; a nuestro sentimiento de piedad, belleza y dolor; al sentimiento latente de confraternidad con toda la Creación. Y a la convicción, sutil pero invencible, de una solidaridad que entrelaza la soledad de innumerables corazones: la solidaridad en los sueños, la alegría, la pena, las ambiciones, las ilusiones, la esperanza, el miedo. La que une a los hombres y a toda la humanidad: los muertos a los vivos y los vivos a los que están aún por nacer”.

 

Alba Domínguez Piñeiro

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s