La fe del grafiti

TITULO:  La fe del grafiti

AUTORES:

– Texto: Norman Mailer

– Fotografía: Jon Naar

ANO DE PUBLICACIÓN: 2010

EDITORIAL: 451 editores

La fe del grafiti contén 5 capítulos teóricos sobre a historia e desenvolvemento do movemento do grafiti en EEUU, especialmente en Nova York (escrito por Norman Mailer) e outra parte visual repleta de fotografías de Jon Naar que representan o que Mailer afirma. Ademais, tamén inclúe fragmentos publicados por famosos xornais estadounidenses e británicos, como o New York Times ou The Guardian, sobre este tema.

Norman Mailer, escritor do Novo Xornalismo Norteamericano, comeza o seu libro afirmando que o xornalismo é escravitude salvo que poidas execer de investigador privado para indagar nos misterios dun novo fenómeno. Así mesmo, Plagens tamén cre que hoxe en día, se queres ser un artista influínte tes que facer algo desgradable para o teu corpo pois todo o demais xa está feito. Ámbolos dous autores cren, queren e confían nun futuro cambio do quefacer xornalístico.

 

A década de 1970 foi a época de maior proliferación do grafiti. Segundo os practicantes deste tipo de pintura o que atrae dela é o perigo da posición do grafiti. O que queren os escritores é que o seu nome apareza en sitios onde a xente non saiba como chegaron ata alí.

Durante está época este tipo de arte urbana foi adquirindo cada vez máis afeccionados ata que as autoridades a consideraron como o maior risco do momento e iniciaron unha implacable guerra, facendo uso de calquera cousa para, nas duras palabras do propio Norman Mailer, “vietnamizar a arte do grafiti de Nova York”.

Segundo un escritor de grafitis, a policía chegou a obrigar a borrala pintura, a impoñer unha multa de 1000 dólares ou inclusive, unha pena de cárcere de ata un ano. Ademais, comezouse a controlar o suministro de pintura e a rexistrar, prexuizosamente, a tódolos portorriqueños e negros que accederan ó metro, principal foco deste tipo de arte.

O libro inclúe información sobre a evolución da pintura, a cal chegou a estar inerte no campo das dúas dimensións. Pero logo, a arte ascendeu ata esa liberación renacentista da ansiedade que puxo en liberdade a capacidade pictórica de entrar na perspectiva espacial do volume e da profundidade. Agora, co grafiti, según Mailer, volvemos ó cárcere das dúas dimensións.

Houbo un momento, no que parecía que o grafiti fose comelo mundo. Ese momento deuse cando comezou este movemento que xurdira para salva-las paredes brancas da cidade do seu cerebro inexistente ó propagarse por toda a urbe un espírito común que cubriu de pintura tódolos muros construídos.

Algo que me chamou moito a atención foi a forma que tiñan os escritores de pintar nos metros. O grafiti debuxábase en forma de cómic para que cando o metro chegara á estación, a cámara rápida, as tiras de cómic cobraran vida.

A última parte teórica do libro, dedícaa a falar dos dous mandatos do alcalde de Nova York, John Vliet Lindsay, nos que se erixiu (segundo Mailer) a arquitectura máis fea da historia desta cidade.

Lindsay chegou incluso a afirmar que “o auxe da tolura do grafiti estaba vinculado con problemas de saúde mental”. Non fai falta dicir, por tanto, que Lindsay se converteu no inimigo máis implacable dos grafitis no metro de Nova York a pesar de que si toleraba as drogas, os asaltos, o caótico tráfico e os altos niveis de contaminación.

Segundo o autor, chegouse a un punto no que a xente non sabía distinguir entre as pintadas irrespetuosas dos aseos públicos (con frases como: “Jódete”) e a arte urbana do metro; así que directamente subían ós vagóns cabizbaixos sen mirar os grafitis mentres comunicaban ó resto de América que Lindsay era incapaz de manter a cidade limpia.

Norman Mailer deixa claro, en todo momento, a súa postura favorable ós grafitis e incluso afirma que dita arte estaba destinada a existir pois era intrínseca á cadea da evolución.

Para el, a arte non é paz senón guerra, e a forma de expoñela é a acta do rexistro desa guerra.

 Yanire Díaz

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s