¿Sabías que Polonia ten unha provincia chamada Galicia?

Autor:   Ryszard Kapuściński

Título: La Jungla Polaca

 Lugar de edición: Barcelona

  Ano de edición: 1998

    Editorial: Anagrama

  Tradución: Agata Orzeszek

 Fonte: Busz po polsku. Editorial Czytelnik. Varsovia. 1962

Medio século despois de que Ryszard Kapuściński escribira esta xungla, cheguei a Varsovia. De non ser por este libro, creo que nunca tería visitado este país. Pero algo na forma na que Kapuściński retrata ás súas xentes recordábame á forma na que meu avó me contaba as súas historias de cando era mozo. Picoume a curiosidade.

Foi esta unha viaxe na que descubrín que polacos e galegos temos máis en común do que en principio poderamos pensar.

Pola fiestra do tren, dese vello tren de película, debuxábase ante min unha chaira ata onde abranguía a vista. Infinitas extensións de pataqueiras salpicadas de cando en vez por algunha granxa de vacas ou por algunha hortiña de cenoria, nabos e coles; sobre todo coles, coles de tódolos tipos: doces, amargas, verdes, vermellas, brancas, repolos…

Maciąg Włodzimierz di que Kapuściński atopa aos seus heroes entre habitantes e aldeas de mala morte, entre persoas de profesións pouco correntes e aquelas cuxas vidas, tamén pouco correntes, están marcadas pola complexidade da época na que lles tocou vivir.

O tren avanza e comezo a reler os capítulos desta Xungla Polaca [1]que máis me gustaron. A xente polaca que describe o autor parécese e moito á xente galega que me describiu meu avó. Son xente campesiña, traballadora, que coñece a pobreza, porque se criou nela, e que sabe que a única forma para medrar, para ter éxito, é o esforzo e o traballo diario.

Kapuściński escribe sobre a Polonia da posguerra cunha visión moi pesimista e desesperanzadora na que amosa persoas, lugares, pobos e vilas marcados pola dor maila miseria. Porén, ao mesmo tempo, dá a solución a estes males; trátase do traballo e sacrificio colectivo.

Recordo as historias de meu avó, de cando botaba as vacas a pacer e ía mocear coa miña avoa, ou cando a metralla lle alcanzou o brazo na toma de Toledo. Polacos e galegos provimos do mesmo, da dor, da miseria e do mesmo traballo duro no campo. Polacos e galegos queremos o mesmo, o mellor para os nosos, para a nosa familia. E polacos e galegos conseguimos mudar esa situación de pobreza grazas aos nosos propios esforzos.

Na introdución, Agata Orzeszek, afirma que estes textos constitúen unha valiosa testemuña dun país e dunha época, tanto no plano do contido (cómo se vivía naquel país e naquela época) como no da forma (cómo se escribía naquel país e naquela época).

Kapuściński, como xornalista e escritor sobresae pola súa capacidade para narrar algo captando a súa esencia mentres está a suceder, a súa empatía para con a xente que describe e o seu compromiso ético. E nesta Xungla o seu traballo foi brillante.

Sabela Cereijo Vázquez


[1] Publicado por vez primeira en 1962, A Xungla Polaca comprende unha serie de 22 artigos escritos entre viaxe e viaxe africano cando o autor traballaba como reporteiro para o semanario Polityka durante as décadas de 1950 e 1960.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s