“Máis alá da pel”

Título: Sexografías
Autor:
Gabriela Wienner
Ano de edición:
2008
Editorial:
Melusina

Salta á vista en primeiro lugar o xeito que ten a autora de dividir o libro. Este divídese en tres partes ben diferenciadas: “outros corpos”, “sen corpo” e “o meu corpo”. En cada unha das partes trátase o sexo dun xeito moi distinto.

A primeira delas aborda a sexualidade dende un punto de vista externo. A autora, Gabriela Wiener, conta como é a vida de Badani, un gurú do sexo, e da súa extensa familia composta por seis esposas (aquí pódese acceder a unha fotografía familiar). Para descubrir como é este modelo de vida, no que a sexualidade preséntase con gran naturalidade e o amor vívese sen celos nin problemas de ningún tipo, é invitada a pasar dous días na casa familiar. Neste lugar, as esposas de Badani ensínalle á reporteira as súas mellores facetas facéndolle ver así que co mellor de cada unha logran ser unha única esposa perfecta. Nesta primeira parte trátanse outros temas coma a simboloxía das tatuaxes carcelarias, a vida vista dende o punto de vista dunha parella de transexuais, o suposto poder dos chamáns ou a forma de vivir a sexualidade dun experto da pornografía coma é Nacho Vidal (ao que a autora cualifica como actor gonzo pola súa implicación no seu traballo).

Na segunda parte, “sen corpo”, trata o sexo dun xeito moi particular. Non o entende coma a relación carnal entre dúas persoas senón entre unha persoa e un obxecto, entre un tunero e o seu coche ou entre unha Gabriela Wiener que comeza a descubrir a sexualidade e un dos seus peluches. Dentro deste apartado atopamos un relato que non ten que ver con persoas senón con animais, é o titulado Amores porcos. Nel nárrase a vida dos cochos dunha granxa na que viven co fin de reproducirse, explícase aquí como é a vida dun dos machos da manada cando ten que fecundar ás femias así como o proceso de lactancia destas ás crías.

Por último, na derradeira parte, a autora leva o xornalismo gonzo ao extremo.Se nos capítulos anteriores era partícipe dalgún xeito, aínda que fose como observadora, das sexografías nestas mergúllase por completo no seu traballo, de ahí o nome de o meu corpo. Non só se adentra ela mesma nestes relatos senón que nun tamén leva consigo á súa parella, van a un club de intercambio de parellas máis coñecidos como swingers e a xornalista conta con luxo de detalles os seus sentimentos e pensamentos no momento de intercambiar parellas. A autora experimenta no seu propio interior o proceso de doazón de óvulos e na súa propia pel sente o látigo dunha “dominatrix”. Mais o extremo máis radical ao que chega a autora nas súas sexografías nárrase no derradeiro capítulo, titulado While you were sleeping, no que nos conta como é a vida dunha embarazada, mais non dunha embarazada calquera senón de ela mesma. Colocar este capítulo no momento final do libro paréceme o máis sensato xa que é o fin do acto sexual e serve coma un perfecto broche.

Se alguén quere ter información de primeira man sobre o libro pode ver esta entrevista á autora.

Pedrouso Areán, Anxela

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s