A antítese do Prestige: As mareas brancas

Título: Narcos
Autor: Carlos G. Reigosa
Edición: Xerais
Lugar e data (edición): Vigo (2001)

Nesta novela, o gañador da primeira edición dos premios Xerais no ano 1984, recupera aos personaxes da obra que lle otorgou dito galardón, Crime en Compostela, para recrear unha nova aventura. Desta volta, o xornalista Carlos Conde e o detective Nirvardo Castro terán que investigar por encargo as prácticas ilegais que son realizadas polos clans do narcotráfico nas costas de Galicia. A persoa que contrata os seus servizos é Mario Cendán, un importante empresario galego vencellado aos asteleiros de Vigo, o cal vén de perder a súa adolecente filla por culpa dos efectos das drogas.

Na parte inicial da obra, Reigosa presenta os protagonistas e contextualiza a situación xeográfica na que se desenvolven os feitos. Na númeración destes lugares, o autor combina os nomes de cidades reais como Madrid, Santiago e Pontevedra, con outro imaxinarios: Vilavedra, Marmaariz ou Grobas, se ben é certo, estes derradeiros topónimos son semellantes aos de algunhas vilas pontevedresas. En canto aos protagonistas, o autor describe as diferentes personalidades dos capos da droga pasando dende o máis precavido e moderado ata o máis fachendoso e arroutado.

O argumento principal da obra é a chegada dun gran alixo de droga ás costas galegas dende o outro lado do Atlántico, concretamente dende Colombia. Aínda que os diferentes xefes dos clans non se levan moi ben, para realizar este gran desembarco acordan colaborar entre eles.

Durante o desenvolvemento da trama iranse incorporando máis persoaxes, entre os que cabe destacar ó xuiz Perez Salas, un maxistrado arrogante e teimudo que coordinará as operacións levadas a cabo pola  Garda Civil e a policía. Aínda que o maxistrado fai entender que a súa meta é o triunfo da xustiza, realmente o que busca é un gran tiular nos xornais do tipo: ”Perez Salas acaba có narcotráfico en Galicia”.

A colaboración do xornalista Carlos Conde e Nirvardo Castro con este xuíz resultará imprescindible  para desarticular a gran operación que esta en marcha. Nembargantes, o xuíz non acadará o seu obxetivo de ser portada dos principais medios de comunicación do país xa que o mesmo día que se producen as detencións dos narcotraficantes, dous dos ”reis da fariña” son asasinados debido a un axuste de contas pendente.

O escritor lugués fragmentou a novela ”narcos” en doce capítulos situando na parte final de cada un deles un clímax. Esta xeito de escribir empurra ó lector a ler un capítulo tras outro sen interrupción dada a curiosidade que espertan os últimos parágrafos de cada episodio.

Dun xeito persoal, podo decir que esta é a mellor novela que lín, non só pola calidade narrativa nos diálogos que manteñen os protagonistas da historia, senón porque logrou que a miña imaxinación viaxase ata os anos noventa cando a Operación Nécora iniciaba os telexornais das diferentes canles. Subxetivamente, penso que Reigosa atopou a fonte de inspiración desta novela en aquela operación contra o narcotráfico que tivo lugar na nosa comunidade a finais do século pasado.

Angel Castro Silva

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s