Así estamos, e así nos vai…

Título: El periodista en su soledad. De cómo la precariedad en el trabajo condiciona la ética y la independencia del profesional, y otras respuestas sin pregunta.
Autor:
López Hidalgo, Antonio
Lugar e ano de edición:
Sevilla, 2005
Editorial:
Comunicación social. Ediciones y publicaciones

Teño que confesar que lle quitaría máis de unha ducia de páxinas a este libro, pero como non me compete, preferín centrarme no que me pareceu o máis transcendental da obra e facer unha pequena síntese: os freos ao traballo xornalístico e a realidade laboral que predomina neste gremio.

Sábese que as liberdades de información e de expresión son dereitos e deberes marabillosamente fortes, pero excepcionalmente fráxiles á vez. Cada día teñen que facer fronte, estoicamente, a múltiples obstáculos: a censura, os poderes establecidos, a opinión pública, o escaso respaldo da propia empresa xornalística e incluso a autocensura (un produto do medo ás dificultades anteriores. É o peixe que se morde a cola, vaia).

A miúdo, hai que engadir unha rémora máis: as condicións de traballo dun xornalista. Esta realidade está dominada por non respectar a xornada laboral, polos salarios miserables, pola escasa oferta de traballo en contraposición á vasta demanda… A precaria situación dificulta o exercicio e a loita a favor da ética profesional, a independencia e o rigor informativo. Pero, como recordar aos xornalistas destinados a sobrevivir cun soldo baixo, que a súa obriga está cos cidadáns?

Abro a veda para a reflexión e remato co que considero, sen dúbida, o mellor parágrafo do libro:

“El periodista es adicto al café, al acohol, al tabaco, a la farándula, a la noche. El periodista se sabe de memoria las siete w de marras, pero, como cuenta Paco Correal, también padece el estigma de las tres d: depresivo, dipsómano y divorciado. El periodista es un hombre pegado a un bolígrafo. Incluso en la época de los ordenadores y de Internet. Manuel Hidalgo ha escrito que si lo lleva encima, no hay problema. Si no lo lleva, lo pide … al taxista, al camerero, a quién sea. La liebre de una idea, de un dato, de un teléfono o de una dirección salta en el momento menos pensado”.

Pérez Capelo, María

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s