“Máis alá do 11M”

Autor: Cardeñosa, Bruno
Título: 11-M: claves de una conspiración
Lugar de edición:  Madrid
Ano de edición: 2004
Editorial: ediciones Espejo de Tinta

Decidín escoller este libro porque quería afondar nos aspectos que hai máis alá do 11M, xa que me parece que se ocultou moita información ao tentar obedecer aos intereses dos políticos que gobernaban naquela época (George Bush, ex presidente dos EE.UU e José María Aznar, ex presidente español).

O autor do libro, Bruno Cardeñosa , é un coñecido xornalista ourensán que realiza intensas investigacións sobre aspectos ocultos da realidade actual. Destaca sobre todo por afondar nos temas referentes ás mentiras dos EEUU, temas sobre os que versan os seus libros

11S: historia de una infamia, W de Wikileaks ou 11M: claves de una conspiración.  Polo tanto, os seus libros ofrecen a outra cara da realidade, a que os medios convencionais non nos deixan ver. Actualmente, Bruno Cardeñosa traballa en EEUU e dirixe o programa “La rosa de los vientos” en Onda Cero.

11M: claves de una conspiración preséntase como unha reportaxe de investigación a fondo sobre os aspectos clave que rodearon os atentados do 11M na capital española, Madrid.  No libro analízanse as escuras razóns que levaron ao noso país a apoiar a Bush, e denúncianse  as irregularidades cometidas nas investigacións efectuadas en España con respecto a Al Qaeda. Á fin e ao cabo, o que pretende o autor  é mostrar como as autoridades políticas utilizan calquera cousa no seu beneficio , incluso botando man das consecuencias do terrorismo. En palabras do propio autor: “ La investigación de los hechos me ha llevado a la conclusión de que una enorme mentira sigue gobernando el mundo”.

A primeira gran afirmación que se fai no libro  é que  o 11M foi planificado como un medio para os intereses políticos , xa que a tenor deses atentados o discurso das eleccións xerais do 2004 canalizouse por esa vía. É dicir, ao igual ca o 11S serviu para que Bush se formase máis adeptos, o 11M pretendía a vitoria de Aznar, aliado da política de Bush nas eleccións dese ano.  Así, serían como “autoatentados” para o beneficio dos propios políticos, planificado incluso por eles mesmos.

Ademais, tamén había intereses económicos  xa que, como se di no libro,  en días previos ao 11M a Bolsa española sufriu estraños  movementos que indicaban  que nos altos cargos do poder financeiro existía información previa sobre os atentados que ían cometerse. Ademais, outro aspecto a ter en conta foi a fotografía que satélites norteamericanos realizaron da estación de Atocha meses antes dos sucesos, algo ao que o autor non lle atopa explicación coherente.

Outra idea que está presente ao longo de todo o libro é a aparición dunha suposta “man negra”  que guiaría á policía a dar cos presuntos culpables, deixando unha serie de pistas ou “señuelos”  . Aínda así, os servizos de investigación españois non deron ou “non quixeron dar” cos culpables, algo que denuncia Cardeñosa .

 E para ilustrar o acontecido o 11 de marzo do 2004 en España, o autor recorre tamén á explicación dos atentados do 11S e as súas similitudes co de Madrid. Así, a última fase de preparación do 11S activouse en España, o que uniu aínda máis a Bush e Aznar: http://www.webislam.com/noticias/45410-la_alianza_bushaznar_y_como_conquistaron_hispania.html . Ademais, moitos dos terroristas que , supostamente,  idearon o 11S pasaron algunha tempada en España ou teñen algunha relación con terroristas presentes aquí , aspecto que debilita aínda máis o noso país.

Así pois, aínda que o libro consegue responder a algunhas incógnitas, deixa a porta aberta e o interrogante noutras moitas cuestións. Despois de todo, o 11M segue deixando aspectossen resolver. Unha cita do propio autor expresa moi ben o que significou o 11M desde o punto de vista informativo: “ El 11M ha dejado abiertas todas los interrogantes y una sola certeza: jamás se sabrá la verdad”.

Hortensia Gesteira Estévez

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s