En busca das estratexias para aprender a ler

Título: Saber leer

Autor:Giovanni Parodi (coordinador),Marianne Peronard e Romualdo Ibáñez

Lugar e data de publicación: Madrid, 2010

Editorial: Aguilar (Colección Instituto Cervantes)

Cando un neno aprende a ler non sabe realmente ler posto que ler non só é pronunciar unha cadea de grafías. Ler implica moitas outras actividades como por exemplo: entender o contido da información, relacionar esa información con lecturas ou vivencias pasadas, comprender o texto, ser capaz de reter e de almacenar esa información para acceder e ela en calquera momento, saber comparar o lido con outras informacións e establecer diferenzas e semellanzas, saber detectar as causas e os efectos da situación que se describe, asociar unha parte co todo…

Todos estes aspectos están recollidos neste libro que, á vez, serve de manual para determinar, a través de prácticas, se un sabe entender o que está lendo. Un conxunto de actividades amenas e doadas que favorecen a aprendizaxe da lectura así como unha serie de consellos e estratexias para ter en conta á hora de verse cara a cara con un texto. Así pois, segundo as necesidades e os obxectivos que esixe e determina cada escritor existe unha ampla variedade de xéneros. Este libro céntrase principalmente no xénero discursivo e expón as características que o envolven a través de exemplos.

Ademais, é preciso diferenciar as funcións que envolven a cada xénero, posto que, por exemplo, un texto divulgativo non ten as mesmas características que un texto que trata de xeito especializado un tema. Cabe dicir tamén que este último texto require un lector experto no tema que se trate xa que un lector que descoñeza termos, por exemplo, non comprenderá o texto na súa totalidade e terá que recorrer a outros medios para aclarar os significados.

Por outro lado, é importante mostrar como se diferenza no libro aprender e coñecer, xa que nunha primeira aproximación parecen termos semellantes. Así pois, o texto recolle o seguinte: “Se puede conocer una enorme cantidad de asuntos y temas. El estudio, en cambio, se suele hacer en temas relativamente delimitados, es decir, en disciplinas especializadas. Esto, a su vez, restringe el tipo de texto: se estudia y aprende a través de textos argumentativos o expositivos, rara vez en texto narrativos.” Con esta cita queda claro tamén que cada tipo de texto ten unhas características propias que determinan a utilidade da súa lectura.

Cara o final do texto móstranse algunhas das estratexias que hai que ter en conta á hora de realizar unha lectura correcta. Entre elas destacan:

  • Relacionar unha mesma expresión que apareza en dous lugares distintos dentro dun mesmo texto

  • Buscar a relación entre dúas expresións que non son iguais pero que se atopan nun mesmo texto

  • Saber cubrir espazos en branco ( isto relaciónase con aportar o que dalgunha maneira xa coñecemos sobre un o tema do texto. Por exemplo: nun análise sobre a clasificación das plantas non se comeza explicando o que é unha planta porque xa se supón que alguén que lea ese libro sabe de antemán o que é unha planta)

  • Establecer causas e efectos a partir do que un coñece previamente

Ademais desta lista de regras o libro ofrece unha serie de pautas que o lector debe ter claras tras tomar contacto con un texto:

  • Decidir se se está de acordo co lido

  • Elaborar un pensamento propio sobre o texto

  • Determinar se se pode confiar no que di o autor

  • Observar se a información esta completa e é verídica

  • Establecer o grado de actualidade do contido

  • Considerar a postura do autor, a actitude, os prexuízos ou as crenzas

  • Atender ao contexto social, ao marco global ou da historia para determinar se axudan a comprender a perspectiva do autor

Por outro lado, tras a lectura do libro pódese concluír que a través da interacción entre as estratexias de lectura, os xéneros e os obxectivos funcionais que engloban os propios obxectivos da lectura existe unha relación complexa.

Finalmente no texto móstrase o proceso dun traballo sobre se os medios dixitais están cambiando as formas de estudo, especialmente o fenómeno dos documentos visualizados a través dunha pantalla dun ordenador. Como conclusión deste traballo os autores do libro manteñen que o uso do papel á hora de ler segue sendo moi importante xa que a lectura a través dunha pantalla de ordenador é pouco cómoda, sobre todo se ademais de ler se pretende estudar ou traballar a fondo sobre o texto.

Finalmente hai que sinalar que non só os nenos teñen que aprender a ler. A xente adulta le pero moitas, ás veces, non entende o que le e iso debe ser corrixido.

Lara Lozano Aguiar

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s