“Cabo Trafalgar” de Pérez-Reverte

Autor: Arturo Pérez-Reverte
Título:
Cabo Trafalgar
Lugar de edición:
Madrid
Ano de edición:
2004
Editorial:
Alfaguara-Santillana Ediciones

Centrada en mostrarnos o ocorrido na batalla de Trafalgar, esta novela está orientada cara a unha mestura de ficción e realidade.

Está baseada na batalla que se produciu preto do cabo de Trafalgar (Cádiz) o día 21 de outubro de 1805, onde se enfrontaban Francia e España, dirixidos por Villeneuve,  contra Reino Unido e os seus aliados, co obxectivo de derrocar a Napoleón Bonaparte do trono imperial.

Pese a esta realidade, atopamos aspectos de ficción. O navío a bordo do cal transcorre a maior parte deste relato, o Antilla, nunca existiu. Por esta razón podemos afirmar que o autor tivo o privilexio de manipular a historia en beneficio da ficción. Todo o demais é real (tácticas navais, homes, barcos…).

A linguaxe que utilizou Pérez-Reverte é moi plana, moi comprensible e moi sinxela, aínda que chega a ser ofensiva nalgún momento do relato. Incluso utiliza a xerga náutica en moitas ocasións, o que permite coñecer a súa devoción por este mundo. A pesar de ser un relato dunha batalla do século XIX, Pérez-Reverte utiliza unha linguaxe moi contemporánea, o que fai sorprender ao lector.

Esta obra mostra similitudes con outra do mesmo autor, La sombra del águila, debido á súa linguaxe semellante.

Un dos aspectos que máis chama a atención deste libro é que o escritor inventa o nome do navío franco-español e nin sequera se molesta en dar o dos inimigos, quizais querendo explicarlles aos lectores que o verdadeiramente importante é a historia e non os detalles da mesma.

Para rematar, hai que dicir que este libro está narrado dende varias perspectivas. A primeira, faina Pérez-Reverte dende o punto de vista do narrador, desde a cal somete a críticas a España da época. A segunda, narra a historia dende o punto de vista do navío Antilla, e por último, coñecemos a experiencia do mariñeiro Marrajo na súa primeira batalla naval.

María Dapia

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s